Ngultrum

Ngultrum
(Dzongkha)
Código:BTN
Ámbito: Bután
Símbolo:Nu.
Fracción:100 chhertum
Moedas:20, 25 e 50 chhertum e 1 ngultrum
Billetes:1, 5, 10, 20, 50, 100, 500, e 1000 ngultrum[1]
Emisor:Autoridade Monetaria Real
Taxa de troco:
3-04-2010
1 EUR = 60,628 BTN
1 USD = 44,895 BTN
Troco actual

O ngultrum (código BTN) (en dzongkha: དངུལ་ཀྲམ) é a moeda oficial de Bután dende 1974. Divídese en 100 chhertum.

Historia

En 1974, o ngultrum foi introducido substituíndo á rupia butanesa á par. O ngultrum ten a paridade fixada coa rupia india.

India asiste ao goberno butanés dende a década de 1960 no desenvolvemento económico do país. O ngultrum non se troca independentemente con outras moedas, mais é intercambiable coa rupia india.

Moedas

En 1974 introducíronse as moedas de aluminio de 5 e 10 chetrum, as de aluminio-bronce de 20 chetrums e cuproníquel de 25 chetrums e 1 ngultrum. A moeda de 5 chetrum foi cadrada e a de 10 chetrum ondulada. En 1979 introduciuse unha nova serie de 5 e 10 chhertum en bronce, e 25 e 50 chhertum e 1 ngultrum en cuproníquel. Tamén se acuñaron moedas de 25 chhertum en bronce-aluminio. As moedas de 5 e 10 chhertum hai tempo que deixaron de circular.

Billetes

En 1974 foron introducidos os billetes de 1, 5 e 10 ngultrum polo Goberno Real, seguidos dos billetes 100 ngultrums en 1978 e 2, 20 e 50 ngultrums en 1981. A Autoridade Monetaria Real de Bután asumiu as competencias de emisión de billetes en 1986. En 2006, a Autoridade Monetaria introduciu unha nova serie de billetes, incluíndo o de 1 ngultrum.[2]

Previous series [1] Arquivado 07 de agosto de 2007 en Wayback Machine.
ImaxeValorDimensiónsCorDescrición
AnversoReversoAnversoReversoMarca de auga
Nu.1AzulEscudo de armas, dous dragónsSimtokha Dzong"Royal Monetary Authority" nas marxes superior e inferior.
Nu.5130 × 62 mmLaranxaEscudo de armas, dous paxaros mitolóxicos (Bja Tshering, o paxaro da longa vida)Paro Rinpung Dzong
Nu.10140 × 70 mmVioletaEscudo de armas, Dungkar (cuncha) (un dos oito símbolos da boa sorte), Jigme Singye Wangchuck
Nu.20152 × 70 mmAmarelo e verdeEscudo de armas, Khorlo (roda de arma, un dos sete símbolos de auspicios), Jigme Dorji WangchuckPunakha Dzong
Nu.50155 × 70 mmPinkTrongsa Dzong, dous paxaros mitolóxicos Bja Tshering (paxaro da longa vida)
Nu.100161 × 70 mmGreenNorbu Rimpochhe (un dos sete símbolos de auspicios), Jigme Singye WangchuckTashichho DzongCrossed Dorji (Dorji jardrum)
Nu.500160 × 70 mmRedNorbu Rimpochhe rodeado por dous dragóns (un dos sete símbolos de auspicios), Ugyen WangchuckPunakha Dzong

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: