Jimbo Wales
Cofundador de Wikipedia e empresario estadounidense de Internet
(Redirección desde «Jimmy Wales»)
Jimmy Donal Wales, coñecido como Jimbo Wales, nado en Huntsville o 7 de agosto de 1966,[1] é un informático estadounidense e o fundador da Wikipedia.
Traxectoria
Naceu en Huntsville, Alabama, e graduouse nas Universidades de Auburn e Alabama.
Wikipedia
Xunto con Larry Sanger, Wales fundou Wikipedia, unha enciclopedia baseada no concepto wiki e o modelo de software libre.
Wales é membro emérito da xunta directiva da Fundación Wikimedia na actualidade. Tamén forma parte de Wikia, un servizo de aloxamento web de wikis.
Outros
Wales é un admirador do obxectivismo, a filosofía creada por Ayn Rand. Mentres estudaba na Universidade, foi dono e moderador dunha lista de correo denominada "Discusión moderada en Filosofía Obxectivista".
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
🔥 Top keywords: