Osetia do Sur

Osetia do Sur,[1] ás veces tamén escrita como Ossetia do Sur,[2] (oseto: Республикæ Хуссар Ирыстон, Respublikae Xussar Iryston; ruso: Республика Южная Осетия, Respublika Yuzhnaya Osetiya; xeorxiano: სამხრეთი ოსეთი, Samkhreti Oseti o máis xusto ცხინვალის მხარე tskhinvalis mkhare) é unha república independente de facto dentro de Xeorxia. Malia que declarou a súa independencia tras un referendo o 12 de decembro de 2006 (co 99% de votos a prol da independencia), a súa separación de Xeorxia non foi recoñecida polo outro país. Xeorxia négase a recoñecer a Osetia do sur como unha entidade distinta; o goberno chámaa polo antigo nome de Samachlabo ou, máis recentemente, a rexión de Tskhinvali (pola capital da república). Osetia do Sur foi parte da rexión xeorxiá de Shida Kartli.

Modelo:Xeografía políticaOsetia do Sur
Хуссар Ирыстон (os)
Республика Южная Осетия (ru)
სამხრეთ ოსეთის რესპუბლიკა (ka)
Государство Алания (ru) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoHimno de Ossetia do Sur Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°13′30″N 43°58′12″L / 42.225, 43.9743°58′12″L / 42.225, 43.97
Territorio reivindicado porXeorxia Editar o valor em Wikidata
CapitalTskhinvali Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación53.532 (2015) Editar o valor em Wikidata (13,73 hab./km²)
Lingua oficiallingua rusa
Lingua oseta
lingua xeorxiana (lingua minoritaria) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie3.900 km² Editar o valor em Wikidata
Auga0 % Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoChanchakhi (en) Traducir (4.462 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación20 de setembro de 1990 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
Organización política
Forma de gobernopresidencialismo Editar o valor em Wikidata
• Presidente da República Editar o valor em WikidataAlan Gagloyev (pt) Traducir (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGoverno da Ossétia do Sul (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Primeiro-Ministro da Ossétia (pt) Traducir Editar o valor em WikidataKonstantin Dzhussoev (pt) Traducir (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParliament of South Ossetia (en) Traducir , (Escano: 34) Editar o valor em Wikidata
Membro de
MoedaRublo ruso Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico+7 9971, +7 9976, +7 99744 e +7 995344 Editar o valor em Wikidata

Historia

Conflito de 2008

Tras meses de tensións[3], o goberno de Xeorxia, desexoso de rematar co separatismo nas repúblicas independentes de facto de Osetia do Sur e Abkhazia para facilitar a súa entrada na OTAN, ordenou na noite do 7 de agosto ó 18 unha ofensiva en territorio oseto.

Xeorxia atacou Tskhinvali e varias localidades circundantes con sistemas múltiples de lanzamento de foguetes BM-21 "Grad", tanques e avións de combate. Osetia do Sur denunciou unha limpeza étnica mentres que os xeorxianos non deixaron actuar as ambulancias. Un convoi con axuda humanitaria foi bombardeado[4]. Xeorxia mobilizou ós seus reservistas[5]. Pola súa banda, o líder abkhazio Sergei Bagapsh dixo que voluntarios procedentes de Abkhazia ían de camiño para axudar ós osetos do sur, mentres que algunhas unidades da armada avanzaron cara a zona limítrofe con Xeorxia[6]. Na ofensiva calcúlanse os mortos por miles: fontes osetas cifran en 1.600 os civís asasinados (Xeorxia baixa o número a 100)[7], mentres que 15 membros das forzas de paz rusas foron asasinados e 70 foron feridos[8].

O 8 de agosto Rusia enviou tropas a Osetia do Sur. Xeorxia afirma que as súas bases militares foron atacadas por avións militares rusos, mentres que o presidente Mikhail Saakashvili dicía que as súas tropas mantiñan o control da capital, Tskhinvali. Pola súa banda os osetos afirmaban ter o control da cidade[9].

O 9 de agosto prodúcese unha escalada nos combates, e o Parlamento xeorxiano declara o estado de guerra.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: