Guillerme Alexandre dos Países Baixos

O rei Guillerme Alexandre Nicolás Xurxo Fernando de Orange-Nassau e Amsberg (Willem Alexander Claus George Ferdinand van Oranje-Nassau en Amsberg), nado en Utrecht o 27 de abril de 1967, é o fillo máis vello da antiga raíña Beatriz I dos Países Baixos e dende abril de 2013 o rei da monarquía holandesa, co tratamento de "A súa Maxestade o Rei dos Países Baixos".

Guillerme Alexandre de Orange-Nassau
Rei dos Países Baixos, Príncipe de Orange-Nassau, Señor de Amsberg
A súa Alteza Real o Príncipe de Orange.

Nome completoWillem Alexander Claus George Ferdinand van Oranje-Nassau en Amsberg
Nacemento27 de abril de 1967
Utrecht, Países Baixos Países Baixos
PredecesorBeatriz I
ConsorteMáxima dos Países Baixos
Descendencia
    • Princesa Catarina
    • Princesa Alexandra
    • Princesa Ariadna
  • Casa realOrange-Nassau
    ProxenitoresClaus von Amsberg
    Beatriz I dos Países Baixos

    Na rede
    https://www.royal-house.nl/members-royal-house/king-willem-alexander e https://www.koninklijkhuis.nl/leden-koninklijk-huis/koning-willem-alexander
    WikiTree: Van_Oranje-Nassau-2

    O 28 de xaneiro de 2013 a raíña Beatriz anunciou a súa decisión de abdicar o 30 de abril, no trixésimo terceiro aniversario da súa investidura real, a favor do príncipe Guillerme Alexandre.[1]

    Traxectoria

    Infancia e educación

    O príncipe de Orange en 1986.

    Guillerme Alexandre Nicolás Xurxo Fernando, actual rei dos Países Baixos, é o fillo máis vello da raíña Beatriz dos Países Baixos e do seu defunto marido Nicolao. Guillerme Alexandre naceu na cidade de Utrecht e cuxos padriños foron o seu avó materno o príncipe Bernardo de Lippe-Biesterfeld, o príncipe Fernando de Bismarck, o profesor Dr. Jelle Zijlstra, a súa avoa paterna a baronesa Augusta Xulia de Amsberg, a raíña Margarida II de Dinamarca (naquel momento princesa herdeira) e Renee Smith. Ao reinar a súa nai, recibiu o título honorífico de príncipe de Orange, que reciben os herdeiros ao trono dos Países Baixos.

    Foi educado nunha escola protestante en A Haia, onde se relacionou con nenos da súa idade de todos os contextos sociais. Tamén asistiu ao centro educativo United World College of the Atlantic en Gales antes de asistir á universidade. Foi educado en asuntos de Estado para preparalo para ocupar o trono holandés. Obtivo unha licenciatura en historia da Universidade de Leiden e posteriormente un máster en historia en 1993;[2] está interesado en proxectos de administración internacional da auga.

    Neste sentido, desde 2006 preside a xunta asesora de Augas e Servizos da Secretaría Xeral da ONU.

    Carreira e deberes reais

    O rei Guillerme Alexandre é un membro honorario da Comisión Mundial da Auga para o século XXI e patrón da Global Water Partnership, un organismo creado polo Banco Mundial para a vixilancia e uso racionado dos recursos hídricos.

    O Rei é membro do Raad van State, o Consello de Estado dos Países Baixos e o máis alto organismo executivo do goberno holandés. Como parte dos seus deberes reais, dispón dunha posición de brigadier no exército holandés, de comandante na Armada e como comodoro na Forza Aérea. Foi o líder do Comité Olímpico Holandés ata 1998, cando foi nomeado membro do Comité Olímpico Internacional (COI).

    En representación da Coroa, o rei Guillerme Alexadnre tamén desempeña outras funcións diplomáticas e representativas.

    Outras actividades

    O rei Guillerme Alexandre é un hábil piloto e deportista. En 1989 o entón príncipe voou como voluntario para o "African Medical Research and Education Foundation" (AMREF) en Kenya e en 1991 traballou como piloto durante un mes para o Kenya Wildlife Service.

    Utilizando o nome de "Willem van Buren'", un dos apelidos menos coñecidos da Casa de Orange-Nassau, participou no maratón da cidade de Nova York,[3] onde viven a súa tía, a princesa Cristina dos Países Baixos e varios dos seus curmáns. Nos Países Baixos tomou parte na maratón de patinaxe sobre xeo das Once Cidades de Frisia.

    Reinado

    O 30 de abril de 2013, no 33° aniversario da ascensión de Beatriz, a ata entón raíña abdicou e ás 7:00 da mañá Guillerme Alexandre e Máxima convertéronse en reis dos Países Baixos. Aínda que por orde sucesoria debería chamarse Guillerme IV, o príncipe cumpriu a súa intención de manter o seu nome Guillerme Alexandre. Foi o primeiro rei home desde había 123 anos nos Países Baixos. O seu primeiro ano foi marcado polo que o xornal De Volkskrant chamou unha silenciosa revolución en Palacio para modernizar a Casa Real.[4]

    O primeiro ano de reinado de Guillerme Alexandre e Máxima foi un éxito para a maioría dos neerlandeses, quen no medio da severa crise que golpea a Europa e a economía local manteñen un sólido apoio á institución monárquica.

    Por primeira vez en case 130 anos. as damas de compañía da raíña deixaron o palacio real. Cinco delas partiron. Máxima retivo, con todo, a Lieke Gaarlandt, que a acompaña desde o momento en que foi presentada aos neerlandeses antes da súa voda. Abertos ao mundo, os actuais monarcas de Orange-Nassau parecen decididos a prestar unha especial atención á mocidade.

    Paralelamente, algúns aspectos da relación entre Arxentina e os Países Baixos víronse favorecidos durante este primeiro ano, por exemplo cun aumento do turismo recíproco; o embaixador neerlandés na Arxentina, Hein de Vries, explicou que o rol dos dous reis sitúase por fóra do soamente político, xa que ambos reis defenden o sentido de pertenza holandés e une ao país ao máis alto nivel, o que é fundamental nun país tan diverso.

    O descontento xeral sobre o goberno de liberais e socialdemócratas (do primeiro ministro Mark Rutte) non se traspasou á Casa Real, posiblemente que é debido a que para os neerlandeses os reis son un símbolo de unificación e de identidade, que garante o seu sentido de pertenza.

    Nos Países Baixos, o Estado financia, ademais do salario, todos os gastos da Casa Real, o que inclúe palacios, viaxes en avión, persoal etc., o que ascende a 4 millóns 500 mil euros ao ano [cando?].

    Matrimonio

    O 2 de febreiro de 2002, casou con Máxima Zorreguieta Cerruti (nada o 17 de maio de 1971), unha muller arxentina de antepasados españois e italianos, que antes do seu matrimonio traballara como axente de investimentos en Nova York. A elección da súa esposa, como foi habitual nas últimas décadas na familia real holandesa, causou certa controversia.

    Como todos os monarcas neerlandeses, o rei Guillerme Alexandre é un membro nominal da Igrexa reformada neerlandesa, pero ao contrario do que ocorrera cando a súa tía, a princesa Irene dos Países Baixos, casou co príncipe Carlos Hugo de Borbón-Parma, de relixión católica, a cuestión relixiosa non tivo excesiva importancia, salvo debates pasaxeiros e as críticas dos sectores protestantes máis radicais.

    En cambio, causou maior controversia que o pai de Máxima, Jorge Horacio Zorreguieta Stefanini, fora un membro civil do réxime do ditador arxentino Jorge Rafael Videla. En razón da polémica causada, Jorge Zorreguieta decidiu non acudir á voda real cando representantes do Primeiro Ministro neerlandés, Wim Kok, pedíronlle que non asistise.

    O rei é un descendente directo da princesa Ana de Orange, a filla máis vella do rei Xurxo II de Gran Bretaña. Con todo, debido ao Acta de 1701 o rei Guillerme Alexandre renunciou aos seus afastados dereitos de sucesión ao trono británico debido ao seu matrimonio cunha católica.[5]

    Ata a decembro de 2015, o rei Guillerme Alexandre e a súa dona a raíña Máxima tiveron tres fillas:

    O rei Guillerme Alexandre e a súa familia residen nunha casa en De Horsten en Wassenaar.

    Notas

    Véxase tamén

    Outros artigos

    Ligazóns externas

    Predecesor:
    Beatriz dos Países Baixos

    Rei dos Países Baixos

    Desde o 30 de abril de 2013
    Sucesor:
    No cargo
    🔥 Top keywords: