Monarquía

forma de goberno

Monarquía (do grego: monos 'un' e archeien 'gobernante') é a forma de goberno onde o Xefe de Estado (que pode ter o título de rei, káiser, tsar, xeque... conforme o país) non é froito de eleccións periódicas da poboación para un exercicio por período limitado (como na república), mais exérceo

  1. por tempo indeterminado (ata o seu falecemento ou ata que renuncie)
  2. recibe a Xefatura do seu antecesor e transmítea ó seu sucesor por herdanza ou lazo de parentesco. Caso particular é a elección dun novo pontífice, se consideramos o goberno do Vaticano unha monarquía.
A raíña Isabel II do Reino Unido (1952-2022).

A Xefatura de Estado non se confunde coa Xefatura de Goberno: esta última significa principalmente o poder de sancionar ou vetar leis, e pode ser exercida por un primeiro ministro, na monarquía constitucional ou polo propio soberano, na monarquía absoluta. Moitas veces a Xefatura de Estado ten apenas unha función cerimonial, ou dun símbolo da soberanía daquel Estado, tal como o seu himno nacional ou a bandeira nacional.

Como exemplo de monarquías absolutas, podemos citar o Antigo Exipto dos faraóns, ou a de Francia ata 1789, onde se afirmaba que o poder dos reis tiña orixe divina.

Como exemplo de monarquía constitucional está España, onde o rei Filipe VI de España é o Xefe de Estado e o primeiro ministro (chamado en España Presidente do Goberno) é Pedro Sánchez. Outros exemplos son o Reino Unido (rei: Carlos III do Reino Unido e primeiro ministro: Rishi Sunak), Suecia, Países Baixos etc.

Un mesmo monarca pode ser xefe de dous ou máis Estados. Por exemplo, o rei Carlos III do Reino Unido tamén é Xefe de Estado do Canadá, das Bahamas, de Australia e outros. Pero isto non torna estes outros países subordinados ó Reino Unido, pois os primeiros ministros do Canadá, Bahamas ou Australia son escollidos polos parlamentos locais en eleccións locais, sen interferencia do goberno británico.

Tipos de monarquías

Segundo a teoría política pódense considerar varios tipos de réximes monárquicos:

Monarquía absoluta

A monarquía absoluta é unha forma de goberno na que é o monarca quen exerce o poder sen restriccións en termos políticos, e na maior parte dos casos tamén nos aspectos relixiosos, ou polo menos cun gran compoñente espiritual.

Monarquía constitucional e monarquía parlamentaria

Historicamente, as limitacións ao poder dos monarcas xurdiron en Europa a partir da crise do Antigo Réxime, que nalgúns casos conduciu á supresión da monarquía e á constitución de repúblicas, como en Francia durante a Revolución francesa entre 1791 e 1804 ou en Inglaterra durante a Revolución Inglesa entre 1649 e 1660, mentres que noutros (como na monarquía polaco-lituana entre 1569 e 1795) o rei aceptou ceder parte do seu poder e compartilo con representantes elixidos.[1][2][3]

Na monarquía parlamentaria, o goberno é responsable ante o Parlamento, que é o depositario da soberanía nacional.

Monarquías híbridas

Ao longo da historia existiron sistemas de goberno a medio camiño entre a monarquía absoluta e a constitucional, onde o monarca se ve obrigado a ceder parte do seu poder a un goberno en ocasións democrático, pero continúa a manter unha importante influencia política. A evolución foi moi diferente segundo os países, e depende do dereito comparado.

Monarquía electiva

A monarquía electiva é unha forma de goberno na cal o monarca é elixido por votación a través dalgún mecanismo de natureza variábel. A diferenza da democracia, os electores e os candidatos pertencen a algún corpo restrinxido, polo cargo ocupado, a pertenza a un estamento (nacemento), ou algún tipo de condición persoal ou social. Na actualidade fican moi poucos países con esta forma de goberno; un deles é Malaisia.

Monarquías vixentes

PaísTipo de monarquíaRei ou raíñaHerdeiro o herdeira
AndorraCoprincipado parlamentario electivoNon foron designados
BélxicaMonarquía parlamentaria federal hereditariaFilipe Rei dos BelgasIsabel Princesa herdeira de Bélxica e Duquesa de Brabante
Cidade do VaticanoPapado absoluto electivoFrancisco Papa da Igrexa CatólicaNon foi designado
DinamarcaMonarquía constitucional hereditariaMargarida II Raíña de Dinamarca e Condesa consorte de MonpezatFederico Príncipe herdeiro de Dinamarca e Conde de Monpezat
EspañaMonarquía parlamentaria hereditariaFilipe VI Rei de EspañaLeonor Princesa de Asturias, Xirona e Viana
LiechtensteinPrincipado constitucional hereditarioHans-Adam II Príncipe soberano de LiechtensteinLuís Príncipe herdeiro de Liechtenstein, Conde de Rietberg e Duque consorte en Baviera
LuxemburgoGran Ducado Parlamentario hereditarioHenrique I Gran Duque de LuxemburgoGuillerme Gran Duque herdeiro de Luxemburgo, Príncipe de Nassau
Orde de MaltaPrincipado electivoFrei Mateo Festing Príncipe e Gran Mestre da Orde de MaltaNon foi escollido
MónacoPrincipado parlamentario hereditarioAlberte II Príncipe soberano de MónacoXaime Príncipe herdeiro de Mónaco e Marqués de Baux
NoruegaMonarquía constitucional hereditariaHarald V de NoruegaHaakon Magno Príncipe herdeiro de Noruega
Países BaixosMonarquía parlamentaria hereditariaGuillerme Alexandre I Rei dos Países BaixosCatalina Amalia Princesa de Orange
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do NorteMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
SueciaMonarquía parlamentaria hereditariaCarlos XVI Gustavo Rei de SueciaVitoria Princesa herdeira de Suecia e Duquesa de Västergötland
AustraliaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Illas SalomónMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Papúa Nova GuineaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Nova ZelandiaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
SamoaMonarquía democrática parlamentaria unitaria hereditaria electiva alternada entre Tapua e MalietoaTuitatua Tapua Rei de SamoaNon foi escollido
TongaMonarquía parlamentaria hereditariaTupou VI Rei de TongaTupoutoʻa ʻUlukalala Príncipe herdeiro de Tonga
TuvaluMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Antiga e BarbudaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
BahamasMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
BarbadosMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
BelizeMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
CanadáMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
GranadaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
XamaicaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Saint Kitts e NevisMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
San Vicente e as GranadinasMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Santa LucíaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
AfroboliviaMonarquía constitucionalJulio I Rei afrobolivianoRolando Pinedo Príncipe herdeiro afroboliviano
LesotoMonarquía parlamentaria hereditariaLetsie III Rei de LesotoLerotholi David Príncipe herdeiro de Lesoto
MarrocosMonarquía constitucional hereditariaMohamed VI Rei de MarrocosMoulay Hassan Príncipe herdeiro de Marrocos
EswatiniMonarquía absolutaMswati III Rei de EswatiniNon foi escollido
Arabia SauditaSultanato absolutistaSalmán Sultán de Arabia SauditaMohamed Príncipe herdeiro de Arabia Saudita
BahrainMonarquía constitucionalHamad II Rei de BahrainJeque Salmán Príncipe herdeiro de Bahrain
BruneiSultanato absolutistaHassanal Bolkiah Sultán de BruneiAl-Muthadee Billah Príncipe herdeiro de Brunei
ButánMonarquía constitucionalJygme Khesar Namgyal V Rei Dragón de ButánJygme Namgyal Príncipe dragón de Bután

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: