Peixe limón

Seriola dumerili
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Actinopterygii
Orde:Perciformes
Familia:Carangidae
Xénero:Seriola
Especie:S. dumerili
Nome binomial
'Seriola dumerili'
Risso, 1810
Sinonimia
  • Caranx dumerili Risso, 1810
  • Seriola dumerilii (Risso, 1810)
  • Seriola purpurascens Temminck e Schlege, 1845
  • Seriola purpurescens Temminck e Schlege, 1845

O peixe limón (Seriola dumerili) é unha especie de peixe perciforme da familia Carangidae.[1] Non se recoñecen subespecies.[1]

Descrición

Seriola dumerili

Ten o corpo aplanado lateralmente e alongado.[2] Os ollos son pequenos e o fociño redondeado e longo, coa mandíbula inferior un pouco prominente e a boca larga.[2] A súa coloración é azulada polo dorso e branca prateada na zona ventral.[3] Algúns exemplares poden presentar unha liña difusa de cor amarela ao longo dos flancos.[4] A liña lateral encóntrase levemente arqueada na súa parte anterior, non mostra placas óseas e presenta de 150 a 180 escamas de pequeno tamaño ao longo da mesma.[5] Ten dúas aletas dorsais e a aleta anal atópase precedida por dúas espiñas.[5]

Os alevíns teñen liñas transversais de cor escura sobre un fondo amarelado.[2]

Alcanza unha lonxitude máxima de 160 cm e un peso de 60 kg.[6]

Distribución e hábitat

A súa distribución é circunglobal, encontrándose no océano Índico, no Pacífico occidental e no Atlántico, de Nova Escocia (Canadá) ao Brasil, e desde as illas Británicas até Marrocos, así como no mar Mediterráneo.[3] É propio de augas subtropicais, principalmente asociado aos arrecifes.[3] Os exemplares novos están ocasionalmente baixo o sombreiro de escifomedusas.[7]

Comportamento

É de hábitos peláxicos ou epibentónicos.[5] Pode nadar en solitario ou tamén formar grupos.[5]

Reprodución

Os machos alcanzan a madurez sexual aos catro anos e as femias aos cinco.[4] O período de desove ten lugar en primavera e verán, dependendo da zona de distribución.[2]

Alimentación

A súa alimentación componse principalmente de crustáceos, calamares e alevíns.[2]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: