John Pilger

xornalista australiano

John Richard Pilger, nado o 9 de outubro de 1939[1][2] en Sydney, é un xornalista australiano radicado no Reino Unido dende 1962.[3][4][5]

Infotaula de personaJohn Pilger

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1939 Editar o valor em Wikidata
Sydney, Australia Editar o valor em Wikidata
Morte30 de decembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFibrose pulmonar Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
EducaciónSydney Boys High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoRelacións internacionais, política externa (pt) Traducir e xornalismo Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncorrespondente de guerra , guionista , teórico da conspiración , autor , director de cinema , realizador , xornalista , escritor , cineasta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosZoe Pilger (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjohnpilger.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0683400 Allocine: 191761 Allmovie: p56836
Twitter: johnpilger Musicbrainz: 3869763c-77e4-4807-bce7-c56ec6d26bf9 Discogs: 1791811 WikiTree: Pilger-139 Editar o valor em Wikidata

Pilger é coñecido por criticar fortemente a política exterior dos Estados Unidos de América, Australia e do Reino Unido, que segundo el están guiadas por unha axenda imperialista. Pilger tamén criticou o trato que reciben os aborixes australianos no seu propio país.

A súa traxectoria como director de vídeos documentais comezou con The Quiet Mutiny (1970), feito durante as súas visitas a Vietnam, e continou dende entón con preto de cincuenta documentais. Outros traballos relevantes son Year Zero (1979), sobre as consecuencias da fin do réxime de Pol Pot en Camboxa, e Death of a Nation: The Timor Conspiracy (1993). Entre os documentais sobre a temática dos indíxenas australianos destacan The Secret Country (1985) e Utopia (2013). No tocante á súa faceta como xornalista, destaca o seu traballo no Daily Mirror británico dende 1963 e 1986,[6] e como columnista habitual na revista New Statesman entre 1991 e 2014.

Pilger gañou por dúas veces o premio británico de Xornalista do Ano. Os seus documentais tamén foron galardoados no Reino Unido e arredor do mundo.[6][7]

Obra

Libros

  • The Last Day (1975)
  • Aftermath: The Struggles of Cambodia and Vietnam (1981)
  • The Outsiders (con Michael Coren, 1984)
  • Heroes (1986), ISBN 978-1407086293 (2001)
  • A Secret Country (1989)
  • Distant Voices (1992 e 1994)
  • Hidden Agendas (1998)
  • Reporting the World: John Pilger's Great Eyewitness Photographers (2001)
  • The New Rulers of the World (2002; cuarta ed. 2016)
  • Tell Me No Lies: Investigative Journalism and its Triumphs (ed.) Cape (2004)
  • Freedom Next Time (2006)


Teatro

  • The Last Day (1983)

Filmografía parcial

Documentais

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas