Oito

número natural
8
CardinalOito
Ordinaloitavo
Propiedades matemáticas
Factorización23
Función totienteφ(8) = 4
Número de divisoresτ(8) = 4
Suma dos divisoresσ(8) = 15
Conta de primosπ(8) = 4
Función de Möbiusμ(8) = 0
Función de Mertens‘‘M’‘(8) = -2
Outros sistemas de numeración
Sistema binario

1000

Sistema octal10
Sistema duodecimal8
Sistema hexadecimal8
Numeración romanaVIII
Numeración exipcia
Z1 Z1 Z1
Z1 Z1 Z1
Z1 Z1
Numeración gregaΠIII
Numeración xónicaη'
Numeración chinesa
Numeración hebraica
Numeración armeniaԸ
Numeración Āryabhaṭa
Numeración maia
Lista de números

0 1 2 3 4 5 6 7 8 9
0 10 20 30 40 50 60 70 80 90

O oito (8) é o cardinal posterior ao sete e anterior ao nove. É o quinto número par, sendo o anterior o seis e o seguinte o dez. Trátase do primeiro número cúbico.

Etimoloxía

Procede do latín octo.

  • A forma neolóxica dá lugar a numerosas palabras como octaédrico, octaedro, octanaxe, octano, octante, octaviano, octeto, octocoraliarios, octogonal, octógono, octópodos, octosilábico, octosílabo, octoxenario, octoxésimo e óctuplo.
  • A forma patrimonial dá lugar a numerosas palabras como oitava, oitavado, oitavar, oitavino, oitavo, oitenta, oitentón, oitocentista e oitocentos.

Evolución da grafía

  • O oito é 8 en algarismo arábico e VIII en algarismo romano.

Familia léxica

  • Octoxenario: persoa de oitenta a oitenta e nove anos.
  • Octoxésimo: ordinal e partitivo de oitenta (80º e 1/80).
  • Óctuplo: múltiplo de oito, oito veces maior.
  • Oitavo: ordinal e partitivo de oito (8º e 1/8).
  • Oitenta: dez veces oito (80).
  • Oitentón: persoa de idade aproximada de oitenta a oitenta e nove anos.
  • Oitocentos: cen veces oito (800).

Unidades de medida

Indicadores en millas da estrada I-295 north en Rhode Island

No sistema anglosaxón de medicións:

  • hai 8 onzas nunha cunca
  • 8 pintas nun galón
  • 8 furlongs nunha milla
  • aproximadamente 8 chiscos nunha culleriña

Xeometría

  • O octaedro é un volume de oito faces planas.
  • O octógono é unha figura plana de oito bordos e oito vértices.
  • Un obxecto oitavado ten oito bordos ou faces.

Literatura

Divino sainete de Curros, publicado en 1888.

Numeroloxía

  • Número activo: calcúlase a partir das letras do nome de pila, 8 indica enerxía e perseveranza.
  • Número herdado: calcúlase a partir das letras dos apelidos, 8 indica vontade.
  • Ano persoal: calcúlase a partir da data de nacemento, 8 é un ano que se inicia con dificultades económicas e sentimentais.

Maxia

  • O cadro máxico de Mercurio ten oito casas.
  • Empréganse oito candeas brancas para os rituais de protección xeral.

Xeografía

Bandeira de Andalucía.

Literatura

  • Un verso de arte menor é aquel con oito ou menos sílabas.
  • Un verso de arte maior é aquel máis de oito sílabas.
  • Unha oitava ou unha copla de arte maior teñen oito versos.
  • Un verso de oito sílabas é un octosílabo.

Música

  • Número de notas dunha oitava.
  • A ocarina é un pequeno instrumento de vento, feito de cerámica, sen chaves e xeralmente con oito orificios para os dedos.
  • Un grupo de oito músicos é un octeto.
  • Un oitavino é unha frautiña coa escala nunha oitava para cima dos sons correspondentes á frauta.

Historia

Henrique VIII, rei de Inglaterra (14911547).
  • Compartiron o refuxio con outras catro persoas, en total eran oito os ocupantes da “Casa de Atrás” con Anne Frank.
  • Oito reis de Inglaterra chamáronse Henrique.
  • Xoán IV Láscaris tiña só oito anos cando foi nomeado emperador do Imperio de Nicea en 1258, á morte do seu pai Teodoro II Láscaris.
  • Oitocentista é o relativo ao anos mil oitocentos (século XIX).

Deporte

  • No xadrez, cada lado ten oito casas.
  • Oito son os equipos que chegan aos cuartos de final dunha competición. 16 os que chegan aos oitavos de final.

Relixión

Budismo

Unha roda con oito radios é o símbolo do Budismo.

Celtismo

Son oito as festividades solares anuais:

Cristianismo

Biblia pauperum.
  • O oito é amentado 80 veces na Biblia.
  • Cando a terra foi cuberta polo Diluvio, Noé foi o "oitavo" en baixar a terra co fin de iniciar unha nova orde de cousas.
  • O oito representa o primeiro dun novo período, a resurrección.
  • A Biblia contén o rexistro de oito resurreccións individuais, ademais de Cristo e dos santos.
  • Oito papas con nome de Alexandre.
  • Oito santos Simión.

Ioga

  • Oito son os pasos da disciplina do ioga Pantajali.

Masonería

Oito principios fundamentais da masonería regular.

Xudaísmo

Kipá e menorá (Colección de Harry S. Truman)
  • Aos oito días de nacer, realízase a circuncisión aos nenos xudeus.
  • Tradicionalmente sostense que a gran menorá (candelabro) do Templo de Xerusalén estivo aceso durante oito días, a pesar de que non había aceite dabondo para que isto sucedese.

I-Ching

Os oito trigramas do I-Ching son:

  • Ch'ien: o creativo: o ceo.
  • Chen: o sucitativo: o trono.
  • K'an: o abismal: a auga.
  • Ken: o aquietamento: a montaña.
  • K'un: o receptivo: a terra.
  • Sun: o suave: o vento.
  • Li: o adherente: a chama.
  • Tui: o sereno: o lago.

Natureza

Polbo Galego.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Blaschke, J. (2006) Enciclopedia de las creencias y religiones. Barcelona: Ed. Robinbook. (en castelán)
  • Chen, C. (2005) El número 8, en Revista Aguas Vivas, nº 32, marzo- abril. (en castelán)
  • Libau, K. (2003) Numerología: Guía práctica. México: Selector. (en castelán)
🔥 Top keywords: