Liga Galega de Traiñeiras

(Redirección desde «Liga Noroeste de Traíñas»)

A Liga Noroeste de Traiñeiras ou Liga Galega de Traiñeiras é unha competición de traiñeiras que se disputa dende 2003 nas provincias de Pontevedra e A Coruña, en Galiza. Esta competición está composta dunha serie de bandeiras ou regatas en diferentes localidades ao longo da tempada estival. A Liga Galega de Traiñeiras está formada actualmente por dúas categorías na competición masculina, A e B (con 10 e 6 embarcacións respectivamente), e unha categoría feminina con 6 equipos. Todas as embarcacións son galegas excepto unha, a embarcación eonaviega do Club de Mar Castropol, da localidade galegofalante de Castropol (Asturias).

Modelo:Competición deportivaLiga Galega de Traiñeiras
Tipoliga deportiva Editar o valor em Wikidata
Deporteremo en traiñeiras Editar o valor em Wikidata
Liga superiorLiga San Miguel Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoClub de Remo Ares Editar o valor em Wikidata


Traiñeiras na XI Bandeira Teresa Herrera na Coruña durante a Liga Galega de Traiñeiras.

Esta competición atópase xusto por debaixo da Liga ACT (chamada Liga Eusko Label por razóns publicitarias), a máxima categoría deste deporte en España. Os dous primeiros clasificados da Liga Galega de Traiñeiras compiten polo ascenso á Liga ACT xunto aos dous primeiros clasificados da Liga ARC e o penúltimo clasificado da Liga ACT.

Historia

Na tempada 2019 a Liga Galega de Traiñeiras fixo historia ao converterse na primeira competición galega en igualar as condicións de competición e premios nas categorías feminina e masculina.[1]

Campións masculinos

Campións da LGT-A
TempadaCampiónConcelloProvincia
2003SamertolameuMoañaPontevedra
2004SamertolameuMoañaPontevedra
2005SamertolameuMoañaPontevedra
2006SamertolameuMoañaPontevedra
2007TiránMoañaPontevedra
2008Náutico de VigoVigoPontevedra
2009Cabo da CruzBoiroA Coruña
2010AmegroveO GrovePontevedra
2011AmegroveO GrovePontevedra
2012AmegroveO GrovePontevedra
2013SamertolameuMoañaPontevedra
2014SamertolameuMoañaPontevedra
2015AmegroveO GrovePontevedra
2016AresAresA Coruña
2017SamertolameuMoañaPontevedra
2018SamertolameuMoañaPontevedra
2019AresAresA Coruña
2020TiránMoañaPontevedra
Campións da LGT-B
TempadaCAMPIÓNConcelloProvincia
2012MecosO GrovePontevedra
2013AresAresA Coruña
2014CoruxoVigoPontevedra
2015MecosO GrovePontevedra
2016RianxoRianxoA Coruña
2017MeraOleirosA Coruña
2018Cabo da Cruz BBoiroA Coruña
2019A Cabana - FerrolFerrolA Coruña
2020CR PueblaA Pobra do CaramiñalA Coruña

Campioas femininas

AnoCampioaSegundaTerceira
2009Rías BaixasMecosArtabria
2010Rías BaixasArtabriaO Grove
2011-
2013
Non se disputou
2014SamertolameuCabo da CruzTirán
2015Cabo da CruzSan Martiño (Mecos)Chapela
2016Cabo da CruzChapelaA Cabana-Ferrol
2017Mecos-RibeiraA Cabana-FerrolChapela
2018Náutico de RibeiraA Pobra-CaboPerillo
2019Mecos-CoruxoCabo da CruzPerillo
2020Cabo da CruzTiránPerillo
2021Cabo da CruzChapelaPerillo

Palmarés por equipos

LGT-A

Campións da LGT-A
EquipoTítulosAnos campión
     S.D. Samertolameu82003, 2004, 2005, 2006, 2013, 2014, 2017, 2018
     Amegrove C.R.42010, 2011, 2012, 2015
     C.R. Ares22016, 2019
     S.D. Tirán22007, 2020
     R.C. Náutico de Vigo12008
     C.R. Cabo da Cruz12009

LGT-B

Campións da LGT-B
EquipoTítulosAnos campión
     C.R. Mecos22012, 2015
     C.R. Ares12013
     C.R. Coruxo12014
     C.R. Rianxo12016
     C.D. Mariñeiro de Mera12017
     C.R. Cabo da Cruz B12018
     Club de Remo A Cabana12019
     Club de Remo Puebla12020
EquipoGañadoraSegundaTerceira
     Cabo da Cruz430
     Mecos220
     Rías Baixas200
     Náutico de Ribeira200
     Samertolameu100
     Coruxo100
     Chapela022
     Artabria011
     A Cabana-Ferrol011
     Tirán011
     A Pobra010
     Perillo004
     O Grove001

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas