Linguas urálicas

As linguas urálicas constitúen unha familia lingüística de 38[1] linguas faladas por aproximadamente 25 millóns de persoas. As linguas urálicas con maior número de falantes nativos son o húngaro, o finés e o estoniano, que son oficiais en Hungría, Finlandia e Estonia respectivamente, e na Unión Europea. Outras linguas urálicas cun número significativo de falantes son o erzya, o moksha, o mari, o udmurto e o komi, que están recoñecidas como oficiais en varias rexións de Rusia.

Mapa das linguas urálicas.

O nome "urálico" deriva do feito de que o berce da familia (Urheimat) crese que se atopaba nos Montes Urais.

O termo ugrofinés emprégase a miúdo como sinónimo de urálico, mais o ugrofinés é unha subfamilia que exclúe ás linguas samoiedas.[2]

Clasificación

Número relativo de falantes das linguas urálicas
Húngaro
  
56%
Finés
  
20%
Estoniano
  
4.2%
Erzya
  
2.8%
Moksha
  
2.5%
Mari
  
2%
Udmurto
  
1.9%
Komi
  
1.6%
Outras
  
8.9%

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

🔥 Top keywords: