Pakistan International Airlines

Pakistan International Airlines (urdú: پاکستان انٹرنیشنل ایئر لائنز‬‎), comunmente referida coa abreviación PIA (urdú: پی‌آئی‌اے‬‎), é a aeroliña nacional de Paquistán. O seu principal centro de conexións está en Karachi e ten centros de conexións secundarios en Lahore e Islamabad.

Pakistan International Airlines
IATA
PK
OACI
PIA
Indicativo
PAKISTAN
Fundación23 de outubro de 1946 (como Orient Airways)
Aeroporto principalaeroporto internacional Jinnah
Plan de voo frecuentePIA Awards Plus+
Frota33
Destinos52
HoldingGoberno de Paquistán
Eslogan da compañíaWe fly at the right attitude
Sede
Páxina web: http://www.piac.com.pk

A aeroliña fundouse o 23 de outubro de 1946 como Orient Airways, inicialmente estivo baseada en Calcuta, na India Británica, antes de pasar as súas operacións a Paquistán, que acababa de independizarse, en 1947. No ano 1955 foi nacionalizada e renomeada Pakistan International Airlines. Ese mesmo ano iniciou os seus servizos internacionais cara Londres e Roma. PIA foi a primeira aeroliña asiática en operar o Lockheed Super Constellation, e foi a primeira compañía non comunista en voar a China. PIA foi a segunda aeroliña asiática en introducir o Boeing 707. No ano 2004 converteuse no cliente de lanzamento do Boeing 777-200LR.[1]

PIA é a aeroliña máis grande do país e opera unha frota de máis de 30 avións.[2] A compañía opera voos regulares a 22 destinos domésticos e 28 internacionais en Asia, Europa, Oriente Medio e Norteamérica.

Frota

Boeing 777-300ER
ATR 42 e Airbus A310-300

En decembro de 2017 a frota de Pakistan International Airlines está formada polos seguintes avións:[2][3]

Frota de Pakistan International Airlines
AviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotas
CY+YTotal
Airbus A320-200113[4]81501583 pintados coa librea dos 60
180180
ATR 42-5005103848
ATR 72-5005125870
Boeing 777-200ER335542403291 pinta coa librea dos anos 60
22554240319
13545240320
Boeing 777-200LR23560215310Cliente de lanzamento
Boeing 777-300ER35[5]3554304393
11840384442
Total338

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: