Milk (filme)

filme de 2008 dirixido por Gus Van Sant

Milk é un filme estadounidense do 2008, dirixido por Gus Van Sant e baseado na vida do político e activista gai Harvey Milk, que foi o primeiro homosexual declarado en ser escolleito para un cargo público en California, como membro da Cámara de Supervisores de San Francisco.

Milk
Ficha técnica
Título orixinalMilk
DirectorGus Van Sant
ProdutorDan Jinks
Bruce Cohen
GuiónDustin Lance Black
Baseado enna vida de Harvey Milk
IntérpretesSean Penn
Emile Hirsch
Josh Brolin
Diego Luna
Alison Pill
Victor Garber
James Franco
MúsicaDanny Elfman
FotografíaHarris Savides
MontaxeElliot Graham
EstudioFocus Features
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea2008
Duración128 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroBiográfica, drama
OrzamentoUS$ 20 000 000
Recadación$54 600 000
Na rede
http://www.milkthemovie.com/
IMDB: tt1013753 Filmaffinity: 772213 Allocine: 130781 Rottentomatoes: m/milk Mojo: milk Allmovie: vm2397060 TCM: 684424 Metacritic: movie/milk TV.com: movies/milk Netlix: 70100084Editar o valor em Wikidata

Sinopse

Milk, un gai carismático e alegre, múdase de Nova York a San Francisco en 1972, onde pensara abrir unha tenda de fotografía no Castro, onde os gais non eran de todo ben recibidos. Mais Milk resiste, e en pouco tempo o barrio do Castro tórnase referencia na loita polos dereitos dos homosexuais.

A loita de Milk transformouno en líder político, comandando campañas federais, recibindo incluso apoios conservadores, como o do entón aspirante a presidencia Ronald Reagan.[1]

Elenco

  • Sean Penn como Harvey Milk
  • Emile Hirsch como Cleve Jones
  • James Franco como Scott Smith
  • Josh Brolin como Dan White
  • Victor Garber como Prefeito George Moscone
  • Denis O'Hare como Senador John Briggs
  • Diego Luna como Jack Lira
  • Ashlee Temple como Dianne Feinstein
  • Alison Pill como Anne Kronenberg
  • Eric Stoltz como Tom Ammiano
  • Lucas Grabeel como Danny Nicoletta
  • Stephen Spinella como Rick Stokes
  • Joseph Cross como Dick Pabich

Produción

Castro Street, retratada no filme.

En 1991, Oliver Stone cavilou producir, mais non dirixir, un filme sobre a vida de Milk; chegou a escribir un guión para a película, que se chamaría The Mayor of Castro Street ("O alcalde da Rúa Castro"), baseado no libro homónimo de Randy Shilts. Porén, en xullo de 1992, o director Gus Van Sant foi quen acabou acertando coa Warner Bros. para dirixir a biografía de Harvey Milk co actor Robin Williams no papel principal. En abril de 1993, Van Sant desfixo o acordo co estudio, alegando diferenzas de creatividade.[2] Outros actores pensados para o papel de Milk na época foron Richard Gere, Daniel Day-Lewis e James Woods. En abril de 2007, Gus foi solicitado para dirixir o filme baseado no guión de Dustin Lance Black, sendo que, ao mesmo tempo, o director Bryan Singer estaba finalmente desenvolvendo The Mayor of Castro Street.[3] En setembro do mesmo ano, Sean Penn foi convocado para o papel de Harvey Milk e Matt Damon para o papel de Dan White.[4] Damon retirouse cedo do proxecto debido a incompatibilidade de axenda. En novembro, a Focus Features deu continuidade coa produción de Van Sant, mentres que o proxecto de Singer enfrontaba conflitos cos guionistas.[5] En decembro, os actores Josh Brolin, Emile Hirsch, Alison Pill e James Franco entraron oficialmente no elenco de Gus e Milk comezou a ser filmado en San Francisco en xaneiro de 2008.

Galardóns

O filme foi nomeado ao Óscar de 2009 en 8 categorías: Mellor filme, mellor director, mellor actor (Sean Penn), mellor actor secundario (Josh Brolin), mellor guión orixinal, cinta sonora orixinal, figuración e edicíon de imaxe. Conseguiu a estatuíña de mellor actor e de mellor guión orixinal.

Premios Óscar [6]

AnoCategoríaPersoaResultado
2008Mellor películaCandidata
2008Mellor direcciónGus Van SantCandidato
2008Mellor actorSean PennGañador
2008Mellor actor secundarioJosh BrolinCandidato
2008Mellor guión orixinalDustin Lance BlackGanador
2008Mellor banda sonoraDanny ElfmanCandidato
2008Mellor deseño de vestiarioDanny GlickerCandidato
2008Mellor montaxeElliot GrahamCandidato

Premios BAFTA

AnoCategoríaPersoaResultado
2009Mellor películaCandidata
2009Mellor actorSean PennCandidato
2009Mellor guión orixinalDustin Lance BlackGañador

Globos de Ouro

AnoCategoríaPersoaResultado
2009Mellor actor - DramaSean PennCandidato

Premios do Sindicato de Actores

AnoCategoríaPersoaResultado
2009Mellor elencoCandidato
2009Mellor actor protagonistaSean PennGañador
2009Mellor actor secundarioJosh BrolinCandidato

Notas

🔥 Top keywords: