Nouméa

Nouméa é a principal cidade e capital administrativa do territorio de ultramar francés de Nova Caledonia. Atópase nunha península no sur da illa principal de Nova Caledonia, Grande Terre, e é o fogar da maioría da poboación europea da illa, polinesios ( Wallisiáns, Futuniáns, tahitianos), indonesios, e vietnamitas, tamén de moitos melanesios, Ni-Vanuatu e Kanakas que traballan nunha das cidades máis industrializada do Pacífico Sur. A cidade atópase nun porto protexido de augas profundas que serve como porto principal para Nova Caledonia.

Modelo:Xeografía políticaNouméa
Imaxe

Localización
Mapa
 22°16′00″S 166°27′00″L / -22.2667, 166.45166°27′00″L / -22.2667, 166.45
EstadoFrancia
Territorio dependenteNova Caledonia
Province of New Caledonia (en) TraducirSud (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación96.082 (2019) Editar o valor em Wikidata (2.102,45 hab./km²)
Xeografía
Superficie45,7 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude26 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJean Lèques
Sonia Lagarde (pt) Traducir (2020–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal98800 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Niza (1985–)
Gold Coast (pt) Traducir (1992–)
Taupo (pt) Traducir (1995–)
Papeete (2019–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webnoumea.nc Editar o valor em Wikidata
Youtube: UCiz5shOq1PA7KIcjlssF1hw Editar o valor em Wikidata

No censo de agosto de 2014, había 179.509 habitantes na área metropolitana da Gran Nouméa (francés: agglomération du Grand Nouméa), dos que 99.926 vivían na cidade ( comuna) de Nouméa propiamente.[1] O 66,8% da poboación de Nova Caledonia reside en Gran Nouméa, que abarca as comunas de Nouméa, Le Mont-Dore, Dumbéa e Païta.

Localización e características

Fontaine Célesteen Place des Cocotiers en Nouméa.

A cidade está situada nunha península da parte suroccidental da illa de Nova Caledonia.Tamén é a maior cidade francófona de Oceanía. A poboación rolda os 100.00 habitantes que tornan uns 146.000 contando todo o contorno urbano. A cidade caracterízase pola súa multietnicidade, podendo encontrar diversas etnias: a metade dos habitantes é de orixe caldoque, pero tamén conta cunha forte proporción de orixe kanaka, asiáticos e polinesios.

Historia

O primeiro europeo en establecer un asentamento nas inmediacións foi o comerciante británico James Paddon en 1851. Ansioso de afirmar o control da illa, os franceses estableceron un asentamento nas proximidades tres anos despois en 1854, trasladándose desde Balade no norte da illa. Este asentamento chamouse inicialmente Port-de-France e pasou a chamarse Nouméa en 1866. A zona serviu primeiro como colonia penal, despois como centro para a exportación do níquel e ouro que extraíase nas proximidades.

Entre 1904 e 1940 Nouméa estivo ligada a Dumbéa e a Païta pola vía ferroviaria Nouméa-Païta, a única liña ferroviaria que existiu en Nova Caledonia.

Durante a segunda guerra mundial, Nouméa actuou como sede do exército dos Estados Unidos no Pacífico Sur. O complexo de cinco lados da sede militar dos Estados Unidos adoptouse despois da guerra como base dunha nova organización rexional de desenvolvemento intergubernamental: a Comisión do Pacífico Sur, máis tarde coñecida como Secretaría da Comunidade Pacífica, e máis tarde aínda como Comunidade do Pacífico.

A cidade mantén gran parte da mestura única de Nova Caledonia coa cultura francesa e antiga cultura melanesia. Aínda hoxe perdura a influencia militar de guerra dos Estados Unidos, tanto co calor que moitos neo-caledoneses senten cara aos Estados Unidos despois de experimentar a relativa amabilidade dos soldados americanos como cos nomes de varios dos barrios de Nouméa. Distritos como "Receiving" e "Robinson", ou mesmo "Motor Pool", golpean o oído angloparlarte, ata que o contexto histórico queda claro.

Demografía

Unha muller nun mercado de Nouméa

A zona urbana da Gran Nouméa (francés: agglomération du Grand Nouméa ) tiña no censo de agosto de 2014 unha poboación total de 179.509 habitantes, 99.926 dos cales vivían na comuna de Nouméa propiamente.[1]

A área urbana de Gran Nouméa está composta por catro comunas:

  • Nouméa (99.926 hab.)
  • Dumbéa (31.812 hab.), ao noroeste de Nouméa
  • Le Mont-Dore (27.155 hab.), ao nordés de Nouméa
  • Païta (20.616 hab.), un arrabalde ao oeste de Dumbéa e o sitio do Aeroporto Internacional La Tontouta

Poboación histórica

195619631969197619831989199620092014
Nouméa (comuna)22,23534,99041,85356,07860,11265,11076,29397,57999,926
Gran Nouméa25,20439,99650,48874,33585,09897,581118,823163,723179,509
Cifras oficiais dos censos de poboación.[1][2]

Crecemento medio da poboación da área urbana do Gran Nouméa:

  • 1956-1963: +2.310 persoas ao ano (+ 7,5% ao ano)
  • 1963-1969: +1.791 persoas ao ano (+ 4,1% ao ano)
  • 1969-1976: +3.349 persoas ao ano (+ 5,6% ao ano)
  • 1976-1983: +1.543 persoas ao ano (+ 2,0% ao ano)
  • 1983-1989: +2.091 persoas ao ano (+ 2,3% ao ano)
  • 1989-1996: +3.020 persoas ao ano (+ 2,8% ao ano)
  • 1996-2009: +3.382 persoas ao ano (+ 2,4% ao ano)
  • 2009-2014: +3.106 persoas ao ano (+ 1,8% ao ano)

Migracións

Os lugares de nacemento dos 179.509 residentes na zona urbana da Gran Nouméa no censo de 2014 eran os seguintes: [3]O 66,7% naceu en Nova Caledonia

Comunidades étnicas

As comunidades étnicas autodeclaradas dos 179.509 residentes na área urbana da Gran Nouméa no censo de 2014 foron as seguintes: [3]

  • 34´5% europeos
  • 23´4% kanakas (orixinarios melanesios habitantes de Nova Caledonia)
  • 11´5% Wallisiáns e Futuniáns
  • 10´0% etnia mixta
  • 20´5% outras comunidades (este grupo inclúe en particular aos brancos de Nova Caledonia que se negaron a autoidentificarse como "europeos")

Linguas

No censo de 2009, o 98´7% da poboación na área urbana da Gran Nouméa cuxa idade era de 15 anos ou máis declararon que podían falar francés. O 97´1% declarou que tamén o podía leelo e escribilo. Só o 1´3% da poboación cuxa idade era de 15 anos ou máis non sabía o francés.[4]

No mesmo censo, o 20´8% da poboación na área urbana do Gran Nouméa cuxa idade era de 15 anos ou máis declarou que podía falar polo menos unha das linguas kanaka. O 4,3% declarou que podía entender unha lingua kanaka pero non falala. O 74´9% da poboación cuxa idade era de 15 anos ou máis non tiña coñecemento de ningunha lingua Kanaka.[5]

Cidades irmandadas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas


🔥 Top keywords: