Partido Socialista (Portugal)

O Partido Socialista (en portugués: Partido Socialista, PS) é un partido político de Portugal. Varios militantes da Acción Socialista Portuguesa (en portugués: Acção Socialista Portuguesa) fundárono o 19 de abril de 1973 na cidade alemá de Bad Münstereifel.[1]

Partido Socialista
Partido político de Portugal
Historia
Fundación19 de abril de 1973 [1]
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialdemocracia:[2]
Socialismo democrático [3]
Terceira vía
Centroesquerda
Europeísmo
Representación
Asemblea da República
86 / 230
Parlamento Europeo
1 / 21
Outros datos
SedeLargo do Rato 2 1269-143, Lisboa
Na rede
Páxina oficial

O presidente do partido é Carlos César,[4] e o secretario xeral e actual líder é António Costa, elixido en 2014, despois de gañar nas eleccións primarias do partido a António José Seguro, co 68 % dos votos.[5]

O partido é membro da Internacional Socialista e forma parte do Partido Socialista Europeo.

Ideoloxicamente, o PS é un partido de centroesquerda, de corte socialdemócrata e europeísta.[6][7]

Historia

Fundación

Mário Soares foi un dos fundadores e o primeiro secretario xeral do Partido Socialista.

O día 19 de abril de 1973, na cidade alemá de Bad Münstereifel, militantes da Acción Socialista Portuguesa (Acção Socialista Portuguesa) chegados de Portugal e de diversos puntos do estranxeiro, de entre outros países e cidades, de Londres, París, Xenebra, Suecia, Alxeria e o Brasil, reunidos no Congreso da Acción Socialista Portuguesa e "ponderando os superiores intereses da patria, a actual estrutura e dimensión do movemento, as exixencias concretas do presente e a necesidade de dinamizar os militantes para as grandes tarefas do futuro, deliberou transformar a A.S.P. en Partido Socialista", e aprobaron, por 20 votos a favor e 7 contra, a transformación da Acción Socialista Portuguesa no Partido Socialista.

Acabada a votación, ás 18:00 horas dese día, todos os congresistas aplaudiron en pé a deliberación e discutiron e aprobaron os diversos documentos preparatorios desa reunión, así como outros que serían publicados inmediatamente despois da fundación do PS. De entre estes, o que se revelou como máis relevante nos medios foi o documento de protestas contra a visita de Marcelo Caetano a Londres e de divulgación da creación do Partido Socialista.

A "Declaración de Principios" e o "Programa do Partido Socialista" foron aprobados en agosto de 1973, documentos que resultaron de diversas contribucións de militantes e simpatizantes do interior e do exterior. Na Declaración de Principios afirmábase a defensa do socialismo en liberdade ao mesmo tempo que se defendía como obxectivo último unha sociedade sen clases, e o marxismo era aceptado como "inspiración teórica predominante", aínda que permanentemente repensado.

O Programa reflectía, así, un compromiso entre o sistema parlamentario da Europa Occidental e unha estratexia de ruptura coa organización capitalista da economía.

Na actualidade

Nas últimas eleccións de 2015, o PS quedou atrás da coalición de centrodereita formada polo PSD e o CDS, obtendo o 32,3 % dos votos e 86 deputados na Asemblea da República.[8]

Despois das eleccións, os socialistas volveron a formar goberno grazas a un pacto de esquerdas cos comunistas de Jerónimo de Sousa, os ecoloxistas de Heloísa Apolónia e os bloquistas de Catarina Martins.[9]

Secretarios xerais

Primeiros ministros

Presidentes da República

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: