Patrimonio da Humanidade en Acerbaixán

artigo de listas da Wikimedia
Patrimonio da Humanidade en Acerbaixán está situado en Acerbaixán
Bakú
Shaki
Bosques hircanos
Khinalig
Localización dos sitios de Acerbaixán na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Acerbaixán, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Acerbaixán ratificou a convención o 16 de decembro de 1993.[3]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Acerbaixán
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]

     * Lugar transnacional

NomeImaxeLocalizaciónAno da inclusiónDatos da UNESCO
01Cidade vella de Bakú, co palacio dos Shirvanshahs e a Torre da Doncela[5][6] Bakú2000948; iv (cultural)
02Parque Nacional de Gobustan[7] Distritos de Garadagh e Absheron20071076rev; iii (cultural)
03Palacio dos Khans de Shaki[8] Shaki20191549rev; ii, v (cultural)
04Paisaxe cultural de Khinalug e Ruta de Transhumancia "Köç Yolu" Distrito de Quba20201696; iii, v (cultural)
05Bosque mixto hircano do Caspio Distrito de Lankaran e Astara20231584bis; ix, x (natural)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: