Ngerulmud

Ngerulmud é a sede do goberno da República de Palau, unha nación insular no océano Pacífico. Substituíu a Koror, a cidade máis grande de Palau, como capital en 2006. O asentamento está situado no estado de Melekeok en Babeldaob, a illa máis grande do país, situada a 20 km. ao nordés de Koror e 2 km. ao noroeste de Melekeok City.[1]

Modelo:Xeografía políticaNgerulmud
Imaxe

Localización
Mapa
 7°30′02″N 134°37′27″L / 7.5006, 134.6242134°37′27″L / 7.5006, 134.6242
EstadoPalau Editar o valor em Wikidata
Capital de
Palau (2006–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación271 Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor em Wikidata
Creación2006 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal96939 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Etimoloxía

Ngerulmud deriva do palauano que significa "lugar do peixe fermentado" ("mud" é o nome nativo para o Centropyge tibicen, o peixe anxó anano). Antes de ser elixida como a sede da nova capital, Ngerulmud foi o nome dado a un grande outeiro á vista do océano no que as mulleres se reunian comunalmente para ofrecer peixes anxos fermentados aos deuses.[2]

Historia

A anterior capital de Palau estaba situada provisionalmente en Koror. A constitución do país, ratificada en 1979, ordenou ao Congreso Nacional de Palau a establecer unha capital permanente en Babeldaob no prazo de dez anos desde a data de entrada en vigor da constitución.[3] A planificación da nova capital comezou en 1986, cando se asignou un contrato para a construción do complexo do capitolio a unha empresa de arquitectura con sede en Hawai, Architects Hawaii Ltd. (AHL), que anteriormente deseñara o complexo do capitolio dos Estados Federados de Micronesia, situado en Palikir. O progreso foi lento, xa que Palau carecía de enxeñeiros e arquitectos e a maior parte dos materiais de construción tiveron que importalos.[4]

Non se comezou a traballar ata principios dos anos 2000, cando Palau conseguiu un préstamo de 20 millóns de dólares de Taiwán como parte dos esforzos para mellorar as relacións entre os dous países e as relacións para asegurar o recoñecemento diplomático de Taiwán de Palau.[5] Que contén edificios separados para o Olbiil era Kelulau (lexislatura do país), e tamén as ramas xudicial e executiva, conectadas a través dunha praza central aberta, o complexo custou 45 millóns de dólares estadounidenses e foi inaugurado o 7 de outubro de 2006, ante máis de 5.000 persoas.[6] Os funcionarios gobernamentais trasladaron as súas oficinas desde Koror a Ngerulmud pouco despois.[7]

Un artigo de 2013 no The Wall Street Journal informou que o edificio do capitolio, que "inadeucado para o clima local", endeudara a Palau, e unha falla no sistema de ventilación causara unha infestación de mofo.[8] En abril de 2013, a oficina de correos de Ngerulmud pechou definitivamente, como parte das medidas de redución de custos postas en marcha polo director, Tommy Sinsak. Creárase en decembro de 2011, tras unha 'Olbiil era Kelulau' resolución, e era unha das dúas do país (a outra está en Koror). Durante os seus 16 meses operando, os gastos superaron os 30.000 dólares estadounidenses, mentres que os ingresos, principalmente por selos, foron inferiores aos 2.000 dólares.[9] Ngerulmud é o único asentamento en Palau que ten o seu propio código postal (96939), co resto do país usando 96940, o Servizo Postal dos Estados Unidos presta servizos a Palau como parte do Tratado de Libre Asociación cos Estados Unidos.[10]

En xullo de 2014, Ngerulmud acolleu a apertura oficial do 45º Foro das Illas do Pacífico. Non obstante, a maioría dos eventos no foro tiveron lugar en Koror, co retiro dos líderes en Peleliu.[11][12] En febreiro de 2016, Ngerulmud acolleu o 16º Cumio de Presidentes de Micronesia, ó que asistiron os presidentes de Palau, as Illas Marshall e os Estados Federados de Micronesia.[13]

Notas

Véxase tamén

🔥 Top keywords: