Kuaizhou (satélites)

Kuaizhou é o nome dunha familia de satélites artificiais da República Popular da China adicados á monitorización de desastres naturais.[1][2][1][3][1]

Kuaizhou 1

Kuaizhou 1 foi lanzado o 25 de setembro de 2013 mediante un foguete homónimo, Kuaizhou 1. O satélite integrábase coa última etapa do foguete e era capaz de realizar manobras orbitais, orbitando a uns 300 km de altura. Reentrou na atmosfera terrestre o 1 de setembro de 2015.[1][2][3]

Kuaizhou 2

Kuaizhou 2 foi lanzado o 21 de novembro de 2014, tamén mediante un foguete Kuaizhou 1, e igualmente se integra coa última etapa do foguete. Tamén é capaz de facer manobras orbitais. Foi inxectado a uns 300 km de altura.[1][2][3]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos