Socialismo democrático

O socialismo democrático, ou democracia socialista, é unha variante do marxismo que rexeita os métodos autoritarios de transición do capitalismo ao socialismo en favor dos movementos de base co obxectivo da creación inmediata de descentralización e democracia económica. O termo é de uso frecuente polos socialistas para clarificar que a súa posición é tanto o socialismo como a democracia. Os socialistas democráticos están a favor xa sexa de transición electoral ao socialismo ou a revolución espontánea das masas desde abaixo para distinguirse dos socialistas autoritarios que requiren un estado de partido único, a posición do marxismo-leninismo.

Salvador Allende, presidente da República de Chile entre 1970 e 1973. Foi o primeiro socialista electo democraticamente.

Gobernos socialistas democráticos

Entre os países que tiveron ou teñen gobernos socialistas democráticos destacan na táboa seguinte:

Nome do gobernante (Período)PaísAfiliación política
Lázaro Cárdenas del Río (1936-1940)[1] MéxicoPartido da Revolución Mexicana
Clement Attlee (1945-1951) Reino UnidoPartido Laborista británico
Jawaharlal Nehru (1947-1964)[2] IndiaCongreso Nacional Indio
Jacobo Árbenz (1951-1954)[3] GuatemalaAlianza dos partidos Renovación Nacional, Acción Revolucionaria e o partido Integración Nacional
João Goulart (1961-1964)[4] BrasilPartido Trabalhista Brasileiro
Giuseppe Saragat (1964-1971)[5] ItaliaPartido Socialista Democrático Italiano
Olof Palme (1969-1976)[6] SueciaPartido Socialdemócrata Sueco
Salvador Allende (1970-1973)[7] ChileUnidad Popular
Francois Mitterand (1981-1995)[8] FranciaPartido Socialista (Francia)
Rodrigo Borja Cevallos (1988 - 1992) EcuadorIzquierda Democrática
Manuel Zelaya (2006-2009)[9] HondurasPartido Liberal de Honduras
Fernando Lugo (2008-2012)[10] ParaguaiFrente Guasú
José Mujica (2010-2015)[11] UruguaiFrente Amplio (Uruguai)
Tabaré Vázquez (2005-2010) (2015-actualidade) [12] UruguaiFrente Amplio (Uruguai)
Alexis Tsipras (Do 26 de xaneiro ao 27 de agosto de 2015)[13] (Desde 21 de setembro)[13] GreciaSYRIZA

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: