Lingua nias

lingua austronesia falada na illa de Nias e nas illas Batu

A lingua nias é unha lingua austronesia falada na illa de Nias e nas illas Batu, que se atopan na costa oeste de Sumatra, en Indonesia. É coñecida como "Li Niha" polos seus propios falantes. Pertence ó subgrupo das illas do noroeste de Sumatra e da Barreira, que tamén inclúe o mentawai e as linguas batak.[2] Segundo o censo do ano, tiña 770 000 falantes.[2] Existen tres dialectos principais: setentrional, central e meridional.[3] É un lingua de sílabas abertas, o que quere dicir que non hai consoantes finais de sílabas.

Nias
Li Niha
Falado en:Indonesia
Rexións: Nias, illas Batu e norte de Sumatra
Total de falantes:770 000 (censo de 2000)
Familia:Linguas austronesias
 Linguas malaio-polinesias
  Linguas de Sumatra noroccidentais
   Barreira norte
    Nias-sikule
     Nias
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:nia
ISO 639-3: nia
Mapa
Status

O nias está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]
Vídeo dun falante de nias.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

🔥 Top keywords: