Ikechukwu Uche

futbolista nixeriano

Ikechukwu Uche, nado en Lagos o 5 de xaneiro de 1984, é un futbolista nixeriano. Xoga de dianteiro. É irmán do tamén futbolista Kalu Uche.

Ikechukwu Uche
Información persoal
NomeIkechukwu Uche
Nacemento5 de xaneiro de 1984 (40 anos)
Lugar de nacementoAba
Altura1,71 m.
PosiciónDianteiro
Carreira xuvenil
Amanze United
2000–2001Iwuanyanwo Nationale
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2000–2001O Val
2001–2003Racing de Ferrol28(2)
2003–2007Recreativo133(50)
2007–2009Getafe55(11)
2009–2011Zaragoza18(1)
2011–2015Villarreal85(33)
2011–2012Granada (cedido)34(3)
2015–2016UANL0(0)
2016Málaga (cedido)3(0)
2016–2019Gimnàstic75(21)
Selección nacional
2007–2014Nixeria46(19)
Na rede
Twitter: ikeuche9 FIFA: 290747 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 9 de xuño de 2019.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Comeza a xogar en España no SD O Val, fichando ao ano seguinte polo Racing de Ferrol, co que disputaría 24 encontros en Segunda División no primeiro ano. Tralo descenso do equipo a Segunda División B fichou polo Recreativo de Huelva, co que ascendeu a Primeira División no ano 2006 e se proclamou máximo anotador de Segunda División.

Ao final da tempada seguinte fichou polo Getafe CF, tamén en Primeira División, e ao cabo de dous anos polo Real Zaragoza, onde sufriu dúas importantes lesións consecutivas, rotura do ligamento cruzado anterior superior e rotura do menisco interno, o que impediu que tivera continuidade e se fixera cun oco no equipo titular.

En agosto de 2011 ficha polo Villarreal CF, quen o cede ao Granada CF o primeiro ano. Na tempada 2012/13 volve ao Villareal, co que acada o ascenso a Primeira División.

Véxase tamén

Ligazóns externas