Pacifismo

O pacifismo é a oposición á guerra e a outras formas de violencia expresadas a través dun movemento político, relixioso, ou como unha ideoloxía específica.

Mahatma Gandhi, representante ilustre do Pacifismo moderno.

Clasificación

Xeralmente recoñécense dous tipos de pacifismos:

  • O pacifismo absoluto ou radical: rexeita a violencia en calquera das súas formas, considerando que todo acto violento xera máis violencia, sendo contraproducente o seu uso.
  • O pacifismo relativo ou moderado: rexeita en principio o uso da forza, pero a admite para defenderse de ameazas estremas.

Medios

Algúns dos medios dos que se vale o pacifismo na procura dos seus fins son:

Orixes

A aparición do pacifismo remóntase a cando os primeiros cristiáns se negaron a tomar armas e exercer a violencia, para o que utilizaron unha frase do Sermón da montaña: "Non resistades ó mal coa forza".

O pacifismo comezou a ser definido a partir do século XVIII por numerosas personalidades:

  • Leibniz, ademais de filósofo foi matemático, historiador, teólogo e diplomático. Percorreu toda Europa establecendo contactos con moita xente distinta. Isto fíxoo para intentar conseguir o entendemento e a comprensión, xa que o seu propósito era crear unha lingua exacta e universal.
  • Rousseau (1712-1778), filósofo e escritor francés, destacou por atacar ó goberno, ó sistema de ensino e á Igrexa Católica. Durante a Revolución Francesa pretendeu conseguir liberdades individuais e dereitos humanos.
  • Bentham (1748-1832), xurista e economista inglés, ideou que o ben era pracer e o mal era dor. Intentou crear un sistema moral no que cada persoa escollese o pracer que máis felicidade lle dese, segundo o seu interese, conseguindo así o beneficio dos demais.
  • Saint-Simon (1760-1825) era un sociólogo francés que creou un sistema industrial no que os cristiáns intentaban mellorar a situación dos pobres a través de métodos non violentos.

O pacifismo moderno

Pero os impulsos ó pacifismo máis fortes e importantes foron os dalgúns os seus defensores, como Mahatma Gandhi, Martin Luther King e Óscar Romero. Estas persoas, ademais de escribir sobre o pacifismo, levárono á práctica:

  • Gandhi (1869-1948) foi un avogado e político indio que loitou pola independencia da India polos seus propios métodos, como o xaxún limitado e a intercepción de trens por unha multitude sen armas que se tendía ó longo das vías. Como adaíl do nacionalismo indio, predicou a paz de diversos xeitos, e foi encarcerado por iso varias veces. Unha vez posto en liberdade, sufriu varios atentados e asasinouno un fanático hindú en Delhi (India). As súas cinzas foron lanzadas ó río Ganxes.
  • Martin Luther King (1929-1968) foi un dirixente negro estadounidense que defendeu a non-violencia e loitou contra a discriminación racial. Conseguiu o Premio Nobel da Paz en 1964. Morreu asasinado en Memphis (Tennessee, EUA).
  • Óscar Romero (1917-1980) foi un arcebispo do Salvador inimigo da violencia que exercían a estrema dereita nacionalista e o exército. Defendeu ós oprimidos e foi asasinado durante unha misa.

Tamén foron importantes as protestas contra a guerra de Vietnam en Estados Unidos, e os movementos en favor do desarme nuclear durante a guerra fría.

Número de manifestantes nas protestas
do 15 de febreiro de 2003 contra a invasión a Iraq
Roma2.000.000
Londres750.000
Barcelona700.000
Madrid660.000
Berlín≥500.000
Zaragoza300.000
Sydney250.000†
Sevilla≥200.000
Damasco200.000
Málaga150.000
Granada150.000
Montreal150.000
Melbourne150.000†
París100.000
Vigo100.000
Oviedo100.000
Dublín100.000
Os Ánxeles100.000
Nova York90.000
Glasgow80.000
Córdoba75.000
San Francisco65.000†
Alacant60.000
Oslo60.000
Buenos Aires60.000
Seattle60.000
Bruxelas50.000
Atenas50.000
Montevideo50.000
Valladolid50.000
Berna40.000
São Paulo (un dato)35.000
Estocolmo35.000
Xirona30.000
Cádiz30.000
Belfast30.000
Santander30.000
Copenhaguen25.000
Elx20.000
Gotemborg20.000
Newcastle20.000
Vancúver20.000
Helsinqui15.000
Perth15.000
Viena15.000
Alxeciras15.000
Luxemburgo14.000
México, D.F.13.000
Trondheim11.000
Canberra10.000
Calcuta10.000
Tesalónica10.000
Toronto10.000
Ámsterdan10.000
Auckland10.000
Austin10.000
Beirut10.000
Cidade do Cabo10.000
Xohanesburgo10.000
Porto10.000
Leipzig10.000
Filadelfia10.000
São Paulo (un dato)10.000
Zagreb10.000
Wellington6.000
Ávila5.000
Istambul5.000
Malmö5.000
Lismore5.000
Toquio5.000
Liubliana5.000
Eugene4.000
Colorado Springs4.000
Reiquiavik4.000
Bangkok3.000
Byron Bay3.000
Quebec3.000
Tel Aviv3.000
Sarasota2.500
Bellingen2.500
Otava2.000
Manila2.000
Kíiv2.000
Christchurch2.000
Dacca2.000
Sofía2.000
Varsovia2.000
Chicoutimi1.500
Kuala Lumpur1.500
Dunedin1.500
Flagstaff1.000
Hong Kong1.000
Knoxville650
Nova Orleáns500
Akureyri500
Chipre500
Maribor500
Quito350
Poznań300
Lima300
Moscova300
San Salvador250
Srinagar100
Mostar100
Whanganui70
Tallinn60
Almaty50
McMurdo Station50
Tauranga10
(Total)≥10.430.590
†: 14 o 16 de febreiro
Fonte: The Globe and Mail e outros

Contexto actual

A guerra de Iraq serviu como detonante para revitalizar un movemento que levaba tempo fóra das portadas. As manifestacións mundiais contra a guerra foron convocadas simultaneamente en todo o mundo, sendo as primeiras convocatorias de carácter realmente global da historia. As manifestacións foron especialmente relevantes nos países comprometidos coa invasión (Australia, Estados Unidos, España, Gran Bretaña, Portugal, Polonia, Italia). Estas foron as primeiras manifestacións convocadas por Internet e SMS, e mostrouse a efectividade dos novos medios, xa que a protesta mundial (ou marcha pola paz) comezouse a organizar só un mes antes da súa realización. As circunstancias locais permitiron a súa permanencia no tempo, sobre todo en Gran Bretaña, Estados Unidos, España e Italia, onde puideron servir de bandeira de enganche contra os Gobernos no poder, contribuíndo así ó envorco electoral en España e Italia.

O lema universalmente adoptado foi Non á guerra.

O 15 de febreiro de 2003 tivo lugar a maior das manifestacións, conseguíndose a maior mobilización mundial na Historia. Millóns de persoas saíron ás rúas en moitas cidades, encabezadas por Roma con 2 millóns de manifestantes (ver táboa). Cabe destacar o baile de cifras, en canto ao número de manifestantes nas principais cidades dos países cuxos gobernos apoiaron a invasión. Foi moi grande a diferenza entre os datos oficiais dados polas administracións e as dadas polos convocadores; cada un defendendo os seus intereses. Un claro exemplo é Madrid, onde parece claro que o número de manifestantes foi moi superior ós 660.000 oficiais, aínda que tamén é moi posible que non chegasen ós 2 millóns de persoas segundo os convocadores, sendo unha cifra intermedia o dato real. A táboa adxunta mostra os datos oficiais das cidades que reuniron a un maior número de persoas, entre as que se atopa Vigo como única representante galega na lista.

De forma concomitante ó gran movemento creado á calor da guerra global contra o terrorismo, no movemento pacifista actual existen dúas grandes correntes.

  • Grupos de pacifismo reformista que tratan de ignorar as contradicións sociais e predican a paz entre todos por sobre todas as cousas de xeito moi pouco crítica. Aquí sitúanse grupos chamados pacifismo conservacionista, pacifistas cidadáns, mobilizacións polo civismo etc.
  • Doutra banda están os grupos que cren na acción non violenta para o realizar cambios radicais (ata revolucións) e para enfrontar os conflitos tomaron os termos activista non violento, pacifista militante etc, para recalcar a necesidade da acción, a realidade dos conflitos sociais e a postura de enfrontamento contra estruturas autoritarias dun xeito radical, levando a cabo acciones que poden incluír o boicot e a sabotaxe pero non a agresión a persoas, menos aínda de xeito mortal. Entre estes sitúanse os antimilitaristas e os anarcopacifistas por exemplo.

Lista de grandes pacifistas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: