Mairead Maguire

activista pola paz norteirlandesa

Mairead Maguire, tamén coñecida como Mairead Corrigan Maguire e anteriormente como Mairéad Corrigan, nada en Belfast o 27 de xaneiro de 1944, é unha activista pola paz norteirlandesa, cofundadora xunto con Betty Williams e Ciaran McKeown, de Women for Peace ("Mulleres pola paz"), máis tarde coñecida como Community for Peace People, organización dedicada a promover unha solución pacífica ao conflito de Irlanda do Norte.[1] Maguire e Williams recibiron o premio Nobel da Paz en 1976.[2]

Infotaula de personaMairead Maguire

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Mairead Corrigan Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1944 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Belfast, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónTrinity College Dublín Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista pola paz , política Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
4 de xaneiro de 2021Dialogue for Catalonia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1754030 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Mairéad Corrigan naceu no seo dunha familia católica de Belfast, segunda de oito fillos (cinco irmás e dous irmáns). Os seus pais eran Andrew e Margaret Corrigan.[3][4][5] Cursou estudos primarios en colexios católicos e aos 21 anos comezou a traballar como secretaria na cervexaría Guinness, onde permaneceu ata decembro de 1976.[6][7][8][9] Corrigan iniciou o seu activismo a favor da paz cando os tres fillos da súa irmá, Anne Maguire, morreron o 10 de agosto de 1976 atropelados polo coche de Danny Lennon, un fuxitivo do Provisional Irish Republican Army, que fora abatido polas tropas británicas.[10]

Betty Williams, antiga membro do IRA, foi testemuña do accidente e iniciou a procura de 6000 sinaturas pedindo unha solución pacífica ao conflito armado norteirlandés.[11] Corrigan uniuse ao traballo de Williams, fundando o movemento Mulleres pola Paz, que posteriormente se transformou no Movemento pola Paz de Irlanda do Norte. Ambas conseguiron reunir nas rúas da cidade de Belfast máis de 35 000 persoas pedindo unha solución pacífica ao conflito, logrando reunir tanto católicos como protestantes.[12]

Huwaida Arraf e Maguire no barco Spirit of Humanity do Free Gaza Movement en xuño de 2009

En 1976 Betty Williams e Mairead Corrigan foron recompensadas co Premio Nobel da Paz "polas súas loitas pacíficas no proceso de Irlanda do Norte mediante a fundación do Movemento pola Paz de Irlanda do Norte".

En setembro de 1981 casou co seu cuñado Jackie Maguire, viúvo da súa irmá Anne Maguire,[13] que se suicidara o ano anterior sen poder recuperarse nunca da morte dos seus fillos.[14][15][16] Dende entón continúa a traballar para conseguir o final do conflito armado norteirlandés, mais tamén dos demais conflitos armados que afectan ao mundo viaxando arredor do planeta e dando a coñecer os diversos conflitos.

O 30 de xuño de 2009, Corrigan partiu cara á franxa de Gaza no cargueiro Spirit of Humanity xunto con outros 21 activistas en prol dos dereitos humanos. O cargueiro foi interceptado pola mariña de Israel, sendo todos os activistas detidos e levados a prisións diferentes, en pequenas celas e incomunicados.

É membro do comité de honor da coordinación internacional para o decenio da non violencia e a paz.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: