Mulleres nas Matemáticas do século XIX

Ao tempo comprendido entre 1789, comezo da Revolución Francesa, e 1914 comezo da Primeira Guerra Mundial, se lle denomina “Século da Ciencia”, por ser cando a ciencia alcanzou o que se podería considerar a súa maioría de idade. A Revolución Francesa encádrase no ciclo de transformacións políticas e económicas que marcaron o fin da Idade Moderna e o comezo da Idade Contemporánea. Abarca un período de 10 anos (1789-1799), nos que se estableceron en toda Europa novas formas de organización política, social e económica, xurdiron novos usos e costumes, triunfaron novos modos de pensamento e novas tendencias espirituais. Este foi un momento decisivo na historia das mulleres. A condición da muller iniciou un cambio debido a que a Revolución creou ilusión de que a situación das mulleres se inscribira no mesmo núcleo de cuestionamento político do resto da sociedade.

Introdución

A situación das mulleres: "o anxo do fogar"

O lugar da muller na sociedade e non só na orde doméstica, foi un tema que estivo presente. Considerar que a muller puidera ocupar un lugar na sociedade, constituíu todo un descubrimento para a civilización occidental. Non obstante este descubrimento no se converteu en solucións revolucionarias, nin se experimentaron cambios na perspectiva da vida das mulleres. Durante gran parte do século XIX a educación das nenas continúa sometida aos modelos establecidos pola costume. Os varóns teñen como destino a vida pública, os traballos das armas e das leis. As mulleres seguen a ser educadas para o fogar e a vida conxugal. A sociedade pasaba de ser rural a industrial, o que derivaba en ser científica e tecnolóxica. Profesionalizouse a ocupación científica, con tódolos requisitos que iso implica: formación institucionalizada e regulamentada, postos de traballo remunerados, avaliación e recoñecemento social. A ciencia dividiuse e organizouse por especialidades, conformando unha estrutura que en grande medida prefiguraba a que adoptaría no século XX. Os científicos tomaron conciencia de seu como clase profesional, reclamaron postos remunerados no ensino e na industria. Xunto a seu crecemento e desenvolvemento, a ciencia ganou prestixio e influencia. Retomou a súa imaxe clásica de obxectividade, veracidade e motor de progreso, virtudes que en boa medida estendéronse tamén aos científicos. No século XIX configuráronse e comezaron a adquirir peso académico disciplinas dedicadas ao estudo do ser humano e da sociedade: Psicoloxía, Socioloxía e Antropoloxía. O século vería tamén o nacemento da Estatística Social e da Xeografía Humana.[1]

Dende a Ilustración, as sucesivas revolucións liberais ampliaron a categoría de cidadanía a sectores sociais excluídos do seu exercicio, pero fundamentaron a conceptualización dos dereitos políticos e de cidadanía na exclusión feminina e na universalización da norma masculina. Ademais, o discurso de xénero consolidou como valor cultural da modernidade a idea de separación entre o espazo público, asignado aos homes, e o privado, ás mulleres. O home quedaba adscrito ao mundo público, é dicir ao ámbito do laboral, do político, da ciencia; mentres que a muller, presentada como “o anxo do fogar”, quedaba relegada ao ámbito doméstico e era sometida a un ríxido sistema patriarcal de valores orientado a sometela á submisión e obediencia ao marido. Este ideal constituía un modo de preservar a institución burguesa máis prezada: a familia. Este modelo correspondeuse co novo modelo social, o da burguesía e o da muller burguesa: nai e esposa.[2]

As Academias

Outro dos motivos que permiten entender o proceso de expulsión das mulleres do ámbito científico é a fundación das academias durante os séculos XVIII e XIX. A formación das primeiras persoas científicas -tanto homes como mulleres- non dependía das universidades, senón da práctica directa e do intercambio de ideas, que tiñan lugar nos talleres, salóns, observatorios e laboratorios caseiros. Durante o arranque da modernidade, elas fixeron achegas destacadas aos saberes clásicos das matemáticas, a alquimia, a herboristaría ou a filosofía, e participaron na fundación de disciplinas nacentes como a astronomía, a entomoloxía, a botánica ou a xeoloxía. Antes da profesionalización das vellas e novas especialidades, a participación epistemolóxica e práctica no desenvolvemento do saber non requiría a ostentación de credenciais; a maioría dos homes e mulleres que lideraron a revolución científica eran amateurs e diletantes que aproveitaban os seus pequenos talleres produtivos para instalar laboratorios improvisados, ou armaban os seus propios instrumentos ópticos nas azoteas das súas vivendas, ou emprendían expedicións de descubrimento por terras ignotas. Todo pola súa conta, sen a subvención de institucións académicas e coa liberdade suficiente para permitir que irmás, fillas, esposas e nais estiveran presentes no proceso de traballo desas empresas, ou que as viuvas e orfas proseguiran cos esforzos familiares. Pero o impulso determinante da investigación científica radicou na conformación de institucións formais: por unha banda, as academias, por outra, a aparición das profesións. Ambas instancias funcionaron como mecanismos decisivos para a exclusión feminina. O paradóxico é que, no momento de fundación das academias de ciencias ao longo e ancho de Europa, había unha cantidade importante de mulleres que deberían ter pertencido por mérito propio a estes organismos -e terían entón obtido os emolumentos que tales institucións aportaban-, pero que non foron admitidas polo feito de ser mulleres. Por exemplo, Maria Winkelmann non ingresou na Academia de Ciencias de Berlín a causa de argumentos como o que expón Jablonski nunha carta dirixida a Leibniz en 1710: Debe vostede ser consciente de que a decisión que pronto haberá de tomar podería ser tomada como precedente. En principio somos da opinión de que este caso debe ser xulgado non so polos seus presentes méritos senón tamén como puidera selo en adiante, pois o que lle concedamos a ela podería servir de exemplo para o futuro. Neste contexto, a profesionalización das disciplinas e a institución das primeiras academias científicas deuse á par coa expulsión explícita e flagrante das mulleres. É dcir, a orixe da ciencia, como momento cardinal da modernidade, atestigua a participación dunha importante cantidade de mulleres que deberon ser activamente expulsadas ou marxinadas a partir da aplicación das políticas de institucionalización das academias e das profesiones. Foi a institucionalización do proxecto científico a que instaurou as regulacións que permitiron a expulsión das primeiras científicas dos espazos académicos e universitarios.[3]

A orixe do home: resposta feminista

Emilia Pardo Bazán

O século XIX foi tamén testigo dos comezos dunha pseudociencia que intentaba "probar" a inferioridad intelectual das mulleres, e especialmente que as mulleres eran intelectual e moralmente incapaces do traballo científico.[4] Probablemente isto tivo moito que ver coa aparición en 1859 da teoría da evolución de Charles Darwin (1809−1882), xa que un aspecto destacado da mesma foi o profundo nesgo sexista -aplicado ao ámbito do xénero humano, do que carecía nos estudos evolutivos doutras especies- que impregnaba a esta teoría. Como recolle a profesora Carolina Martínez Pulido no seu artigo “Respuesta femenina a El origen del hombre de Charles Darwin”,[5] o contido androcéntrico dos argumentos esgrimidos polo célebre naturalista fixo que algunhas notables mulleres estudosas reaccionaran publicamente presentando obxeccións ante tanto insulto; como por exemplo as norteamericanas Antoinette B. Blackwell (1825 − 1920) e Eliza B. Gamble (1841 − 1920). Catro anos máis tarde da publicación de “A orixe do home e a selección en relación ao sexo” (1871) de C. Darwin, Antoinette B. Blackwell publica “Os sexos a través da natureza”, onde analiza a obra do británico converténdose na primeira muller en responder con argumentación científica sólida ao célebre científico. Case que vinte anos máis tarde de que Antoinette B. Blackwell reivindicara a igualdade entre os sexos, a tamén estadounidense Eliza B. Gamble asumiu unha postura moito máis radical. En 1893 Gamble publicou un libro titulado “A evolución da muller: unha investigación sobre o dogma da súa inferioridade ante o home”, onde defendía sen ambaxes a superioridade do sexo feminino sobre o masculino. Outras destacadas personalidades que realizaron aportacións a este debate foron, entre outras, a brillante escritora galega Emilia Pardo Bazán (1851 − 1921), quen sostiña en 1877 que “a lei do máis forte é nefasta para o sexo feminino”; ou a francesa Clèmence Royer (1830 − 1902), primeira tradutora ao francés e prologuista da obra de Darwin “A orixe das especies”. Todas estas estudosas, claramente por diante do tempo que lles tocou vivir, atrevéronse a expresar en público comentarios críticos sobre o papel concedido ás mulleres nunha obra tan valorada e respectada como “A orixe do home”.[6]

Esta proscrición lexitimouse mediante un discurso sexista -continuador da lóxica do claustro medieval e da misoxinia imperante en épocas anteriores- que lexitimaba a separación de espazos, agora baseado nun paradigma naturalista. Desta maneira, o que na Antigüidade e na Edade Media fora unha posibilidade para unha mínima elite de mulleres, na modernidade converteuse nunha imposibilidade xeneralizada que declaraba ao conxunto do sexo feminino incapacitado para o saber. Difundiuse así un imaxinario cada vez máis sofisticado onde se atribuía ás mulleres un papel primeiro marxinal e logo por completo ausente da vida intelectual, para recluílas imaxinariamente no espazo doméstico, como se iso fose natural e eterno. Para consolidar esta expulsión do ámbito académico, universitario e científico, moitas das achegas femininas ao coñecemento foron sistemáticamente borradas dos rexistros históricos e restabelecelas requiriu dun minucioso traballo de reconstrución.[3] Este proceso consistiu en moitos casos en negar ás mulleres a autoría das súas propias obras e atribuílas erroneamente a varóns -seus confesores, irmáns, pais, esposos ou amantes- ou por o acento nas biografías sociais ou sexuais de aquelas que demostraron unha xenialidade incompatible con este imaxinario. O resultado de tal panorama permea as épocas. As mulleres pasaron de novo á invisibilidade, pois as nocións de progreso e modernidade fixéronse incompatibles coas mulleres. Tardouse case que dous séculos en recuperar ese papel perdido. Cabe sinalar que se poden atopar en textos histórico-científicos do século XVIII os nomes e aportacións de mulleres como Hipatia de Alexandría, Ana Marıa von Schumman, Lucrecia Marinella e outras, que desapareceron de re-edicións posteriores no século XIX e que non volveron a aparecer ata que as investigacións sobre ciencia e xénero, a partir dos anos oitenta do século pasado, os recuperaron. A medida que a ciencia vólvese profesional, pasando a ser un tema de estudo recoñecido nas universidades, as mulleres que se tiñan dedicado a ela cando era unha actividade amateur viron como se as apartaba, pois non se lles permitía estudar nin formar parte das novas institucións científicas. Non obstante, factores tales como a extensión da educación elemental, as loitas anti-escravistas ou as loitas feministas, reavivaron a polémica sobre a educación das mulleres, ou a súa participación na actividade científica.[4]

Sophie Germain

Matemáticas na primeira metade do século

Dúas destacadas nos primeiros anos

Mary Somerville

A pesar de tódalas dificultades, xa dende os inicios do século XIX podemos atopar figuras moi relevantes, como a francesa Sophie Germain (1776-1831), filla da Revolución francesa, que marcou a súa infancia, quen se refuxiou na biblioteca familiar para illarse dos disturbios da época. A imposibilidade de acceder aos centros oficiais do saber científico pola súa condición de muller, a levou a utilizar o pseudónimo de “Monsieur Le Blanc” para intercambiar información, ideas e resultados con grandes matemáticos da época como Lagrange e Gauss. Destacou en Teoría de números (os Primos de Germain, denomínanse así na súa honra) e en Teoría da Elasticidade, área na que gañou un concurso da Academia Francesa de Ciencias sobre a teoría matemática que permitía explicar a formación de figuras ao estender area sobre unha placa vibrante. Despois de todos estes méritos conseguidos ao largo da súa vida, o seu nome non figura entre os que aparecen na Tour Eiffel como homenaxe a aqueles que fixeron contribucións, dende a ciencia, a súa construción; e no seu certificado de defunción o que figura como a súa profesión é “rendista”, non matemática.[7]

A escocesa Mary Fairfaix Greig Somerville (1780-1872), considerada a “Raíña das Ciencias do século XIX”, segundo parece, tiña que aprenderse de memoria os libros que conseguía, porque o seu pai non estaba en absoluto de acordo con esa rara afección da súa filla polo saber. Afortunadamente para ela e para a humanidade, o marido co que a casou o seu pai, que era da súa mesma opinión en relación ás “mulleres sabias”, morreu ao cabo de 3 anos de matrimonio, deixándoa con 2 fillos e unha situación económica moi acomodada, o que lle permitiu retomar os seus estudos abertamente e empezar a brillar moi rapidamente en concursos públicos. Anos máis tarde volveuse a casar, pero esta vez cun home que tiña as súas mesmas inquedanzas intelectuais e que non só apoiou a súa carreira científica senón que se converteu no seu enlace ante as institucións ás que ela non podía chegar directamente pola súa condición de muller.[8] Mary Somerville foi unha das mulleres de ciencia afortunadas e unha das últimas grandes científicas amateur. Como lle escribiu Charles Lyell a súa futura esposa, Mary Horner, en 1831: "Se a nosa amiga a señora Somerville tivera casado con Laplace, ou con outro matemático, nunca teríamos oído do seu traballo. Estaría fundido co de seu marido, presentándoo como se fora del.[9]

Ada Lovelace

O xerme da informática

Pero non se pode falar das matemáticas do século XIX sen mencionar a informática, que tivo os seus preliminares neste século XIX e xurdiu con forza a partir de mediados do século XX. O personaxe, crucial no ámbito da ciencia e a tecnoloxía, que sentou as bases dun cambio de rumbo fundamental nas vidas da maioría da poboación mundial -aínda que tivera que pasar case que un século despois da súa morte para que as súas teorías foxen recoñecidas- foi Ada Augusta Byron, marquesa de Lovelace (1815-1852)[10] unha “visionaria” informática, o que lle permitiu case que 100 anos antes de que se construíran os primeiros “computadores” deixar escritos programas informáticos que anos máis tarde puideron probar a súa validez. Tivo como titora a Mary Somerville , da que acabamos de falar, que foi quen a levou a unha conferencia de Babbage sobre a súa máquina diferencial, da que queda absolutamente fascinada. Pero cando máis tarde Babbage a fai partícipe da súa idea máis ambiciosa da construción da máquina analítica, Ada Byron convértese, con apenas 18 anos, na máis fiel colaboradora de Babbage, aportando importantes innovacións ao proxecto. Xunto á idea de utilizar as tarxetas perforadas para introducir tanto datos como ordes ao sistema, Ada suxeriu o cambio do sistema decimal ao sistema binario. Ada firmou o traballo -no que aparece o seu programa para o cálculo dos números de Bernoulli- como A.A.L. para evitar que fora rexeitado de entrada. Pero toda a xente do ámbito académico e intelectual sabía que a única persoa que podía telo escrito, por ser a única con coñecementos para facelo, era Ada; en consecuencia a Sociedade matemática do momento declarou "pouco relevante" o seu traballo e este quedou relegado ao esquecemento.[11]

Matemáticas na segunda metade do século

Durante a segunda metade do século XIX, nos principais centros industriais do mundo; Inglaterra, Francia, Alemaña, Italia, Rusia ou Estados Unidos, tivo lugar o inicio do gran desenvolvemento das matemáticas. En torno ao cambio de século as matemáticas eran unha disciplina científica altamente avanzada e estimada en tódolos países desenvolvidos da terra. Aumentou o número de persoas que se dedicaba a estudar e investigar en matemáticas, o que fixo necesaria a publicación dos logros conseguidos. Como consecuencia apareceron revistas e congresos ademais de asociacións e agrupacións de matemáticos a nivel nacional. A medida que a ciencia facíase máis complexa, especializada e profesionalizada, ía sendo tema de estudo recoñecido nas universidades onde, polo xeral, as mulleres non tiñan acceso. Na École Polytechnique de París, fundada en 1794, as mulleres non foron admitidas ata 1972. Da mesma maneira, con algunha excepción especial, estáballes vedada a entrada nos centros científicos máis importantes do século XIX, as universidades alemás.[2]

É na segunda metade deste século cando empezaron a aparecer moitas mulleres matemáticas en diversos países europeos e nos Estados Unidos de América e, o que é máis importante, empezan a crear escola, preocupándose non só da súa carreira profesional senón tamén da das súas discípulas. Non só realizaron importantes aportacións á ciencia e á tecnoloxía, senón que conseguiron derrubar algunhas das barreiras que impedían a integración da muller en pé de igualdade en institucións como as universidades e as academias, facilitando así a incorporación doutras moitas conxéneres ás mesmas.

Dúas matemáticas inglesas

En Gran Bretaña, aínda que nun primeir intento a principios do século XIX non se conseguiu abrir os estudos de matemáticas de Cambridge ás mulleres, a mediados deste século se lles permitiu estudar matemáticas nos seus propios colexios, como sucedeu no Queen´s College. En 1863 foron avaliados os traballos de 83 mozas por un comité da Asociación Nacional para a promoción das Ciencias Sociais. Un dos expertos asegurou que alentar ás mulleres a usar o seu cerebro non lles faría perder a razón.[9]

Charlotte Angas Scott
Philippa Fawcett

A inglesa Charlotte Angas Scott (1858-1931) supón un punto de inflexión na relación das mulleres e as matemáticas. Loitou en Cambridge para conseguir permiso, en 1880, para presentarse ao exame, “Tripos”, que outorgaba a titulación de matemáticas. Conseguiu graduarse en Matemáticas en Cambridge –aínda que non se lle permitiu participar na cerimonia de gradación, o que lle impediu asistir en directo ao boicot que realizaron os seus compañeiros para protestar pola súa ausencia−, e ademais non só conseguiu o “permiso” para ela senón que logrou que a partir de aí outras mulleres puideran facelo. Posteriormente desenvolveu a súa carreira profesional nos Estados Unidos como profesora nunha universidade feminina, na que sempre defendeu un nivel de exixencia igual ao que tiñan as mellores universidades masculinas; á parte de ser editora dunha das mellores revistas científicas  “American Journal of Mathematics” desde os seus inicios, así como ser a primeira muller en formar parte da Sociedade matemática americana.[12] Esta muller inicia unha saga de mulleres matemáticas que a partir do século XX se ocuparon de facilitar a carreira científica das súas discípulas e colegas. Aproveitando a “porta” aberta por Scott, 10 anos máis tarde outra muller, Philippa Garrett Fawcett (1868-1948), conseguiu ser a número un da súa promoción, o que lle permitiu iniciar a súa carreira profesional na propia Universidade de Cambridge, aínda que logo re-encamiñara a súa carreira cara postos de xestión da educación.[13]

Maria Mitchell

Astrónomas nos EEUU

Tamén na segunda metade do século XIX destaca Maria Mitchell (1818-1889), primeira muller dedicada profesionalmente á astronomía nos Estados Unidos e terceira muller en descubrir un cometa, o primeiro de outubro de 1847, ao que puxeron o seu nome, "Miss Mitchell's Comet", polo que recibiu unha medalla de ouro do rei Federico VII de Dinamarca.[14] Ensinou astronomía a mulleres no Vassar College e participó na fundación da Asociación Americana para o Avance das Mulleres.[15] E a finais do século XIX un grupo de 13 mulleres, coñecidas hoxe como "as calculadoras de Harvard", dedicáronse a contar e clasificar estrelas no Observatorio. Realizaban un traballo tedioso e mecánico que, non obstante, “axudou a sentar as bases da astrofísica moderna”. Traballaron ás ordes do astrónomo E. Charles Pickering (1846-1919). A súa labor consistía en arquivar e catalogar a inmensa colección de fotografías de estrelas do Observatorio de Harvard. Tratábase dunha man de obra barata para realizar unha labor que precisaba de gran paciencia e unha considerable capacidade de observación.[16]

Astrónomas do Observatorio de Harvard. Entre elas Henrietta Swan Leavitt, Annie Jump Cannon, Williamina Fleming, e Antonia Maury.

Entre elas a apenas coñecida Williamina Fleming (1857 - 1911) desempeñou un papel crucial. Despois de traballar como criada na casa de Pickering, este a contratou para realizar tarefas administrativas e cálculos matemáticos. A súa eficacia fixo que o astrónomo confiara nela para custodiar o arquivo fotográfico do Observatorio e, co tempo, tamén lle encargou recrutar e dirixir a outras mulleres que irían configurando o que desafortunadamente coñeceuse como o "harén de Pickering".[17] Outras que xogaron un papel destacado foron Antonia Maury (1866-1952) quen deseñou un novo sistema de clasificación estelar que sería a base da astrofísica moderna, co que Pickering non estivo de acordo. As súas diferencias con Pickering pronto foron insalvables e Antonia Maury abandonou definitivamente o observatorio en 1896 para dedicarse ao ensino. En 1943 revísase o catálogo Henry Draper para incorporar as ideas de Antonia Maury.[18] Annie Jump Cannon (1863-1941), famosa polo seu bo "ollo" para os espectros estelares fixo que os seus catálogos Draper (que con preto de 400,000 estrelas seguen a ser usados hoxe en día) foran valorados como obra dunha observadora excepcional. Publicou tamén catáogos de estrelas variables (incluídas 300 descubertas por ela). Foi das poucas en conseguir recoñecemento polo seu traballo.[19] Henrietta Leavitt(1868-1921) descubriu e catalogou 1.777 estrelas variables situadas nas Nebulosas de Magalhães. En 1912 confirmou, a partir do seu catálogo, que a luminosidade das variables Cefeidas era proporcional ao seu período de variación de luminosidade, e que esa relación era bastante precisa.[20]

Unha matemática rusa

Sofia Kovalevski

En Rusia, a mediados do século XIX nace Sofia Kovalevsky (1850-1891) unha matemática singular en moitos aspectos. Mostrou capacidades innatas para as matemáticas dende nena, pero a época que lle tocou vivir –a Rusia dos tsares- non llo facilitou. Membro desde moi nova da corrente Nihilista que tanto éxito tiña entre as e os xoves cultos da época, decidiu realizar un “matrimonio branco” cun amigo seu, Vladimir Kovalesvky, para poder saír de Rusia e estudar matemáticas noutras universidades europeas. Non sen antes superar grandes dificultades, conseguiu ser discípula primeiro e posteriormente colega e amiga do gran Weierstrass, doutorándose en matemáticas na Universidade de Gotinga “in absentia”. Grazas á intervención de Mittag-Leffler, en 1883 consiguió unha praza de profesora en Estocolmo, onde desenvolvería a parte máis importante das súas investigacións matemáticas. Obtivo o Premio Bordin da Academia das Ciencias francesa en 1888 por su trabajo "Mémoire sur un cas particulier du problème de le rotation d’un corps pesant autour d’un point fixe, où l’intégration s’effectue à l’aide des fonctions ultraelliptiques du temps". Ademais das súas aportacións matemáticas creativas, orixinais e innovadoras no terreo da Análise Matemática, foi durante toda a súa vida unha activista, tomando parte na Comuna de París; sen esquecer a súa faceta literaria, que a levou a dicir que na súa opinión é imposible dedicarse ás matemáticas sen ter alma de poeta.[21]

Final de século: inicio dun cambio

Marie Sklodowska Curie

No último terzo do XIX e comenzos do XX, as transformacións económicas e sociais que aconteceron en Europa e, aínda que en menor grao, tamén en España, demandaron man de obra feminina e, polo tanto, a incorporación paulatina das mulleres ao mercado laboral. Neste

contexto, incluiríanse as vindicacións de mulleres como Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán, que defenderon para as mulleres, contravindo aos pensadores da súa época, a compatibilidade entre os quefaceres domésticos e o cultivo da súa intelixencia; isto é, a necesidade de non considerar ás mulleres inferiores aos homes.[2]

Na última década do século XIX importantísimos avances tiñan revolucionado as matemáticas, a física, a astronomía e outras ciencias. A ciencia convertérase nunha profesión en tódolos sentidos -nunca máis habería descubrimentos importantes feitos por persoas afeccionadas- e tanto a súa estrutura como a das súas institucións principais tiñan cambiado irremediablemente. Neste contexto, por primeira vez na historia, foi posible que unha muller -a física e matemática Marie Sklodowska-Curie (1867-1934), que en 1898 descubriu que a radioactividade era unha propiedade intrínseca do átomo, descubrimento que cambiaría o mundo- ingresara nos grupos científicos establecidos. Aínda así, as palabras escritas ese mesmo ano 1898, no Popular Science Montly, por Henrietta Bolton non so son pertinentes para miles de anos de historia, senón que continúan a ser certas hoxe en día: Como regar xeral a muller de ciencia debe ser o bastante forte para valerse por si mesma, capaz de soportar o sarcasmo e a antipatía, a miúdo inxustos, de homes que senten celos ao ver invadido o que consideran ser o seu campo propio de actividade.[9]

Personalidades desta época

Nadas no primeiro cuarto do século XIX (1801-1825)

Caterina Scarpellini
  • Caterina Scarpellini (1808-1873) matemática, astrónoma e meteoróloga italiá. Traballou en Roma co seu tío, o astrónomo Feliciano Scarpellini. Reuniu datos relacionando fenómenos meteorolóxicos e astronómicos; descubriu un cometa en 1854.[22]​ En 1872, Italia concedeulle unha medalla de ouro plo traballo que realizou en estatística. Un cráter de Venus leva o seu nome.[23]
Ada King Lovelace
Maria Mitchell
  • Maria Mitchell (1818-1889) astrónoma estadounidense.[27]​ É considerada a primeira astrónoma académica dos Estados Unidos e unha referencia para a ciencia dese país. Colaborou có United States Naval Observatory, calculando táboas sobre a posición de Venus. Descubriu o cometa Mitchell.[28]
Florence Nightingale
  • Florence Nightingale (1820-1910) enfermeira e estatística británica.[29]​ Foi pioneira na práctica da enfermaría e notable estatística, precursora na representación visual da información. Coas súas técnicas, evidenciou que a estatística proporciona un ámbito de organización para contrastar e aprender, podendo levar a melloras nas prácticas cirúrxicas e médicas. Cada 12 de maio, coincidindo có aniversario do seu nacemento, celébrase o Día Internacional das Enfermeiras.[30]

Nadas no segundo cuarto do século XIX (1826-1850)

Mary Ward
  • Mary Ward (1827-1869) astrónoma e artista irlandesa.[31] Astrónoma amateur, compartía este interese con
    Helen Shafer
    seu primo Guillermo Parsons, construtor do gran telescopio reflector Leviatán. Mary dibuxou esbozos de cada etapa do proceso de construción, esbozos que se utilizaron para axudar na restauración do telescopio. Tamén dedicouse á microscopía, realizando as súas propias diapositivas a partir de fíos de marfil e preparando os seus propios espécimes (fundamentalmente de insectos).[32]
  • Mary Everest Boole (1832 - 1916) pedagoga e matemática británica.[33] Casada con George Boole (1815-1864), cooperou con el no libro An investigation of the laws of thought. Este libro publicouse en 1854 e supuxo unha revolución entre matemáticos e pensadores da época.[34] Á morte de George, Mary empezou a dar clases usando o método didáctico de Déplace, pero introducindo as súas aportaciones. Estaba interesada en mostrar como as actividades ordinarias do día a día preparan ao alumnado a aprender matemáticas. Mary tamén inventou a "xeometría da corda" e as chamadas "cartas de Boole", que axudan ao alumnado a aprender a xeometría dos ángulos e espazos.[35]
  • Helen Almira Shafer (1839-1894) matemática e educadora estadounidense.[36] Tras graduarse no Oberlin College en 1863, foi profesora de matemáticas no Central High School de St. Louis (Missouri, EE.UU.) de 1865 a 1875. En 1877 entrou como profesora de matemáticas no Wellesley College (Massachusetts, EE.UU.), e foi presidenta desta institución ata o seu falecemento.[37]
Agnes Mary Clerke
  • Agnes Mary Clerke (1842-1907) astrónoma e divulgadora irlandesa.[38] Alcanzou fama mundial en 1885 coa publicación do seu tratado A Popular History of Astronomy during the Nineteenth Century. Non foi unha astrónoma "de campo", senón que recopilou, interpretou e resumiu resultados da investigación astronómica. En 1888 pasou tres meses no Observatorio do Cabo –invitada polo seu director David Gill–, onde se familiarizou coa espectroscopía, o que lle permitiu escribir con claridade sobre esta nova rama da ciencia.[39]
Susan J. Cunningham
  • Susan Jane Cunningham (1842-1921) matemática e astrónoma estadounidense.[40] Foi unha persoa clave na fundación e desenvolvemento doSwarthmore College. Estudou matemáticas e astronomía con Maria Mitchell no Vassar College.[41]
Mary W. Whitney
  • Mary Watson Whitney (1847-1921) astrónoma estadounidense.[42] Discípula de Maria Mitchell, foi durante 22 anos a responsable do Vassar Observatory: publicáronse 102 artigos científicos baixo a súa dirección. En 1872 obtivo unha mestría na Vassar University. Posteriormente estudou matemáticas e mecánica celeste na Universidad de Zürich, Suíza, (1873-1876).[43] A partir dese momento centrouse no ensino e nla investigación relacionada coas estrelas dobres, estrelas variables, asteroides, cometas e medidas de cúmulos de estrelas mediante placas fotográficas.[44]
Margaret L. Huggins
Sofia Kovalevsky
  • Sofia Kovalevsky (1850-1891) matemática rusa.[47] Non so foi unha gran matemática, senón tamén escritora e defensora dos dereitos das mulleres no século XIX.[48] Quizais a súa aportación máis coñecida sexa o teorema de Cauchy-Kovalevskaya[49] sobre ecuaciones diferenciais. Durante a etapa de Berlín xunto a Karl Weiestrass, realizou tres traballos de investigación: "Sobre a teoría de ecuacións en derivadas parciais", "Suplementos e observacións ás investigacións de Laplace sobre a forma dos aneis de Saturno" e "Sobre a redución dunha determinada clase de integrais abelianas de terceiro orde ás integrais elípticas", cos que obtivo o seu grao de doutora en 1874.[50] En 1888 obtivo o Premio Bordin da Academia de Ciencias de Francia polo seu traballo Mémoire sur un cas particulier du problème de le rotation d’un corps pesant autour d’un point fixe, où l’intégration s’effectue à l’aide des fonctions ultraelliptiques du temps.[51]
Sophie Bryant
  • Sophie Willock Bryant (1850-1922) matemática, educadora e feminista británica de orixe irlandés.[52] Foi a primeira muller en obter un grao en matemáticas pola University of London (1881), onde tres anos máis tarde obtivo tamén o grao de doutora en ciencias, converténdose na primeira muller en obter un doutoramento en ciencias en Inglaterra. Foi unha das tres primeiras mulleres en entrar a formar parte dunha Royal Commission –a comisión Bryce[53] en educación secundaria entre 1894 e1895–  e unha das tres primeiras mulleres en ser elixida para o Senado da University of London.[54]

Nadas no terceiro cuarto do século XIX (1851-1875)

1851-1860

  • Ellen Amanda Hayes (1851-1930) astrónoma e matemática estadounidense.[55] Autora de varios libros de texto de matemáticas. O seu traballo científico máis importantecentrouse na astronomía: calculou a órbita do asteroide 267 Tirza e observou cometas e outros asteroides. Preocupada pla insuficinte representación das mulleres en matemáticas e ciencias, foi activista en diferentes causas sociais.[56]
  • Isis Pogson (1852-1945) astrónoma e meteoróloga británica.[57] En 1860 o astrónomo Norman Pogson, o seu pai, foi nomeado director do Observatorio de Madrás e Isis traballou alí como a súa asistente. En 1873, Isis obtivo un posto de "computadora"no observatorio, onde traballou durante vinte e cinco anos, tamén como superintendente meteorolóxico. Foi a primeira muller nomeada para entrar como membro da Royal Astronomical Society, e foie das primeiras en ser admitida, en 1920.[58]
Hertha M. Ayrton
  • Hertha Marks Ayrton (1854-1923) enxeñeira, matemática, física e inventora británica.[59] Ayrton recibiu a Medalla Hughes da Royal Society en 1906 polas súas investigacións experimentales sobre o arco eléctrico, e tamén sobre ondas de area. Ayrton foi membro activo da "Unión Social e Política da Muller", así como membro fundador da "Federación Internacional de Mulleres Universitarias" e da "Unión Nacional de Traballadores Científicos".[60]
  • Ida Martha Metcalf (1857- 1952) matemática estadounidense.[61] En 1893 converteuse na segunda muller estadounidense en recibir un doutoramento en matemáticas, cunha disertación titulada "Dualidade xeométrica en espazos". Durante un tempo foi asistente na redacción de libros de texto matemáticos, exercicios de álxebra e trigonometría, e táboas de logaritmos e intereses. Tamén traballou como analista de seguridade nunha oficina bancaria en Nova York, e no "Servizo Civil" na Oficina do Contralor da cidade de Nova York, sendo a primeira muller en acceder a ese posto.
Williamina Fleming
  • Williamina Fleming  (1857-1911) astrónoma estadounidense de orixe escocés.[62] Dirixiu ao equipo de mulleres calculadoras do Harvard College Observatory de Edward Charles Pickering. Descubriu a nebulosa Cabeza de Caballo, ademais de unha gran cantidade de novas, nebulosas gaseosas e estrelas variables.[63]
Charlotte Angas Scott
  • Charlotte Angas Scott (1858-1931) matemática británica.[64] Especialista en xeometría analítica, foi coeditora da revista American Journal of Mathematics e cofundadora da American Mathematical Society da que foi vicepresidenta. Foi unha figura clave no acceso das mulleres á educación en matemáticas.[65]
Anna Julia Haywood Cooper
  • Anna Julia Haywood Cooper (1858-1964) docente e matemática estadounidense.[66] Foi filla dunha escrava e o seu amo branco. Graduouse no Oberlin College de Ohio cunha licenciatura en matemáticas en 1884 e unha mestría en matemáticas en 1888. O seu primeiro libro, A Voice from the South: By a Woman from the South, publicado en 1892, converteuna nunha das primeiras referencias do feminismo negro. Obtivo seu Ph.D. na Universidade de París (Sorbona), en 1925, cunha tese (escrita en francés) sobre "A actitude de Francia sobre a cuestión da escravitude entre 1789 e 1848", converténdose na cuarta muller afroamericana en obter o Ph.D.[67]
  • Alicia Boole Stott (1860-1940) matemática británica de orixe irlandés.[68] É coñecida polas súas aportacións á xeometría en catro dimensións e pola súa capacidade para visualizar seccións tridimensionais de poliedros de catro dimensiones. Acuñou a palabra "politopo" para un poliedro en calquera dimensión.[69]

1861-1867

Dorothea Klumpke Roberts
  • Dorothea Klumpke Roberts (1861-1942) astrónoma estadounidense.[70] Foi directora do Bureau des mesures de l’Observatoire de Paris (1892-1901), onde traballou determinando a posición das estrelas partindo de placas fotográficas. Foi a primeira muller en obter un doutoramento en ciencias na Sorbona (1893): foi en astronomía e trataba sobre L’étude des Anneaux de Saturne. Xunto a seu marido, o astrónomo Isaac Roberts –e tralo falecemento deste en 1904–, Dorothea Klumpke realizou un atlas fotográfico das 52 rexións nebulosas de Herschel.[71]
  • Ruth Gentry (1862-1927) matemática norteamericana.[72] Defendeu a súa tese doutoral On the Forms of Plane Quartic Curves en 1896, baixo a supervisión de Charlotte Angas Scott, tras un período de formación en Europa. Gentry ensinou no Vassar College de 1896 a 1902, sendo a primeira persoa membro daquela institución cun doutoramento. Despois trasladouse a un colexio privado e máis tarde alistouse como enfermeira voluntaria en EE.UU. e Europa.[73]
Winifred Edgerton Merrill
  • Winifred Edgerton Merrill (1862-1951) matemática estadounidense.[74] Obtivo o título de doutora en matemáticas –a primeira muller norteamericana en conseguilo– na Columbia University en 1886, a pesar da oposición dalgúns académicos.[75] Traballou tamén en astronomía, calculando, por exemplo, a órbita do cometa de 1883.[76]
Annie Jump Cannon
  • Annie Jump Cannon (1863-1941) astrónoma norteamericana.[77] En 1896 converteuse en membro fixo do Harvard College Observatory, pasando a formar parte do chamado "harén de Pickering",[78] cobrando tan so 50 centavos á hora. Descubriu 300 estrelas variables e colaborou na preparación do gran catálogo estelar Henry Draper.[79]
Fiammetta Wilson
  • Fiammetta Wilson (1864-1920) astrónoma británica.[80] Uniuse á British Astronomical Association en 1910 e, xunto á astrónoma Alice Grace Cook, converteuse en directora en funcións da súa Sección de Meteoros durante a guerra. Observou e publicou datos sobre auroras, a luz zodiacal, cometas e meteoros. Para continuar a súa investigación, e para asegurarse de que a súa información era precisa, construíu unha plataforma de madiera no seu xardín para poder observar o espazo sen o estorbo das árbores. Entre os anos 1910 e 1920, observou uns 10 000 meteoros e calculou con precisión as traxectorias de 650 deles. Tras publicar numerosos artigos, en 1916 foi elixida membro da Royal Astronomical Society. Tamén foi membro da Société astronomique de France e da Société d’astronomie d’Anvers.[81]
  • Marie Gernet (1865–1924) matemática alemá. Foi a segunda muller en obter, en 1895, un doutoramento en Heidelberg University sobre o tema "Sobre a redución de integrais hiperelípticas".[82]
  • Flora Philip (1865-1943) matemática escocesa.[83] Primeira muller membro da Edinburgh Mathematical Society e unha das primeiras mulleres en graduarse na Universidade de Edimburgo,[84] en 1893; polo que abriu o camiño ás mulleres matemáticas escocesas.[85]
Antonia Maury
  • Antonia Maury (1866-1952) astrónoma estadounidense.[86] Estudou no Vassar College baixo a tutela da astrónoma Maria Mitchell, graduándose en 1887. Traballou no Harvard College Observatory baixo as ordes de Edward Charles Pickering, publicando un importante catálogo de espectros estelares.[87] Por discrepancias con Pickering, deixou o Observatorio en 1890 aínda que non del todo porque volveu de maneira intermitente ata que seu traballo foi publicado en 1897. Trala súa carreira en Harvard, impartiu clases na escoa Miss Masson e
    Wrexie Leonard
    xestionou eol Draper Park Museum. En 1918 regresou como axudante a Harvard, cando Harlow Shapley xa ocupaba o posto de director. Nese período, en 1933, publicou un dos seus traballos de investigación máis famosos sobre a estrela Beta Lyrae.[88]
Maria Skłodowska-Curie

1868-1869

  • Anne Lucy Bosworth Focke
    Anne Lucy Bosworth Focke (1868-1907) matemática norteamericana.[93] Graduouse no Wellesley College en 1890 e obtivo unha mestría na Universidade de Chicago en 1896.[94] Foi a primeira estudante (muller) de doutoramento de David Hilbert: Anne Lucy defendeu a tese doutoral Begründung einer vom Parallelenaxiome unabhängigen Streckenrechnung na Universidade de Gotinga en 1899.[95]
Henrietta Swan Leavitt
  • Henrietta Swan Leavitt (1868-1921) astrónoma estadounidense.[96] Henrietta estudou as estrelas variables Cefeidas no Observatorio do Harvard College: era unha das "calculadoras" no "harén de Pickering".[97] En 1925, o matemático Gösta Mittag-Leffler escribiu unha carta a Henrietta Leavitt para propoñer a súa nomeamento  ao Premio Nobel polos seus traballos sobre as estrelas variables e os cálculos das distancias estelares: descoñecía que falecera catro anos antes.[98]
  • Grace Chisholm Young (1868-1944) matemática inglesa.[99] Doutorouse en 1895 cunha tese sobre grupos alxébaicos en trigonometría esférica, baixo a dirección de Felix Klein. Foi nai de seis fillos e empezou a interesarse na ensinanza infantil, escribindo varios libros sobre o tema, en colaboración co seu marido, William Young.[100] Os traballos de investigación sempre se publicaban co nome do seu marido: dos 220 artigos e varios libros que son obra conxunta, so unha pequena parte teñen a firma de Grace.[101]
  • Annie Russell Maunder
    Annie Russell Maunder (1868-1947) astrónoma e matemática irlandesa.[102] Entre as súas aportacións se encuentran o descubrimento do Diagrama de bolboreta –no que se visualizan os patróns de migración das manchas solares, descubrimento que realizou xunto a seu marido Edward Walter Maunder– e a creación dunha cámara gran angular que usou para obter imaxes de emisións da coroa solar estendéndose sobre a fotósfera. En 1916 converteuse nunha das primeiras catro mulleres membros da Real Sociedade Astronómica.[103]
  • Philippa Garrett Fawcett
    Philippa Garrett Fawcett (1868-1948) matemática británica.[104] Tralo seu extraordinario éxito no Mathematical Tripos (1890), gañou unha bolsa de estudos na Universidade de Cambridge, grazas á cal investigou sobre dinámica de fluídos. Deixou Cambridge en 1902 ao ser nomeada profesora na Normal School de Johannesburgo (Suráfrica), regresando anos máis tarde a Gran Bretaña onde continuou coa súa dedicación á educación.[105]
  • Alice Bache Gould
    Alice Bache Gould (1868-1953) matemática e historiadora norteamericana afincada en España.[106] Aínda que comezou a súa teses na University of Chicago baixo a supervisión de Eliakim Moore, non conseguiu terminala. Afincada en España, os seus logros como historiadora sobrepasaron os matemáticos: estudou principalmente as viaxes de Cristovo Colón e o descubrimento de América, e foi unha experta sobre o reinado dos Reis Católicos. Foi a iniciadora da Fundación Benjamin Gould para o apoio e desenvolvemento da Astronomía (Arxentina), en homenaxe a seu pai, oastrónomo Benjamin Apthorp Gould (1824-1896).[107]
  • Emilie Norton Martin (1869-1936) matemática estadounidense.[108] Realizou seus estudos no Bryn Mawr College  baixo a supervisión de Charlotte Angas Scott. A súa tese doutoral On the Imprimitive Substitution Groups of Degree Fifteen and the Primitive Substitution Groups of Degree Eighteen (1899) foi supervisada por Charlotte Angas Scott e James Harkness. En 1903 comezou a traballar como profesora no Mount Holyoke College.[109]
Caroline Ellen Furness
M. Frances Newson
  • Caroline Ellen Furness (1869-1936) astrónoma norteamericana.[110] Aprendeu de Mary Watson Whitney no Vassar College e foi a primeira muller en obtener un doutoramento en Astronomía na Universidade de Columbia. Colaborou na observación de estrelas variables con Whitney entre 1909 e 1911. En 1915, publicou Introduction to the Study of Variable Stars.[111]
  • Ada Isabel Maddison (1869-1950) matemática británica.[112] Obtivo un título de primeira clase nos exames do Mathematic Tripos de 1892. Defendeu a súa tese doutoral no Bryn Mawr College en 1896: Singular solutions of differential equations of the first order in two variables and the geometric properties of certain invariants and covariants of their complete primitives, baixo a dirección de Charlotte Angas Scott. É sobre todo coñecida polo seu traballo en ecuacións diferenciais. O seu artigo On certain factors of c- and p- discriminants and their relations to fixed points in the family of curves –baseado na súa tese– recibiu o Premio Gambel.[113]
  • Mary Frances Winston Newson (1869-1959) matemática estadounidense.[114] Foi a primeira muller americana en obter un doutoramento por unha universidade europea: foi na Universidade de Gotinga e baixo a dirección de Felix Klein. Entre outros moitos traballos, traduciu ao inglés os 23 problemas propostos por David Hilbert no Congreso Internacional de Matemáticos de París (1900).[115]

1870-1875

  • Agnes Sime Baxter
    Agnes Sime Baxter (1870-1917) matemática canadense.[116] Doutorouse en matemáticas na Universidade de Cornell en 1895 coa tese titulada On Abelian integrals, a resume of Neumann’s ‘Abelsche Integrele’ with comments and applications, sendo a segunda muller canadense e a cuarta en América do Norte en recibir un doutoramento en matemáticas.[117]
  • Virginia Ragsdale (1870-1945) matemática estadounidense.[118] En 1892 obtivo unha bolsa para cursar estudos no Guilford College. Asistiu ás clases da matemática Charlotte Agnes Scott no Bryn Mawr College onde tamén estudou física. Alí obtivo unha bolsa para estudar en Europa e viaxouá Universidade de Göttingen (Alemaña) onde ampliou os seus estudos xunto aos matemáticos Felix Klein e David Hilbert. Tralo seu regreso dedicouse ao ensino e continuou con seus estudos ata lograr o doutoramento. En 1903 especializouse en Matemática Pura, Física e Matemática Aplicada. Foi unha das primeiras mulleres nos Estados Unidos en obter un doutoramento e é coñecida pola conxectura de Ragsdale[119] que formulou en 1906 no artigo On the Arrangement of the Real Branches of Plane Algebraic Curve (Sobre a clasificación das ramas reais das curvas alxébricas planas), publicado no American Journal of Mathematics.[120]
  • Anne Sewell Young
    Anne Sewell Young (1871-1961) astrónoma estadounidense.[121] Foi profesora de astronomía no Mount Holyoke College durante 37 anos, onde influíu na vocación da súa alumna, a astrónoma Helen Sawyer Hogg. Nomeada directora do Observatorio John Payson Williston, supervisou un programa de observación para o seguimento das manchas solares. Interesouse especialmente polas estrelas variables, sendo unha dos oito membros fundadores da Asociación Americana de Observadores de Estrelas Variables (AAVSO).[122]
  • Mileva Marić
    Jessie Chrystal MacMillan (1872-1937) avogada, matemática, feminista e pacifista británica.[123] Foi a primeira muller en graduarse en ciencia na Universidade de Edimburgo, en 1896. En 1897 entrou a formar parte da Edinburgh Mathematical Society (ata 1915): foi a segunda muller en conseguilo, tras Flora Philip (1886); a terceira muller en ingresar como membro nesta sociedade sería Charlotte Angas Scott.[124]
  • Mary Ann Elizabeth Stephansen (1872-1961) matemática norueguesa.[125] Recibiu o seu grao en matemáticas na Universität Zürich en 1902; foi a primeira muller en Noruega en recibir un título de doutora en calquera disciplina. Publicou catro artigos de investigación sobre ecuacións en derivadas parciais e ecuacións en diferencias e ensinou matemáticas e física no Norges Landbrukshøgskole dende 1906 ata a súa xubilación en 1937.[126]
  • Mileva Maric (1875-1948) física e matemática serbia.[127] Primeira muller de Albert Einstein, existe unha grande controversia sobre o papel que xogou nos logros científicos do físico.[128] As 43 cartas entre eles que se conservan falan a miúdo de "os nosos traballos" e de "a nosa teoría do movemento relativo", "o nuoso punto de vista" ou "nosos artigos". Ao divorciarse acordaron que se el gañaba o Premio Nobel, ela quedaría cos cartos do galardón.[129]

Nadas no último cuarto do século XIX (1876-1900)

1876-1880

  • Tatiana Ehrenfest-Afanassjewa coa súa filla Galinka
    Tatiana Ehrenfest-Afanassjewa (1876-1964) matemática e física ruso-neerlandesa.[130] En 1904 casou co físico Paul Ehrenfest (1880–1933); unha das súas hijas Tatiana Pavlovna Ehrenfest tamén foi matemática. Publicou varios artigos en temas variados como mecánica estadística, entropía, o papel da aleatoriedade nos procesos físicos e o ensino da xeometría para nenos e nenas.[131]
  • Alice Grace Cook (1877-1958) astrónoma británica.[132] Uniuse á Asociación Astronómica Británica en 1911 e foi elixida membro da Royal Astronomical Society en 1916, como parte do primeiro grupo de mulleres elixidas bolseiras. Foi recoñecida polos seus traballos na observación de meteoritos, e tamén pola observación de fenómenos a simple vista, como a luz zodiacal e as auroras.[133]
  • Gabrielle Renaudot Flammarion (1877-1962) astrónoma francesa.[134] Traballou no Observatorio de Juvisy-sur-Orge (Francia) e foi a Secretaria Xeral da Sociedade Astronómica de Francia fundada polo seu esposo, o astrónomo Camille Flammarion (1842-1925). Publicou varios traballos sobre a evolución das características da superficie de Marte, sobre a Gran Mancha Vermella de Xúpiter e sobre observacións realizadas noutros planetas, planetas menores e estrelas variables. Un cráter de Marte leva o seu apelido, o cráter Renaudot, e o asteroide (355) Gabriela denomínase así na súa honra.[135]
  • Anna Cartan (1878-1923) matemática francesa.Realizou os seus estudos de matemáticas na Escola Normal Superior para mulleres de Sèvres, onde tivo como profesora de Física a Maria Skłodowska-Curie. Converteuse en profesora de matemáticas –mediante a agrégation– en 1904 e ensinou en diferentes centros de ensino secundario, nivel para o que escribiu varios textos de matemáticas.[136]
  • Kirstine Smith (1878-1939) estatística danesa.[137] Atribúeselle a creación do campo do deseño óptimo de experimentos. Foi admitida como candidata a un doutoramento en estatística (1916) na Universidade de Londres. Foi alumna do matemático Karl Pearson. A súu tese foi publicada en Biometrika en 1918; trataba sobre estimación chi cadrado mínima do coeficiente de correlación: foi precursora da teoría do deseño óptimo.[138]
  • Louise Petrén-Overton
    Margherita Beloch Piazzolla (1879-1976) matemática italiana.[139] Traballou en xeometría alxébrica, topoloxía alxébrica e fotogrametría. Trala súa tese traballou na clasificación de superficies alxébricas estudando as configuracións de líñas que podrían estar contidas en superficies. Tamén estudou curvas racionais en superficies e fixo aportacións sobre curvas algxébricas. Máis tarde interesouse pola fotogrametría e a súa aplicación ás matemáticas, en particular áa xeometría alxébrica. Tamén realizou contribucións ás matemáticas da papiroflexia. Parece ter sido a primeira persoa en formalizar un movemento (chamado pregue Beloch) de origami que permite, cando é posible, construír mediante pregado de papel as tanxentes comúns a dúas parábolas. Como consecuencia, mostrou como extraer as raíces cúbicas mediante o pregado do papel, algo imposible de facer con regra e compás.[140]
  • Louise Petrén-Overton (1880-1977) matemática sueca.[141] Obtivo un grao en ciencias na Universidade de Lund en 1902. Defendeu a tese de doutoramento en 1911 -foi a primeira muller en Suecia en obter un doutoramento en matemáticas- coa disertación Extension de la méthode de Laplace aux équations. Realizou contribucións na teoría de integración de ecuacións en derivadas parciais.[142]
  • Annie Leuch-Reineck (1880-1978) matemática e feminista helvética. Estudou matemáticas na University of Bern. En 1907 converteusena primeira muller en lingua alemá da Universidade de Berna en doutorarse en Matemáticas co traballo "Relación entre funcións esféricas e funcións de Bessel" (Die Verwandtschaft zwischen Kugelfunktionen und Besselschen Funktionen).[143]

1881-1885

  • Ethel Frances Butwell Bellamy (1881-1960) informática astronómica e sismóloga inglesa,[144] Axudou a catalogar a posición de arredor dun millón de estrelas como asistente
    Isabel Martin Lewis
    no Observatorio Radcliffe da Universidade de Oxford. En 1918 converteuse na asistente de sismoloxía do observatorio. Como parte da súa labor, manexaba sismógrafos, xestionaba a correspondencia cunhas seiscentas estacións de sismógrafos e recopilaba os datos para analizalos.[145]
  • Hilda Phoebe Hudson (1881-1965) matemática inglesa.[146] Traballou en xeometría alxébrica, interesándose en particular en transformacións de Cremona. Publicou en 1927 o tratado Cremona Transformations in Plane and Space, a súa obra mestra, realizada grazas a moitos anos de investigación e complementada cunha exhaustiva bibliografía, recopilando o editado sobre o tema durante máis de sesenta anos.[147]
  • Isabel Martin Lewis (1881-1966) astrónoma estadounidense.[148] Entre 1905 e 1907 traballou como "calculadora astronómica" para o astrónomo e matemático Simon Newcomb, con quen adquiriu unha gran experiencia sobre
    Emmy Noether
    eclipses. En 1908 foi aa primeira muller contratada como astrónoma asistente polo United States Naval Observatory; Maria Mitchell foi contratada en 1849, pero como "calculadora". Desenvolveu métodos para determinar eclipses e para predicir ocultacións lunares. Ademais realizou unha importante labor de divulgación científica, publicando varios libros e numerosos artigos en revistas.[149]
    Frieda Nugel
  • Emmy Noether (1882-1935) matemática alemá.[150] É coñecida e recoñecida polas súas contribucións fundamentais nos campos da física teórica e a álxebra abstracta. En matemáticas, revolucionou as teorías de
    Anna J. Pell Wheeler
    aneis, corpos e álxebra. En física, o teorema de Noether explica a conexión fundamental entre a simetría en física e as leis de conservación.[151]
  • Anna Johnson Pell Wheeler (1883-1966) matemática estadounidense.[152] Traballou en ecuacións integrais e foi pioneira na investigación en álxebra lineal en dimensión infinita. Foi a primeira muller en impartir un Colloquium Lecture no encontro da American Mathematical Society (1927).[153]
  • Frieda Nugel (1884-1966) matemática alemá.[154] Foi unha das primeiras mulleres en obter un doutoramento en matemáticas en Alemaña: foi en 1912 en Halle-Wittenberg. Antes de ela o fixeran Marie Gernet (1895, en Heidelberg), Annie Reineck (1907, en Berna) e Emmy Noether (1908, en Erlangen).[155]
    Margaret Harwood
  • Edmée Chandon
    Mary R. Calvert (1884-1974) astrónoma estadounidense.[156] A súa especialidade foi a astrofotografía e a computación. Comezou a traballar como asistente do seu tío, o astrónomo Edward Emerson Barnard (1857–1923) no Yerkes Observatory. Cando Barnard faleceu, quedou a cargo da colección fotográfica do observatorio e completou – xunto ao astrónomo Edwin B. Frost (1866-1935)– o traballo comezado polo seu tío A Photographic Atlas of Selected Regions of the Milky Way (1927).[157]
  • Edmée Chandon (1885-1944) matemática e astrónoma francesa.[158] En 1912 converteuse na primeira astrónoma profesional de Francia; foi no Observatorio de París. Naquel momento, a outra muller admitida no laboratorio, Dorothea Klumpke, so tiña unha autorización para utilizar o material. Tamén foi a primeira doutora en matemáticas (1930) coa tese titulada Recherches sur les marées de la Mer Rouge et du Golfe de Suez, na que mostraba que as mareas do Mar Vermello proporcionan un caso típico de onda estacionaria. O asteroide (1341) Edmée descuberto en 1935 por Eugène Delporte foi nomeado así na súa honra.[159]
  • Pauline Sperry (1885-1967) matemática estadounidense.[160] Realizou a súa tese doutoral baixo a dirección do fundador da xeometría diferencial proxectiva, Ernest Julius Wilczynski, co título: Properties of a certain projectively defined two-parameter family of curves on a general surface. En 1923, foi a primeira profesora asistente no Departamento de Matemáticas na University of California (Berkeley).[161]
  • Margaret Harwood (1885-1979) astrónoma estadounidense.[162] Traballou no Observatorio de Harvard, no equipo de mulleres "calculadoras". En 1916 foi nomeada directora do Observatorio Maria Mitchell (Nantucket, Massachusetts, EE. UU.). A súa especialidade era a fotometría: mediu a variación da luz de estrelas e asteroides, fundamentalmente a do asteroide Eros.[163]

1886-1890

Pia Maria Nalli
  • Ida Barney (1886-1982) astrónoma estadounidense.[164] É coñecida polos seus 22 volumes de medidas astrométricas de 150.000 estrelas. Traballou a maior parte da súa
    Inge Lehmann
    carreira no observatorio da Universidade de Yale. En 1952 recibiu o Premio Annie J. Cannon en Astronomía da American Astronomical Society.[165]
  • Pia Maria Nalli (1886-1964) matemática italiá.[166] Os seus intereses en matemáticas abarcan temas que van dende a xeometría alxébrica ata a análise funcional e a análise tensorial. Tivo que loitar contra a discriminación das mulleres no sistema de contratación na universidad italiá; unha rúa en Roma leva o seu nome. Foi conferenciante invitada no International Congress of Mathematicians de 1928.[167]
  • Maria Gramegna (1887-1915) matemática italiá.[168] Alumna de Giuseppe Peano, aplicou a teoría de matrices ao estudo das ecuacións diferenciais. Graduouse en Turín en 1910 e, poco despois, foise a ensinar á Escuela Normal de Avezzano (Provincia de L’Aquila, Italia).[169]
  • Inge Lehmann (1888-1993) matemática, sismóloga e inventora danesa.[170] Coñecida por ter realizado
    Agnes Meyer Driscoll
    as primeiras probas de magnitudes de sismos e as súas consecuencias.​​ Foi a descubridora da descontinuidade que separa o núcleo externo do núcleo interno -descuberta en 1936, demostrou que existía un límite entre o que hoxe coñecemos como o núcleo externo líquido e o núcleo interno sólido da Terra- que foi denominada "descontinuidade de Lehmann" na súa honra.​ Grazas ás ondas sísmicas producidas polos terremotos,
    Olive Clio Hazlett
    Lehmann publicou en 1936 o artigo científico titulado "P", confirmando a súa teoría. Durante toda a súa vida volcouse no mundo da xeofísica e, en 1971, gañou a William Bowie Medal, a máxima distinción da Unión Xeofísica Americana, sendo a primeira muller en recibir ese galardón.[171]
  • Agnes Meyer Driscoll (1889-1971) matemática, física e criptoanalista estadounidense.[172] En 1918, alistouse na Mariña e a asignaron á sección de "Códigos e Sinais" na Dirección de Comunicacións Navais. Especializouse en deseñar sistemas de cifrado e descifrou un gran número de sistemas navais nipóns. Ata 1949, traballou como criptógrafa da Armada, onde era coñecida como Madame X.[173]
    Euphemia Haynes
  • Julie Marie Vinter Hansen (1890-1960) astrónoma danesa.[174] Mentres estudaba na Universidade de Copenhague, en 1915, foi nomeada ‘calculadora’ no observatorio da Universidade. Máis tarde foi nomeada asistente do observatorio e, en 1922, observadora. Foi ampliamente recoñecida polos seus cálculos precisos de órbitas de planetas menores e cometas. Recibiu numerosos recoñecementos, en particular, o planeta menor 1544 Vinterhansenia, decuberto pola astrónoma Liisi Oterma nos anos 1940, leva o seu nome.[175]
  • Olive Clio Hazlett (1890-1974) matemática estadounidense.[176] Investigou principalmente en álxebra. Durante a Segunda Guerra Mundial traballou para o Comité de Análise Criptográfico da Sociedade Matemática Americana.[177]
  • Euphemia Lofton Haynes (1890-1980) matemática e educadora estadounidense.[178] Foi a primeira muller afroamericana en conseguir un doutoramento en matemáticas (a segunda foi Evelyn Boyd Granville): a defensa tivo lugar na Catholic University of America (1943), coa tese The Determination of Sets of Independent Conditions Characterizing Certain Special Cases of Symmetric Correspondences dirixida por Aubrey Landrey. Destacada activista en pro dos dereitos civís, loitou durante toda a súa vida contra a segregación nas escolas.[179]

1891-1895

  • Maud Worcester Makemson (1891-1977) astrónoma estadounidense. Especialista en arqueo-astronomía, dirixiu o Observatorio do Vassar College no período 1936-1957, sustituíndo a Caroline Furness. Interesouse pol coñecmento astronómico non occidental, tema sobre o que escribiu varias monografías como The Morning Star Rises: An Account of Polynesian Astronomy (1941), The Astronomical Toables of the Maya (1943), The Maya Correlation Problem (1946) o The Book of the Jaguar Priest (1951, unha tradución dun texto do século XVI). Nos anos 1960 traballou en selenografía e desenvolveu un sistema para que os astronautas sobre a Lúa ubicaran a súa posición con precisión.[180]
  • Hilda Geiringer (1893-1973) matemática norteamericana de orixe austríaca.[181] A súa vida resume os éxitos e frustracións das mulleres no mundo académico a principios do século XX. Pioneira en matemática aplicada, foi a primeira muller en recibir un nomeamento académico en matemáticas na Universidade de Berlín. Tras emigrar a EE.UU, so pudo optar a postos de traballo en centros universitarios para mulleres.[182]
  • Anna Margaret Mullikin (1893-1975) matemática norteamericana.[183] Foi a terceira estudante de tese de Robert Lee Moore, doutorándose en 1922 coa memoria titulada Certain Theorems Relating to Plane Connected Point Sets: que se publicou ese mesmo ano na revista Transactions of the American Mathematical Society, converténdose nun traballo de referencia no campo da topoloxía xeral. A súa carreira posterior desenvolveuse no ensino secundario, onde animaba a seu alumnado a aprender matemáticas.[184]
  • Cypra Cecilia Krieger-Dunaij (1894–1974) matemática canadense.[185] Foi a terceira persoa (e a primeira muller) en obter un doutoramento en matemáticas (1930) –On the summability of trigonometric series with localized parameters on Fourier constants and convergence factors of double Fourier series, dirixida por W.J. Webber– nunha
    Dorothy Maud Wrinch
    universidade en Canadá. Tamén foi a terceira muller que obtivo un doutoramento (en calquiera disciplina) no Canadá. O Premio Krieger-Nelson –outorgado anualmente poa Sociedade Matemática de Canadá dende o ano 1995– á investigación realizada por unha muller matemática, leva o seu nome e o de Evelyn Merle Nelson.[186]
  • Dorothy Maud Wrinch (1894-1976) matemática e bioquímica inglesa de orixe arxgentina.[187] Ao inicio da súa etapa investigadora, traballou en matemática pura, física matemática e  filosofía da ciencia. Máis adiante, dirixiu os seus intereses cara á bioloxía molecular, presentando un discutido modelo da estrutura das proteínas, que denominou hipótese do ciclol.[188]
  • Allie Vibert Douglas (1894-1988) astrónoma canadense.[189] Foi a primeira muller canadense en obter un doutoramento en astrofísica (1926).En colaboración co astrónomo John Stuart Foster, investigou o espectro das estrelas de tipo A e tipo B e o efecto Stark no Observatorio Astrofísico Dominion. En 1947 converteuse na primeira persoa canadense en presidir a Unión Astronómica Internacional. Un cráter irregular en Venus, a patera Vibert-Douglas, nomeouse así na súa honra. Tamén leva o seu nome o asteroide (3269) Vibert-Douglas.[190]
  • Maria Pastori. (1895-1975) matemática e física italiá.[191] Graduouse en matemáticas en 1920 coa máxima puntuación. A actividade científica de Pastori desenvolveuse principalmente durante a longa colaboración con Bruno Finzi en temas relacionados co análise tensorial. Durante a su carreira, Maria Pastori publicou máis de cen traballos que van dende análise tensoriais ata xeometría diferencial; dende a mecánica de corpos deformables continuos ata a teoría da propagación de ondas; e, novamente, do electromagnetismo á teoría da relatividade e a mecánica analítica.[192]

1896-1900

  • Sofia Aleksandrovna Janovskaja (1896-1966) matemática soviética.[193] Traballou na filosofía, lóxica e historia das matemáticas, realizando varias publicacións sobre a xeometría de René Descartes, as matemáticas exipcias e os paradoxos de Zenón de Elea.[194]
  • Priscilla Fairfield Bok (1896-1975) astrónoma estadounidense. Publicou numerosos artigos científicos sobre cúmulos de galaxias, magnitudes estelares e a estrutura da Vía Láctea. Debido a súa dedicación á divulgación da astronomía, o xornal The Boston Globe definiunos como "os vendedores da Vía Láctea". Seu libro A Vía Láctea (1941) foi "un dos textos astronómicos máis exitosos xamais escritos"”. O asteroide (2137) Priscilla nomeouse así no seu honor.[195]
  • Mary Lea Heger (1897-1983) astrónoma estadounidense.[196] Realizou importantes descubrimentos sobre o medio interestelar. Foi a descubridora, en 1922, das bandas difusas interestelares.[197] Fundou os arquivos do Observatorio Lick.[198]
  • Gertrude Blanch
    Gertrude Blanch (1897-1996) matemática estadounidense.[199] Pioneira en análise numérica e computación, en 1938, converteuse en directora técnica do Mathematical Tables Project, un equipo de persoas da axencia Works Progre Administration dedicadas á computación que calculaban táboas de funcións matemáticas. Publicou unha trintena de artigos sobre aproximación de funcións, análise numérica e funcións de Mathieu.[200]
  • Mary Taylor Slow (1898-1984) física e matemática británica.[201] Foi a primeira muller en traballar na teoría de propagación de ondas de radio, baixo a dirección do físico Edward Appleton. Defendeu a súa tese sobre ondas electromagnéticas na Universidade de Göttingen en 1926. Traballou tamén en ecuacións diferenciais, centrándose en particular, nas súas aplicaciónsá física.[202]
  • Marguerite Lehr (1898-1987) matemática norteamericana.[203] Impartiu docencia en varias universidades, estivo vinculada fundamentalmente ao Bryn Mawr College, no que se formou. Traballou en xeometría algébrica –a súa tese doutoral The Plane Quintic with Five Cusps, defendida en 1925, foi supervisada por Charlotte Angas Scott– e educación matemática. Produciu videos educativos en matemáticas e conduciu un curso televisado desta materia nos anos 1953 e 1954.[204]
  • Charlotte Moore Sitterly (1898-1990) astrónoma norteamericana.[205] As súas táboas de espectros atómicos e niveis de enerxía foron referencias esenciais en espectroscopía durante décadas. Unha das súas contribucións máis relevantes á física foi a identificación do tecnecio na luz solar, o primeiro exemplo de tecnecio natural. En 1990 gañou a Bruce Medal outorgada pola Astronomical Society of the Pacific.[206]
  • Odette Jasse (1899-1949) astrónoma francesa. A súa carreira científica e administrativa tivo lugar no Observatorio de Marsella. Observou planetas ananos e ocultacións da estrela Aldébaran pola Lúa, e fotografou cometas. Durante 24 anos foi tamén secretaria de redacción do Journal des Observateurs, unha publicación internacional fundada en Marsella en 1915 para substituír á revista alemá Astronomische Nachrichten. A partir de 1934, asumiu a administración do Observatorio de Marsella.[207]
  • Vera Fedorovna Gaze (1899-1954) astrónoma soviética.[208] Estudou nebulosas de emisión e planetas menores. Investigou o contido molecular dos isótopos de carbono nas estrelas e estudou a estrutura das nebulosas, intentando determinar o seu tamaño e o papel do po e o gas na súa formación. Descubriu cerca de 150 nebulosas de emisión rexistrando a súa luz na emisión vermella de H-alfa. Por tódalas súas aportacións, o planetoide 2388 Gase (descuberto en 1977) e o cráter Gaze de Venus levan o seu nome.[209]
  • Pelageya Polubarinova-Kochina (1899-1999) matemática soviética.[210] É coñecida polo seu traballo sobre mecánica de fluídos e hidrodinámica, e traballou tamén en Historia das matemáticas.[211]
  • Gertrude Mary Cox (1900-1978) matemática e estatística estadounidense.[212] En 1933, tras licenciarse en matemáticas e graduarse en estatística, comezou a colaborar con George Snedecor e a  investigar no deseño experimental, publicando xunto a William G. Cochran o libro Experimental Designs (1950). En 1940 foi elixida para dirixir o Departamento de Estatística Experimental na Facultade de
    Mary Lucy Cartwright
    Agricultura da Universidade de Carolina do Norte. En 1944 fundouse o Instituto de Estatística da Universidade de Carolina do Norte, con Cox como directora. Contratou a Harold Hotelling para dirixir o novo Departamento de Estatística Matemática en 1946, e en 1949 axudou a imprantar o Departamento de Bioestatística na Facultade de Saúde Pública.[213]
Ida Rhodes
  • Ida Rhodes (1900-1986) matemática estadounidense nada en Ucraína como Hadassah Itzkowitz.[214] A súa familia emigrou aos EE. UU. en 1913, e cambiuo o seu nome nese momento. Estudou matemáticas na Universidade de Cornell e uniuse en 1940 ao Proxecto de Táboas Matemáticas, onde traballou baixo a dirección de Gertrude Blanch, a súa mentora. Foi pioneira na análise de sistemas de programación, e a principios dos anos 1950, e xunto a Betty Holberton, deseñou a linguaxe de programación C-10 para a computadora UNIVAC I. Tamén deseñou a primeira computadora orixinal utilizada pola Administración do Seguro Social de EE. UU.[215]
  • Mary Lucy Cartwright (1900-1998) matemática británica.[216] Obtivo o seu doutoramento en 1930, baixo a dirección de Godfrey Harold Hardy. Leva o seu nome o teorema de Cartwright sobre máximos de funcións. Galardoada con numerosas distincións, foi a primeira muller matemática en ingresar na Royal Society (1947) e tamén a primeira muller en presidir a Sociedade Matemática de Londres (1961).[217]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos