Aythya

xénero de aves

Aythya é un xénero de aves da orde das anseriformes, familia dos anátidos e familia dos aitinos.

De distribución mundial,[1] está constituído por especies de patos mergulladores.

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1822 polo zoólogo alemán Heinrich Boie[2][3], irmán do tamén zoólogo Friedrich Boie.

Etimoloxía

O nome científico Aythya está tirado do termo do grego antigo αἴθυια aithuia, nome dunha ave mariña sen identificar citada por Aristóteles.[4]

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Aethyia Gloger, 1827
  • Aithya Boie, 1828
  • Aithyia Gloger, 1827
  • Athya Boie, 1822
  • Aythia Salvadori, 1895
  • Aythyia Bonaparte, 185

Especies

O xénero comprede 12 especies.[2][3]

ImaxeNome científicoNome vulgarDistribuciónEstado de conservación
Aythyia valisineriaNortaméricaPouco preocupante
Aythya ferinaPato chupónNorte de Europa e AsiaVulnerable
Aythya americanaAmérica do Norte, desde o norte do Canadá até o sur dos Estados UnidosPouco preocupante
Aythya collarisNorte dos Estados Unidos e o CanadáPouco preocupante
Aythya australisAustralia, Nova Guinea, Nova Zelandia e isls do PacíficoPouco preocupante
Aythya baeriSueste de Rusia e nordeste da China, migrando no inverno ao sur da China, Vietnam, Xapón e a IndiaEn perigo crítico de extinción
Aythya nyrocaPato castañoDesde a Península Ibérica e o leste do Magreb até o oeste de Mongolia e, polo sur até ArabiaEn perigo crítico de extinción
Aythya innotataMadagascarEn perigo crítico de extinción
Aythya novaeseelandiaeNova ZelandiaPouco preocupante
Aythya fuligulaEn toda a Eurasia temperada e do norte; visitante ocasional dos Estados Unidos e o CanadáPouco preocupante
Aythya marilaAlasca, norte do Canadá, Siberia e as zonas máis setentrionais de EuropaPouco preocupante
Aythya affinisAlasca, o oeste do Canadá até o oeste de Montana, e América CentralPouco preocupante

Notas