Lingua palauana

lingua malaio-polinesia

A lingua palauana[1] (a tekoi er a Belau) é unha das dúas linguas oficiais da República de Palau, sendo a outra o inglés. É membro da familia de linguas austronesias, e é unha das dúas linguas indíxenas en Micronesia que non é parte da póla oceánica da familia, sendo a outra o chamorro (véxase Dempwolff 1934, Blust 1977, Jackson 1986 e Zobel 2002). Moitos estudosos concordan que o palauano e o chamorro forman parte das linguas sunda–sulawesi da familia austronesia, malia que algúns consideran que o palauano posiblemente constitúa unha póla independente das linguas malaio-polinesias (Dyen 1965). A lingua palauana é amplamente empregada no día a día en Palau.

Palauano
a tekoi er a Belau
Falado en:Palau, Guam, Illas Marianas do Norte
Total de falantes:17 000 (2008)
Familia:Malaio-polinesio
 Malaio-polinesio nuclear
  Sunda–sulawesi
   Palauano
Escrita: Alfabeto latino, anteriormente katakana
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Palau Palau
Regulado por: Comisión da Lingua de Palau
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:pau
ISO 639-3: pau
Mapa
Status

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: