Pterosauria

Os pterosauros[2] ("lagartos alados") son un grupo de réptiles voadores que existiron durante a Era Mesozoica. As súas ás estaban formadas por unha complexa membrana sostida polo cuarto dedo da man, que estaba hipertrofiado. O seu corpo estaba cuberto de pelo, preservado en fósiles de polo menos tres especies distintas.

Pterosauros
Rango fósil: Triásico - Cretáceo

Geosternbergia sternbergi
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Superclase:Tetrapoda
Clase:Sauropsida
Subclase:Diapsida
(sen clasif.):Archosauria
Orde:Pterosauria
Kaup, 1834
Distribución dos fósiles de pterosauros.
Distribución dos fósiles de pterosauros.

Distribución dos fósiles de pterosauros.
Subgrupos[1]
  • Suborde Eopterosauria
    • Preondactylia
    • Clado Eudimorphodontimorpha
    • Eudimorphodontia
  • Suborde Macronychoptera
    • Dimorphodontia
    • Novialoidea

Os fósiles máis antigos de pterosauros coñecidos pertencen como mínimo ó Triásico tardío. O máis antigo chámase Eudimorphodon. É de pequeno tamaño, cola con extremo en forma de rombo, e dentes puntiagudos en ambas as dúas mandíbulas.

Os primeiros pterosauros, desenvolvidos entre o Triásico serodio e principios do Xurásico, eran similares ó Eudimorphodon; de pequeno tamaño, rabo longo, e dentes (como o Rhamphorynchus, que tiña dentes que pechaban en forma de trampa).

Xa para o Cretáceo se diversificaran en varias formas: algúns sen cola e sen dentes (como o Pteranodon), outros do tamaño dun avión da primeira guerra mundial (como Quetzalcoatlus, a criatura voadora máis grande coñecida), numerosos con cristas (como Dsungaripterus e Dimorphodon), e outros con outras características (como o Ctenochasma, que asemellaba unha garza e filtraba plancto por medio dos seus finos dentes).

Aparentemente, os pterosauros perderon moita da súa diversidade antes de concluír a Era Mesozoica. Só se coñece unha especie que existise no momento da grande extinción masiva do Cretáceo: Quetzalcoatlus northropi.

Notas

🔥 Top keywords: