Matt Damon

actor, guionista e produtor de cine estadounidense

Matthew Paige "Matt" Damon, nado en Cambridge (Massachusetts) o 8 de outubro de 1970, é un actor, guionista e produtor de cine estadounidense. Foi gañador do Oscar ó mellor guión orixinal por Good Will Hunting e nomeado ó Oscar ó mellor actor polo mesmo filme.

Infotaula de personaMatt Damon

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Matthew Paige Damon Editar o valor em Wikidata
8 de outubro de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Cambridge, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Cambridge Rindge and Latin School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,78 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de cinema , actor , produtor de televisión , produtor , actor de dobraxe , produtor de cinema , escritor , guionista , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
17 de xaneiro de 2017World Economic Forum Annual Meeting 2017 (en) Traducir
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLuciana Bozán Barroso (2005–)
PaisKent Telfer Damon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Nancy June Carlsson Page (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0000354 Allocine: 1192 Rottentomatoes: celebrity/matt_damon Allmovie: p16762 TCM: 43688 Metacritic: person/matt-damon TV.com: people/matt-damon
Instagram: odamnmatt Dialnet: 2689721 Musicbrainz: 7388f0b9-26e4-45da-b42a-419d059285ec Discogs: 967334 Allmusic: mn0001290970 WikiTree: Damon-369 Genius: Matt-damon Editar o valor em Wikidata

Comezos

Matt Damon é fillo de Kent Telfer Damon, un axente inmobiliario e corredor de accións, e Nancy Carlsson-Paige, mestra de educación infantil e na Universidade de Lesley.

Estudou na Cambridge Rindge and Latin School na súa cidade natal, onde fixo amizade cun veciño e tamén alumno desta escola, Ben Affleck, que comparten o mesmo soño de se converter en actor de cine. Finalmente, xuntos protagonizaron e escribiron o guión para o filme Good Will Hunting. Formouse en 1988 e comezou a estudar na Universidade Harvard, pero non rematou os estudos porque comezou cos seus primeiros traballos como actor.

Traxectoria

A súa carreira iniciouse tralo éxito do filme Good Will Hunting (1997), cun guión que escribiu co seu amigo Ben Affleck. Ámbolos dous gañaron o Óscar ó mellor guión orixinal e o Globo de Ouro ó mellor guión polo seu traballo. Por outra banda, Damon obtivo múltiples nomeamentos ó mellor actor, incluíndo o Premio da Academia.

Brad Pitt, George Clooney, Damon, Andy García, Julia Roberts (o elenco de Ocean's Eleven), co director Steven Soderbergh en decembro de 2001.

Dende entón, protagonizou filmes de grande éxito comercial, como Saving Private Ryan (1998), The Bourne Identity (2002), The Bourne Supremacy (2004), The Bourne Ultimatum (2007), Syriana (2005), The Good Shepherd (2006), e Infiltrados (2006).

Tamén acadou un nomeamento ós Globos de Ouro por interpretar o personaxe principal en The Talented Mr. Ripley (1999) e foi nomeado a un Premio da Academia por mellor actor secundario en Invictus (2009). É considerado como un dos corenta mellores actores de cine de tódolos tempos.

O 25 de xullo de 2007, Damon recibiu unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood e foi nomeado como o home máis sexy vivo pola revista People. Damon está moi involucrado no traballo humanitario, incluíndo proxectos como ONE Campaign, H2O Africa Foundation, e Water.org.

Vida persoal

Damon coa súa muller Luciana Bozán Barroso no Festival Internacional de Cine de Venecia no 2009.

Damon estivo saíndo con Minnie Driver, a súa compañeira en Good Will Hunting. Despois diso, tivo unha relación de dous anos coa actriz Winona Ryder. Dende o ano 2001 ó 2003, saíu con Odessa Whitmire, a ex-asistente persoal de Billy Bob Thornton e Ben Affleck.

Damon está casado coa arxentina Luciana Bozán Barroso, a quen coñeceu en Miami mentres participaba no filme Stuck on You. A parella ten tres fillas; Isabella, Gia Zavala Damon e Stella Zavala Damon. Luciana Barroso tiña outra filla chamada Alexia do seu primeiro casamento, que tamén foi adoptada por el. Dende o ano 2010, a familia vive en Manhattan.

Damon é seareiro declarado dos Boston Red Sox. Despois de que o equipo gañase a World Series do 2007 relatou o lanzamento do DVD conmemorativo do evento.

Filmografía[1]

Matt Damon promocionando o The Bourne Ultimatum (2007)
Damon nunha gala en San Francisco, en outubro de 2008.
Filme e televisión
AnoTítuloPersonaxeNotas
1988Mystic PizzaSteamer
1988The Good MotherExtra
1989Field of DreamsExtra en Fenway Park
1992School TiesCharlie Dillon
1993Xerónimo2º Tte. Britton Davis
1995The Good Old BoysCotton Calloway
1996Glory DazeEdgar Pudwhacker
1996Courage Under FireESpecialista Ilario
1997Good Will HuntingWill Hunting
1997The RainmakerRudy Baylor
1997Chasing AmyShawn Oran
1998RoundersMike McDermott
1998Saving Private RyanJames Francis Ryan
1999The Talented Mr. RipleyTom Ripley
1999DogmaLoki
2000Finding ForresterSteven Sanderson
2000All the Pretty HorsesJohn Grady Cole
2000The Legend of Bagger VanceRannulph Junuh
2000Titan A.E.Cale TuckerVoz
2001The MajesticLuke TrimbleVoz
2001Ocean's ElevenLinus Caldwell
2001Jay and Silent Bob Strike BackEl mesmo
2002Confessions of a Dangerous MindMatt, solteiro #2
2002The Bourne IdentityJason Bourne
2002Spirit: Stallion of the CimarronSpiritVoz
2002GerryGerryTamén co-guionista
2002The Third WheelKevin
2003Stuck on YouBob Tenor
2004Howard Zinn: You Can't Be Neutral on a Moving TrainNarradorVoz
2004Ocean's TwelveLinus Caldwell
2004The Bourne SupremacyJason Bourne
2004Jersey GirlRelacións públicas/Executivo nº 2
2004EuroTripDonny
2005SyrianaBryan Woodman
2005The Brothers GrimmWilhelm Grimm
2006The Good ShepherdEdward Wilson
2006InfiltradosSarxento Maior Colin Sullivan
2007Ocean's ThirteenLinus Caldwell
2007The Bourne UltimatumJason Bourne
2007Youth Without YouthTed Jones
2007ArthurEl mesmoVoz
2008Che: guerrillaFr. Schwarz
2009Gake no ue no PonyoKoichiVoz (versión en inglés)
2009O informanteMark Whitacre
2009InvictusFrancois Pienaar
2009The People SpeakEl mesmoTamén como produtor
2010Green ZoneSuboficial Xefe Roy Miller
201030 RockCarolSerie de televisión
(episodios: "I Do Do",
"The Fabian Strategy"
e "Live Show")
2010Inside JobNarradorDocumental
2010Alén da vidaGeorge Lonegan
2010Valor de leiLa Boeuf
2011The Adjustment BureauDavid Norris
2011MargaretAaron Caije
2011ContaxioThomas Emhoff
2011Happy Feet 2Krill #2
2011We Bought a ZooBenjamin Mee
2012Promised LandSteve ButlerTamén escritor e produtor
2013ElysiumMax Da Costa
2013The Zero TheoremAdministrador
2014The Monuments MenJames Granger
2014The Man Who Saved the WorldEl mesmoDocumental
2014InterstellarDr. Mann
2015The MartianMark Watney
2016Jason BourneJason BourneTamén escritor e produtor
2016The Great WallWilliam Garin

Premios[2]

Matt Damon na 66 edición da Mostra de Venecia no 2009.
A estrela de Matt Damon no Paseo da Fama de Hollywood.
Premios Oscar
AnoCategoríaFilmeResultado
2016Mellor actorThe MartianNomeado
2009Mellor actor secundarioInvictusNomeado
1998Mellor actorGood Will HuntingNomeado
1998Mellor guión orixinalGood Will HuntingGañador
Premios Globo de Ouro
AnoCategoríaFilmeResultado
2016Mellor actor - Comedia ou musicalThe MartianGañador
2014Mellor actor en miniserie ou telefilmeBehind the CandelabraNomeado
2010Mellor actor - Comedia ou musicalThe Informant!Nomeado
2010Mellor actor secundarioInvictusNomeado
2000Mellor actor - DramaThe Talented Mr. RipleyNomeado
1998Mellor actor - DramaGood Will HuntingNomeado
1998Mellor guiónGood Will HuntingGañador

Premios BAFTA

AnoCategoríaPelículaResultado
2016Mellor ActorThe MartianNomeado
Premios do Sindicato de Actores
AnoCategoríaFilmeResultado
2010Mellor actor secundarioInvictusNomeado
2007Mellor elencoThe DepartedNomeado
1999Mellor elencoSaving Private RyanNomeado
1998Mellor elencoGood Will HuntingNomeado
1998Mellor actorGood Will HuntingNomeado

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: