Lingua scots

lingua xermánica falada nas Terras Baixas escocesas

A lingua scots (en scots: Scots leid ou Scots) é unha lingua xermánica historicamente falada nas Terras Baixas escocesas (Lowlands) e en partes do Ulster. É ás veces chamado lallans (termo procedente de Lowlands) para diferencialo do gaélico escocés, lingua de orixe céltica falada principalmente nas Terras Altas (Highlands) occidentais e nas Hébridas.

Scots
Scots
Outros nomes:Lallans
Falado en:Escocia Escocia
Irlanda do Norte
República de Irlanda
Rexións: Europa occidental
Total de falantes:200.000 (Ethnologue)
1 500 000 (GROS)[1]
Posición: 217
Familia:Indoeuropea
 Xermánico
  Xermano occidental
   Anglo-frisoa
    Scots
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Non é oficial
Escocia: lingua tradicional
Regulado por: Ninguén
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:sco
ISO 639-3: sco
Mapa

En azul, zonas onde se fala o scots en Escocia.

En azul, zonas onde se fala o scots en Irlanda do Norte.
Status

O scots está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Esta lingua ten a súa orixe en dialectos do inglés medio de Northumbria. Posúe preto dun millón e medio de falantes, e é unha lingua común na rúa, pero que carece de calquera apoio oficial: nin se aprende nas escolas nin aparece na rotulación das cidades nin apenas en libros. O escritor máis famoso en scots é Robert Burns, que empregou esta lingua tanto coma o inglés nos seus poemas.

Nomenclatura

Os falantes nativos ás veces refírense á lingua como braid Scots[3] ou usan o dos diferentes dialectos como Doric, Teri ou o Buchan Claik. O termo Lallans, unha variante do scots moderno lawlands, é tamén utilizado. O scots en Irlanda é coñecido en círculos oficiais como "scots do Ulster" ou "Ullans", un recente neoloxismo que combina "Ulster" e "Lallans".

Etimoloxía

O nome vernáculo da lingua, Scots, é unha contracción de Scottis, scots antigo,[4] e da forma meridional do inglés antigo tardío Scottisc (en inglés moderno: Scottish), que substituíu a temperán forma i-mutada Scyttisc. Antes do século XV a fala inglesa en Escocia era coñecida como "English" (escrita Ynglis ou Inglis daquelas), así o termo "Scottish" (escrito Scottis) referíase ao gaélico.

A comezos do século XV,[5][6] o inglés de Escocia converteuse nunha lingua sensiblemente distinta, aínda que carecendo dun nome que a distinguise claramente do inglés do sur da Bretaña. Dende o ano 1495 a verba Scottis foi gañando uso gradualmente para referirse á lingua das Terras Baixas escocesas e Erse, irlandés, para o gaélico. Por exemplo, antes da fin do século XV William Dunbar usaba Erse para referirse ao gaélico e a comezos do século XVI Gavin Douglas usou o nome Scottis como nome para a lingua xermánica. Hoxe a lingua celta de Escocia é chamada habitualmente gaélico escocés.

Dialectos

Recoñécese que o scots ten habitualmente cinco dialectos:

  • Scots setentrional, falado ao norte de Dundee e dividido á súa vez nunha franxa máis setentrional (ao redor da vila de Caithness), nunha fita central e maioritaria (chamado dialecto dórico) e nunha máis meridional. O dialecto dórico ten á súa vez algúns dialectos recoñecidos e peculiares na vila de Cromarty: a fala dos mariñeiros de Cromarty, a fala dos labregos de Cromarty e a fala dos vilegos de Cromarty.
  • Scots central, falado entre as cidades de Perth (ao norte) e Glasgow e Edimburgo (ao sur), e que se adoita dividir en nororiental, suroriental, occidental e suroccidental.
  • Scots meridional ou fala das Estremas, usada nas Estremas de Escocia.
  • Scots insular, falado nas Órcadas e nas Shetland.
  • Scots do Ulster, falado por emigrantes escoceses ao norte de Irlanda e no condado de Donegal, e emparentado directamente co scots central.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos


 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: