Monte Fuji
138°43′39″L / 35.360555555556, 138.7275
O monte Fuji (富士山 Fujisan?, Xaponés: [ɸɯꜜ(d)ʑisaɴ])[2] ou Fugaku, situado na illa de Honshū, é a montaña máis alta do Xapón, cunha elevación do cumio de 3.776,24 metros. É o segundo volcán máis alto situado nunha illa de Asia (despois do Monte Kerinci na illa de Sumatra), e o sétimo pico máis alto dunha illa na Terra.[3] O monte Fuji é un estratovolcán activo que entrou en erupción por última vez entre 1707 e 1708.[4][5] A montaña está situada a uns 100 km ao suroeste de Tokio e é visible desde alí nos días despexados. O cono excepcionalmente simétrico do Monte Fuji, que está cuberto de neve durante uns cinco meses ao ano, utilízase habitualmente como icona cultural do Xapón e é frecuentemente representado na arte e na fotografía, así como visitado por turistas e alpinistas.[6]
Monte Fuji 富士山 Fuji-san | |
---|---|
Localización xeográfica | |
Cordilleira | Kageitah |
Localización administrativa | |
Localización | Entre as prefecturas de Shizouka e Yamanashi (Rexión de Chūbu, Xapón) |
Características xerais | |
Altitude | 3776[1] m Posición 35 |
Montañismo | |
Primeira ascensión | 663 realizada por un monxe budista anónimo |
Ruta máis fácil | Itinerarios: Kawaguchiko, Subashiri, Gotenba e Fujinomiya dende a quinta estación. |
O monte Fuji é unha das "Tres Montañas Sagradas" (三霊山 Sanreizan?) do Xapón xunto co Monte Tate e Monte Haku. É un lugar especial de beleza paisaxística e un dos Lugares históricos.[7] Engadiuse á Lista do Patrimonio Mundial como Ben Cultural o 22 de xuño de 2013.[7] Segundo a UNESCO, o Monte Fuji "inspirou a artistas e poetas e foi obxecto de peregrinación durante séculos". A UNESCO recoñece 25 sitios de interese cultural dentro do sitio do monte Fuji. Estes 25 lugares inclúen a montaña e o santuario xintoísta, Fujisan Hongū Sengen Taisha.[8]
Características
Aínda que o monte Fuji pareza ser un cono único e simétrico, no interior é máis complexo do que se poida imaxinar. O cono que nós chamamos de monte Fuji está realmente constituído por tres volcáns sobrepostos: Komitake, Fuji maior e Fuji menor. Un ollar atento e próximo da silueta das montañas revela irregularidades que son resultado desta sobreposición. Por exemplo, unha lixeira elevación da inclinación na zona norte da montaña, a cerca de 2.301 metros de altitude, fai parte do cume do cráter de Komitake, o máis antigo dos tres volcáns, que estivo activo durante o Plistoceno. O Fuji maior estivo activo entre 80.000 e 10.000 anos atrás. Os acontecementos volcánicos que tiveron lugar nos últimos 10.000 anos contribuíron no crecemento do Fuji menor, a montaña que vemos actualmente.
Fujisan, lugar sagrado e fonte de inspiración artística | |
---|---|
Monte Fuji en xaneiro de 2016 | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Xapón |
Tipo | Cultural |
Criterios | iii, VI |
Inscrición | 2013 (37ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Asia e o Pacífico |
Identificador | 1418 |
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- "Fujisan (Mount Fuji)" (PDF). Japan Meteorological Agency. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2015-09-24.
- Fujisan (Mount Fuji) – Smithsonian Institution: Global Volcanism Program
- Comprehensive Database of Archaeological Site Reports in Japan, Nara National Research Institute for Cultural Properties
- 3 dimensional model of Mount Fuji on sketchfab
- Official Web Site of Mt.Fuji Climbing
- Mount Fuji as seen from the air SCIENCE CHANNEL(JST)(en xaponés)