Pato bóla

O pato bóla ou parrulo bóla[1] (Aythya affinis) é un paxaro anseriforme da familia dos anátidos.

Características

Presenta un marcado dimorfismo sexual que se aprecia non só na coloración da plumaxe, senón tamén no seu talle e peso. Os adultos miden entre 38 e 48 cm de lonxitude (de 42 a 43 cm de media). As femias pesan de media uns 730 gramos, mentres que os machos van dende o 790 até os 850 gramos (820 de media).

Distribución e costumes

Cría en ríos e lagos de Alasca, a metade occidental do Canadá e o noroeste dos Estados Unidos. Durante o inverno móvese cara ao sur, ocupando lagos e zonas costeiras do oeste e sur dos Estados Unidos, México, o Caribe e América Central até Panamá.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas