NBA All-Star Weekend
O All Star Weekend da NBA (en inglés, Fin de Semana das Estrelas), é un acontecemento deportivo celebrado nos Estados Unidos, no que se reúnen os mellores xogadores de baloncesto da NBA.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f7/All_Star_NBA_Laslovarga_%281%29.jpg/250px-All_Star_NBA_Laslovarga_%281%29.jpg)
All-Star Game
- Artigo principal: NBA All-Star Game.
O All-Star Game da NBA (partido das estrelas) é un partido de baloncesto de enfronta aos mellores xogadores da NBA da Conferencia Leste contra os da Conferencia Oeste. O All-Star Game comezou no ano 1951 en Boston, onde se celebraron os tres primeiros partidos. Os derradeiros partidos e os seguintes sitúanse en:
- 2014: Smoothie King Center, Nova Orleáns (Luisiana)
- 2015: Madison Square Garden / Barclays Center, Nova York (Nova York)
- 2016: Air Canada Centre, Toronto (Ontario)
- 2017: Smoothie King Center, Nova Orleáns (Luisiana)
- 2018: Staples Center, Os Ánxeles (California)
- 2019: Spectrum Center, Charlotte (Carolina do Norte)
- 2020: United Center, Chicago (Illinois)
- 2021: Bankers Life Fieldhouse, Indianápolis (Indiana)
- 2022: Quicken Loans Arena, Cleveland (Ohio)
Eventos do All-Star Weekend
Venres
- NBA All-Star Weekend Celebrity Game: Faise dende 2004, e xogan xogadores da NBA retirados, xogadoras da WNBA, actores, músicos e atletas doutros deportes.
- Rookie Challenge: De 1995 a 1999, o evento foi chamado "Rookie Game", e se compoñía soamente de xogadores de primeiro ano. Dende o ano 2000, o partido enfronta aos xogadores de primeiro ano ('Rookies') contra os de segundo ano ('Sophomores').
- D-League Dream Factory Friday Night: Dende 2008, os eventos inclúen un concurso de mates, concurso de triplas, e competición de H-O-R-S-E.
Sábado
- D-League All-Star Game: Dende 2007, este partido reúne aos mellores xogadores da NBA Development League. O primeiro gañador foi o Leste cun marcador de 114-100. O D-League All-Star Game non se xoga no mesmo pavillón que o resto de eventos do sábado.
- Slam Dunk Contest: Esta competición amosa a creatividade e as habilidades atléticas dalgúns dos máis novos e mellores 'mateadores'. As regras específicas de cada concurso se deciden cada ano, pero a competición é sempre xulgada subxectivamente. Despois de cada mate, ou intento de mate, os xuíces danlle a cada competidor unha nota, como máximo 10, dando unha posibilidade dunha máxima puntuación de 50, ao ser cinco xuíces. As regras usuais de pasos ou dobres non se aplican.
- Three-Point Shootout: Os mellores triplistas de toda a liga lanzan cinco balóns dende cinco posicións diferentes ao redor da liña de tres puntos. Cada lanzamento anotado outorga un punto, excepto a última bola, que da dous puntos. A máxima puntuación posible nunha rolda son 30 puntos.
- Skills Challenge: Dende 2003, os xogadores seleccionados fan un circuíto de driblaxe, lanzamento e pase. A axilidade, a rapidez e a precisión son o factor máis importante para completar o circuíto no mínimo tempo posible.
- Shooting Stars Competition: Un ex xogador da NBA, un xogador actual e unha xogadora da WNBA, representan aos seus equipos nunha competición de tiro.
Domingo
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontGerardo Lorenzo GonzálezMaría JamardoXelucho Abella ChouciñoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISurFátima IglesiasSegunda guerra mundialHeroínas de SálvoraAWStatsAxuda:IntroduciónA illa das mentirasProne Lugo ADListenbourgRaquel AtanesWikipedia:Artigos de calidadeSecuenciación de proteínasEva Iglesias MiguénsJavier CasqueiroAxuda:Cambios relacionadosPosicións sexuaisProxyPasaporte iroquésEslovaquiaGaliciaColocación do pronome átono en galegoHerbas de san XoánWikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquiasLista de xentilicios de concellos galegosUxía Oviedop06skA CoruñaWikipedia:Advertencia xeralShinovaLista de castelos de Portugalfjra5