Comité do Patrimonio da Humanidade

O Comité do Patrimonio da Humanidade é o organismo encargado de escoller os sitios para ser listados como Patrimonio da Humanidade da UNESCO, incluídas a Lista do Patrimonio Mundial e a Lista do Patrimonio Mundial en Perigo. O comité define o uso do Fondo do Patrimonio Mundial e asigna asistencia financeira a petición dos estados membros.[1] Está formado por representantes de 21 estados membros[2][1] que son elixidos pola Asemblea Xeral dos Estados Membros para un mandato de catro anos.[3] Estes membros votan nas decisións e propostas relacionadas coa Convención do Patrimonio da Humanidade e a Lista do Patrimonio Mundial.

Comité do Patrimonio da Humanidade
Logo
Tipopainel
Data de fundación1977
Na rede
https://whc.unesco.org/fr/comite/
editar datos en Wikidata ]

Segundo a Convención do Patrimonio Mundial, o mandato dun membro dun comité é de seis anos. Porén, moitos estados membros optan por limitar voluntariamente o seu mandato a catro anos, co fin de darlle a outros estados a oportunidade de servir.[3] Todos os membros elixidos na XV Asemblea Xeral (2005) optaron voluntariamente por reducir o seu mandato de seis a catro anos.[3]

As deliberacións do Comité do Patrimonio Mundial contan coa axuda de tres órganos consultivos, a UICN, o ICOMOS e o ICCROM.[4][5]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: