Parque zoolóxico

instalación na que se exhiben animais

Un parque zoolóxico, xardín zoolóxico ou zoo é unha instalación na que diferentes animais están expostos ó público no interior de recintos. Estas instalacións xogan un papel importante tanto na educación e conservación como no estudo do comportamento animal. Moitos zoolóxicos modernos esfórzanse por recrear os hábitats naturais dos animais para o seu benestar e para proporcionar unha experiencia máis auténtica aos visitantes.[1] Porén, tamén se ten criticado algúns casos onde prima o rol como espectáculo sobre o benestar animal e a investigación.[2]

Entrada do zoolóxico de São Paulo.

Historia

A historia dos zoos comeza na antigüidade, cando os emperadores recibían animais exóticos como agasallos diplomáticos.[3] No século XVI, menageries como a de Guillermo o Conquistador foron as predecesoras dos zoos modernos, acumulando unha variedade de especies.[4]

No século XVIII, as coleccións privadas comezaron a abrirse ao público, marcando a transición para os 'xardíns zoolóxicos'.[5] O Zoo de Londres, fundado en 1828, foi un dos primeiros establecidos exclusivamente para a investigación científica.[6][7] En 1831, fundouse o Zoo de Dublín para o estudo médico de animais vivos e mortos. O primeiro zoo construído nos Estados Unidos foi o de Central Park en 1860, seguido polo Zoo de Filadelfia en 1874.

Na Península Ibérica

O primeiro zoolóxico da Península Ibérica, é xeralmente recoñecido que é o Parque Zoolóxico do Barcelona, comunmente chamado Zoo de Barcelona. Foi inaugurado en 1892 no parque da Ciutadella, que foi o sitio da Exposición Universal de 1888.

Zoolóxicos en Galicia

En Galicia pódense atopar os seguintes parques zoolóxicos:

O primeiro zoolóxico de Galicia foi o VigoZoo, inaugurado en 1970, e a súa orixe remóntase a unha colección zoolóxica que comezou en 1941.

Notas

Véxase tamén


 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

🔥 Top keywords: