Palmeira de abano

especie de palmeira
Palmeira de abano

Palmeira de abano semicultivada
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Magnoliophyta
Clase:Liliopsida
Orde:Arecales
Familia:Arecaceae
Subfamilia:Coryphoideae
Tribo:Corypheae
Subtribo:Thrinacinae
Xénero:Trachycarpus
Especie:T. fortunei
Nome binomial
'Trachycarpus fortunei'
(Hook.) H.Wendl.

A palmeira de abano[1] (Trachycarpus fortunei) é unha especie da familia das Arecaceae (palmeiras) orixinaria da China central e oriental, mais con fins ornamentais en todas as zonas temperadas, cunha alta presenza nos países mediterráneos, pola súa boa resistencia ao frío e ás altas temperaturas. É común atopala en xardíns costeiros de Galiza.

Detalle da folla.
Froitos maduros soltos.

Descrición

O toro acada até 12 m de altura, e fica recuberto (total ou só a parte superior) polas vaíñas das follas caídas, o que lle dá un aspecto "peludo"). As follas son palmadas, cun limbo duns 50 cm de longo por 75 de largo, con pecíolos coas marxes serradas e un pouco máis longos ca o limbo.[2]

Distínguese de xeito doado da palmeira anana (Chamaerops humilis), que é unha palmeira mediterránea, tamén pequena e plantada a miúdo nos xardíns, en que a palmeira anana ten o pecíolo máis longo (até o triplo do limbo) e espiñento.[2] Ademais, non acada tanta altura como a palmeira de abano senón que como moito fica nuns cinco metros.

Taxonomía

Trachycarpus fortunei foi descrita primeiro por William Jackson Hooker coma Chamaerops fortunei e despois atribuída ao xénero Trachycarpus por Hermann Wendland e publicada en Bulletin de la Société Botanique de France, 8, p. 429 en 1861.[3]

Etimoloxía

Trachycarpus: nome xenérico que deriva das verbas gregas: trachus = "áspero" e karpos = "froita", en referencia á froita de forma irregular.[4]

fortunei: epíteto outorgado en honra de Robert Fortune, botanista que introduciu a planta do té na India.

Sinonimia
  • Chamaerops fortunei Hook., Bot. Mag. 86: t. 5221 (1860).
  • Trachycarpus caespitosus Becc., Bull. Soc. Tosc. Ortic., III, 20: 164 (1915).
  • Trachycarpus wagnerianus Becc., Webbia 5: 70 (1921).[5]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Beccari, Odoardo: 1905 "Le Palme del Genere Trachycarpus", Webbia; I
  • Beccari, Odoardo: 1920 "Recens Palme Vecchio Mondo", Webbia; V
  • Beccari, Odoardo: 1931 "Asiatic Palms, Corypheae", Annals of the Royal Bot. Gard. Calcutta; 13
  • Martius, Carl Friedrich Philipp von: 1850 Historia Naturalis Palmarum, Band 3
  • Stührk, Chris: 2006 "Molekularsystematische Studien in der Subtribus Thrinacinae, mit besonderer Berücksichtigung der Gattung Trachycarpus H. Wendl". (Arecaceae)
🔥 Top keywords: