Metano

composto químico

O metano é un composto de carbono e hidróxeno, de fórmula CH4. É un hidrocarburo, o primeiro membro da serie dos alcanos. É máis lixeiro que o aire, incoloro, inodoro e inflamable. Encóntrase no gas natural (entre un 75% e un 90%), no gas grisú das minas de carbón, nos procesos das refinerías de petróleo, e como produto da descomposición da materia nos pantanos. É un dos principais compoñentes da atmosfera dos planetas Saturno, Urano e Neptuno.

Metano
Fórmula esquelética estereo do metano con medidas
Identificadores
Número CAS74-82-8
PubChem297
ChemSpider291
Número CE200-812-7
Número UN1971
KEGGC01438
MeSHMethane
ChEBICHEBI:16183
ChEMBLCHEMBL17564
Número RTECSPA1490000
Referencia Beilstein1718732
Referencia Gmelin59
3DMetB01450
Imaxes 3D JmolImage 1
Propiedades
Fórmula molecularCH4
Masa molar16,04 g mol−1
AspectoGas incoloro
OlorSen olor
Densidade0,656 g/L a 25 °C, 1 atm
0,716 g/L a 0 °C, 1 atm
0,42262 g cm−3
(a 111 K)[2]
Punto de fusión634 °C; 1 173 °F; 907 K
Punto de ebulición10 893 °C; 19 639 °F; 11 166 K
Solubilidade en auga22,7 mg L−1
Solubilidadesoluble en etanol, dietil éter, benceno, tolueno, metanol, acetona
log P1,09
kH14 nmol Pa−1 kg−1
Estrutura
Forma da moléculaTetraédrica
Momento dipolar0 D
Termoquímica
Entalpía estándar
de formación ΔfHo298
−74,87 kJ mol−1
Entalpía estándar
de combustión ΔcHo298
−891,1–−890,3 kJ mol−1
Entropía molar
estándar So298
186,25 J K−1 mol−1
Capacidade calorífica, C35,69 J K−1 mol−1
Perigosidade[3]
Pictogramas GHSO pictograma do lume no Globally Harmonized System of Classification and Labelling of Chemicals (GHS)
Palabra sinal GHSDANGER
declaración de perigosidade GHS220
declaración de precaución GHS210
EU Index601-001-00-4
Clasificación da UEExtremadamente inflamable F+
Frases RR12
Frases SS2, S16, S33
NFPA 704
4
1
0
Punto de inflamabilidade−188,0 °C; −306,4 °F; 85,1 K
Temperatura de autoignición537 °C; 999 °F; 810 K
Límites de explosividade4,4–17%
Compostos relacionados
alcanos relacionadosIoduro de metilo
Diiodometano
Iodoformo
Tetraioduro de carbono
Etano
Ioduro de etilo

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Pode obterse mediante a hidroxenación de carbono ou dióxido de carbono, pola acción da auga con carburo de aluminio ou tamén ó quentar etanoato de sodio cun álcali.

É apreciado como combustible e para producir cloruro de hidróxeno, amoníaco, etino (acetileno) e formaldehido.


Características

É un composto molecular, cuxas unidades básicas son grupos de átomos unidos entre si. Consta dun átomo de carbono con catro átomos de hidróxeno unidos a el. A forma xeral da molécula é un tetraedro.

Ten como:

  • punto de ebulición: 111,55 K
  • punto de fusión: 90,6 K
  • ΔHfº gas: -74,87 KJ/mol
  • ΔGfº gas: -50,828 KJ/mol.K
  • Sº gas: 188 J/mol.K

Ademais tamén é un gas de efecto invernadoiro moi efectivo, cunha concentración atmosférica actual de 1,7 ppm.

Orixe

As súas principais orixes son:

  • Descomposición dos residuos orgánicos por bacterias.
  • Fontes naturais (pantanos): 23%.
  • Extracción de combustibles fósiles: 20% (tradicionalmente queimábase e emitía directamente. Hoxe en día se intenta almacenar para reaproveitalo formando o chamado gas natural).
  • Os procesos na dixestión e defecación de animais: 17% (especialmente do gando).
  • As bacterias en plantacións de arroz: 12%.
  • Dixestión anaeróbica da biomasa.
  • Materia viva vexetal: as plantas e árbores emiten grandes cantidades de gas metano.

O 60% das emisións en todo o mundo son de orixe antropoxénico. Proceden principalmente de actividades agrícolas e outras actividades humanas.

Son da familia homóloga -CH2 metileno

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: