Pilro patilongo
O pilro patilongo (Calidris himantopus ou Micropalama himantopus) é unha pequena ave costeira. O seu nome científico específico himantopus significa 'pés de correa' ou 'pés de sandalia'.[2]
Pilro patilongo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Micropalama himantopus |
Este pilro parécese moito aos pilros máis pequenos. A información obtida da súa secuencia de ADN non é suficiente para determinar se debería ser situado no xénero Calidris ou no xénero monotípico Micropalama.[3] Parece un aliado máis próximo do pilro ferruxento,[4] que é outra especie un pouco estraña que só provisionalmente foi situada en Calidris e que para algúns debería ser separada con el no xénero Erolia.
Reprodúcese na tundra ártica de Norteamérica. é unha ave migradora de longa distancia, que pasa o inverno principalmente no norte de Suramérica. Aparece como unha rara ave errante no oeste de Europa, Xapón e norte de Australia.[5]
Esta especie aniña no chan, poñendo 3 ou 4 ovos. O macho fai un voo de cortexo. Fóra da estación reprodutora, esta ave encóntrase normalmente en augas interiores en vez de en costas abertas.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f8/Stilt_Sandpiper_by_Dan_Pancamo.jpg/220px-Stilt_Sandpiper_by_Dan_Pancamo.jpg)
Esta especie lembra moito ao pilro ferruxento polo seu bico curvado, longo pescozo, supercilio claro e rabadilla branca. É doadamente distinguible desa especie polas súas patas moito máis longas e claras. Carece ademais dunha obvia barra alar en voo.
Os adultos reprodutores son moi distintivos, moi barrados pola parte inferior e con manchas avermellads por arriba e abaixo do supercilio. O dorso é marrón con centros das plumas máis negros. A plumaxe de inverno é basicamente gris por riba e branca por debaixo.
Os individuos novos lembran os adultos no seu forte debuxo da cabeza e dorso pardo, pero non están barrados por debaixo, e mostran bordos brancos na plumaxe traseira.
Estas aves aliméntanse en chairas de barro, peteirando a comida que ven, a miúdo pinchándoa como fan os Limnodromus, cos cales a miúdo se asocia. Comen principalmente insectos e outros invertebrados.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Stilt sandpiper species account – Cornell Lab of Ornithology
- Stilt sandpiper - Calidris himantopus – USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter
- fotos en Oiseaux.net
- Vídeos, fotos, e sons de Stilt sandpiper na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Stilt sandpiper en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Calidris himantopus en IUCN Red List maps