Lago Urmia

O lago Urmia (en persa: دریاچه ارومیه; en azarí: Urmiya gölü; en kurdo: Gola Urmiyê, en armenio: Ուրմիա լիճ, Урмия лич или Կապուտան - Капутан, ou lago Azul) é un lago salgado endorreico de Irán,[1][2] situado entre as provincias de Acerbaixán Occidental e Acerbaixán Oriental. Na súa máxima extensión, era o lago máis grande do próximo oriente e o sexto lago salgado máis extenso da Terra, cunha superficie de aproximadamente 5200 km², unha lonxitude de 140 km e un largo de 55 km.[3]

Lago Urmia
Lago Urmia
Vista dende o espazo do lago (2016)
PaísIrán
Lonxitude605 km
Cota1280 m msnm
Profundidade16 m m
Prof. media5 m m
TipoLago hipersalino
Illas102
Referencia* Os valores do perímetro, área e volume poden ser imprecisos debido as estimacións desenvolvidas, podendo non estar normalizadas.

A finais de 2017, o lago reducírase ao 10 % da súa superficie anterior debido á persistente seca en Irán, pero tamén ás represas dos ríos locais que chegan ao lago e ao bombeo das augas subterráneas nas áreas circundantes.[4]

Descrición

Diminución da superficie do lago Urmia.[5]

O lago recibe o nome da cidade de Urmia, nome arameo que quere dicir «cidade da auga». O seu nome en persa era Shishast. A rexión occidental pertenceu ao reino de Armenia e o nome en armenio era Kaputan. No século VIII a rexión en que se atopa foi islamizada e contra 1930 o xa Reza Pahlavi cambioulle o nome a Rezaiyeh (ریاچهٔ رضائیه), mais o nome foi eliminado trala revolución islámica de 1979.

Ten 102 illos que son centros de aves migratorias. Na illa Shahi, a segunda máis grande, sitúase a tumba do khan mongol Hulagu, neto de Xenxis Kan.[6]

O lago perde por evaporación case un metro cada ano. Na auga non hai peixes polo seu alto índice de salinidade; non obstante, o lago Urmia está considerado un dos maiores hábitats naturais de Artemia salina, que serve como fonte de alimentación a numerosas aves migratorias, como os flamengos.

A maior parte do lago é un parque nacional e unha reserva da biosfera da Unesco. O 23 de xuño de 1975, 483 000 hectáreas foron declaradas Sitio Ramsar (n.º ref. 38).[7]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: