Mora, Portugal

aldea portuguesa no distrito de Évora

Mora (antes Amora[1]) é unha aldea portuguesa no distrito de Évora, rexión Alentexo e subrexión de Centro Alentexo cuns 4.979 habitantes (2012).

Modelo:Xeografía políticaMora, Portugal
Imaxe

Localización
Mapa
 38°56′00″N 8°09′00″O / 38.9333, -8.158°09′00″O / 38.9333, -8.15
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Évora Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación4.978 (2011) Editar o valor em Wikidata (11,21 hab./km²)
Xeografía
Superficie443,95 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal7490 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Testour (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webcm-mora.pt Editar o valor em Wikidata

A aldea de Mora é a sede do concello ou municipio de Mora con 443,95 km² de superficie e 4 978 habitantes (2011), subdividido en 4 parroquias. O concello está limitado ao norte polo concello de Ponte de Sor, nordeste por Avis, ao leste Sousel, ao sueste por Arraiolos e ao oeste por Coruche.

O concello recibiu foro de D. Manuel I en 1519.

Toponimia

A primeira referencia ao topónimo Mora [2] faise nun documento de 1293 chamado Livro III das Composicións, a unha herdade chamada Cabeça de Mora.

Nun documento de 1786, Colecção da legislação antiga e moderna de Portugal [3] a aldea de Mora é denominada Amora nun percurso entre a ribeira de Marateca e Porto.

O topónimo Mora/Moura/Mouro, etc. é moi común na Península Ibérica asociado aos mouros. En Asturias [4][5] significa sitios pedregosos, outeiro.

Freguesías

Freguesías do municipio de Mora.

O municipio de Mora está dividido en 4 freguesías, ordenadas por extensión de maior a menor:

Patrimonio

O concello de Mora conta cos seguintes bens clasificados polo IPPAR :

  • Torre das Águias
  • Anta de Pavia, transformada na capela de San Dinís
  • Igrexa Matriz de Pavia ou Igreja Matriz de São Paulo
  • Cromlech do Monte das Fontaínhas Velhas ou Cromeleque 1 das Fontainhas
  • Santuario e edificacións xunto á Igrexa Matriz de Brotas ou Santuário da Senhora das Brotas
  • Pelourinho de Cabeção

Poboación

Número de habitantes[6]
186418781890190019111920193019401950196019701981199120012011
3 6744 1764 7105 4256 6487 1608 5309 61310 27110 2767 5887 0566 5885 7884 978

(Nota: Número de habitantes "residentes", é dicir, que tiñan a residencia oficial neste concello no momento en que se realizou o censo. )

Política

Eleccións locais (autárquicas) [7]

Por primeira vez desde 1976, o PS acadou maioría co 48'12% dos votos e 3 representantes, por 2 da Coalición Democrática Unitaria (CDU, formada polo PCP, Os Verdes e ID) co 43'53% e 2 representantes. Desde o 1976 ao 2017 a coalición maioritaria foi a CDU ou partidos integrantes, e oscilou entre o 47'11% e o 67'67%.

Eleccións lexislativas

Data%
PCPPSPSDCDSUDPAPU/

CDU

ADFRSPRDPSNB.E.PANPàFLCHIL
197645,9027,959,167,562,46
1979APU11,67ADAD1,4949,5832,14
1980FRS0,5149,1133,8511,47
198315,8522,445,870,4851,71
198511,3820,014,130,8849,859,05
1987CDU10,4931,052,040,6246,134,84
199118,1834,972,9235,990,760,66
199532,7522,153,800,6635,91
199935,9619,873,8134,040,320,98
200234,4624,933,3631,221,13
200540,0915,783,4232,473,48
200927,6517,554,9235,587,93
201123,9622,976,7734,953,470,43
201529,59PàFPàF38,524,710,6820,140,15
201931,6013,852,9834,665,651,310,571,010,53

Gastronomía

A gastronomía local é tipicamente alentexana, onde destacan varios tipos de pratos de migas, que poden variar entre espárragos, balocas, coandros, ovas, embutidos, coliflor e tomate.[8]

Personalidades

Escritores

Pintores

  • Manuel Ribeiro de Pavia

Educación

  • Agrupación de Escolas de Mora

Museos

  • Casa Museo Manuel Ribeiro de Pavia

Fluviário de Mora

O Fluviário de Mora é un acuario público dedicado aos ecosistemas de auga doce, privilexiando o coñecemento e a importancia da súa biodiversidade, e da súa relación coa humanidade. Atópase no Parque Ecolóxico de Gameiro, na parroquia de Cabeção, no concello de Mora.

Deporte

  • Sport Club Brotense
  • Asociación dos Amigos da Che Morense
  • Pedais do Raia - Club ciclista

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas