SEAT

A Sociedade Española de Automóbiles de Turismo, máis coñecida polo seu acrónimo SEAT, é un dos principais fabricantes de automóbiles de España. Fabricou unhas 350.850 unidades o ano 2020[1]. Desde 1990 é subsidiaria do Grupo Volkswagen de Alemaña.

SEAT S.A.

SEAT León IV.
TipoPrivada, subsidiaria do Grupo Volkswagen
Fundación9 de maio de 1950 (73 anos)
MatrizGrupo Volkswagen
LocalizaciónMartorell (provincia de Barcelona, Cataluña)
FundadorINI
Persoas claveThomas Schmall (Presidente do Consello de Administración)
Wayne Griffiths (Presidente)
IndustriaAutomóbil
ProdutosAutomóbiles
Beneficio8.784 millóns de € (2020)
Número de empregados14.751 (2020)
Na rede
https://www.seat.com/
Facebook: SEAT.Official Twitter: SEATOfficial Instagram: seatesp Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

SEAT Zona Franca.

A compañía foi fundada en 1950 polo Instituto Nacional de Industria (INI) como medio para motorizar a España de posguerra e fabricaba os coches de Fiat, o principal fabricante de automóbiles de Italia, baixo licenza. O seu primeiro presidente foi José Ortiz Echagüe, o enxeñeiro fundador de CASA. O estado español mantivo unha participación importante na sociedade. Cando FIAT se retirou en 1980, o Grupo Volkswagen adquiriu a maioría das accións en 1986 converténdose no único accionista, ao adquirir a participación que mantiña o estado español.

O primeiro modelo foi o 1400, o cal se produciu nunha amplísima gama de versións. A súa produción comezou en 1953 e rematou coa versión C en 1963, a cal era moi similar á versión 1500 que lle sucedería un ano despois. O segundo modelo en saír da Zona Franca foi o SEAT 600, do que se fabricaron as versións N, D, E, L Especial, 800 e outras minoritarias ata 800.000 unidades aproximadamente. É o modelo máis emblemático de SEAT e tivo boa parte de responsabilidade no proceso de motorización da clase media española. A súa produción comezou en 1957 e rematou no verán de 1973. Tras el, chegou ás cadeas de produción o 1500, auténtico referente do luxo na España dos 60. En 1966 aparece o 850, concibido en Italia como un 600 mellorado (mellores acabados, maiores prestacións, menores defectos), o cal tivo tamén ampla difusión. En España apareceu unha inédita versión de 4 portas. Primeiro foi a versión de 4p «Curto», do que non se fixeron máis de 417 unidades, e posteriormente, o «Longo», de moito máis éxito, coupés e convertible á parte.

Tras o 850, chega en 1968 dende Italia o 124, coche do ano en Europa; é un dos puntos de inflexión non xa na historia de SEAT, senón tamén no mundo do motor español. O seu motor de 1.197 cm³, os seus 60 CV, os seus máis de 140 km/h de velocidade máxima e a súa ampla carrocería convertérono na primeira berlina familiar española de verdade. O seu éxito fixo que estivese 12 anos en produción, en dúas variantes principais (faro redondo 68-75 e faro cadrado «Pamplona» 75-80). É o modelo que serviu de base para posteriores modelos como o 1.430, aparecido en 1969, nunha categoría superior ao 124. O seu motor de 1.438 cm³ rendía 70 CV. Inesquecibles son as súas versións 124 Sport de dúas portas con motores 1600 e 1800 un expoñente do glamour da época xunto aos seus irmáns máis novos os SEAT 850 Coupé e Spider.

1973 é un ano memorable para SEAT; é o ano da chegada dos motores perquins que tantas glorias deron á marca e que tan recordados seguen sendo hoxe en día. Eran basicamente dous: 1.600 e 1.800; ambos os dous montáronse por primeira vez en España no substituto do 1.500, o 132, talvez o coche máis luxoso fabricado por SEAT, fabricado ata 1980. Posteriormente chegarían outras versións 2.000. En 1972, non obstante, tivo lugar outro dos grandes momentos de SEAT coa chegada do modelo 127 (1972-1984), primeiro tracción dianteira da marca, foi fabricado ata en tres versións diferentes, a última das cales, redeseñar, foi o «Fura» e Fura II para a exportación, chegou a ter unha versión «Crono» de grande rendemento co mítico motor 1430. Ademais, a diferenza de Italia, o 127 si contou con versión de 4 p, deseñada en España e amplamente exportada.

En 1974, ante o cesamento de produción do 850 e do 600 un ano antes, lánzase o 133, modelo quizais desfasado xa no seu nacemento, pero que non por iso tivo pouco éxito en particular entre os nostálxicos dos "todo atrás", modelo que se exportou como Fiat e se fabricou na Arxentina e Exipto. En 1975 chega o 131 en substitución do 1.430, de gran difusión mantívose en produción ata 1984 e marcou outro fito posto que dende a súa aparición xa co 124 Pamplona-Iruña convertido en berlina media, o 131 como media-alta e o 132 na gama alta, o consumidor español dispón dunha verdadeira gama dándose por rematada a época da motorización acelerada, cando se había que listar e esperar a que meses despois a le "asignase" un 600. En 1979 lánzase o «Ritmo», de vangardista deseño, o cal foi substituído en 1982 polo «Ronda» ante os problemas con FIAT.

Tamén o 1979 se comeza coa fabricación dos Lancia Beta de SEAT, en versións Coupé e Hpe liftback, foron equipados co motor dous litros de Seat utilizado no 132 cunha cilindrada algo reducida fronte aos seus homólogos italianos por razóns fiscais e que supuxeron un substituto civilizado, xa con tracción dianteira e suspensión independente, das "tolas" (124 Sport) alcumados así polo comportamento que impoñía a súa concepción (tracción traseira e eixe ríxido)

En 1976 apareceu o 1200 Sport e despois o Sport 1430, deportivo con base de 127 e mecánica 124 concibido en España por Inducar, e a quen a chegada do 128 prexudicou en certa forma. En 1980 lanzárase o SEAT Panda, que a partir de 1986, baixo a denominación de «Marbella», seguiu a súa senda de éxitos ata 1997. En 1984, xa baixo supervisión Volkswagen, se lanzou o «Ibiza», con numerosas motorizacións System Porsche de novo desenvolvemento (1.2, 1.5 e 1.7) e unha variante diésel (1.7) de orixe Fiat e que conviviu algún tempo co Fura II.

Fábricas

SEAT dispón hoxe dunha planta de produción en Martorell, unha pequena cidade industrial situada na provincia de Barcelona. A fábrica de Martorell é unha das máis modernas de Europa, foi inaugurada polo rei Xoán Carlos I en 1993. No ano 2002 saíron desta fábrica máis de 450.000 automóbiles. Por outra banda, en 1976 comezou a produción do 124 renovado na fábrica de Landaben (Navarra), a cal tivera que adquirir instancias do Estado ante a crise de Authi. Hoxe esta fábrica é dirixida e produce modelos de Volkswagen, sendo independente do Grupo Seat.

SEAT dispón de organizacións de venda e de concesionarios propios en 70 países: España, Alemaña, Francia, México, Venezuela...

O número de empregados e traballadores era de 14.000 en 2011. Dispón dun propio centro de desenvolvemento, no que tamén se xerou o desenvolvemento de modelos doutras marcas do grupo, como o Audi Q5, e no que traballan adicionalmente 1.250 persoas

A compañía deseña os seus propios modelos de automóbiles, aínda que seguindo as pautas xerais do grupo Volkswagen. Para os efectos da estratexia de definición e posicionamento dos modelos, SEAT forma parte de Audi, xunto con Bentley e Lamborghini, todas elas á súa vez compañías do Grupo Volkswagen.

Modelos á venda

DataSerieDescriciónImaxe

Modelos en venda de SEAT

2016 – AtecaAteca Suv de segmento C.
2017 – AronaArona Suv de segmento B.
1996 – AlhambraMonovolume de segmento D.
1984 – IbizaModelo utilitario de segmento B, é o máis vendido de SEAT.
1991 – ToledoCoche de segmento C.
1999 – LeónVehículo de segmento C só dispoñible en cinco portas.
2011 – MiiCoche utilitario do segmento A

Modelos ao longo da historia

DataSerieDescriciónImaxe

Modelos Segmento A

1957 - 1973 600Variante 4 portas SEAT 800 1964-1967
1974 – 1981 133
1980 - 1986 PandaVariante van SEAT Trans
1986 - 1998 MarbellaVariante van SEAT Terra 1986 - 1995
1997 - 2004 ArosaDúas fases do modelo
DataSerieDescriciónImaxe

Modelos Segmento B

1966-1974850variantes 850 sport, 850 sport coupe e 850 sport spaider
1972-1982127Dúas fases do modelo
1981-1986FuraDúas fases do modelo
1984 - 1993Ibiza Mk1 (021)Tres fases do modelo
1993 - 2002Ibiza Mk2 (6K)variantes SEAT Córdoba, (Sedan) 1993-2002. SEAT Vario (familia) e SEAT Inca (van) 1995-2003. Tres fases do modelo
2002 - 2008Ibiza Mk3 (6L)Variantes SEAT Córdoba. Dúas fases do modelo
2008 - 2017Ibiza Mk4 (6J)Variantes SEAT Ibiza 5P,SC e ST. Dúas fases do modelo
DataSerieDescriciónImaxe

Modelos Segmento C

1968 - 1980 124Variante 124 Sport. Dúas fases do modelo
1969-1975 1430
1975 - 19801200 Sport/ 1400 SportCoñecido como Bocanegra
1976 - 1980128
1979-1982Ritmo
1982-1986Ronda
1985–1991Malaga
1991 - 1998 Toledo MK1 (1L)Dúas fases do modelo
1998 - 2004 Toledo MK2 (1M)Variante SEAT León 1M Compacto
2004 - 2009 Toledo MK3 (5P)Variante SEAT Altea
1999 - 2005 León MK1 (1M)
2005 - 2012 León MK2 (5F)Dúas fases do modelo
2004 – 2015 Altea, Altea XL, Altea FreetrackAltea monovolumen de segmento C.
DataSerieDescriciónImaxe

Modelos Segmento D

1953-1964 1400Catro fases do modelo
1963 – 19721500
1975-1982131
1996 – 2010 Alhambra MK1Dúas fases do modelo
2009 – 2013 ExeoSimilar ao Audi A4
DataSerieDescriciónImaxe

Modelos Segmento E

1973 - 1980 132

Modelos prototipos

Datamodelo de conceptoPresentaciónNota

Modelos conceptos/prototipos

1955SEAT 600 PrototypeSalón de Gènova
1957SEAT 750 SportSalón de Barcelona
1959SEAT 1400 ConvertibleSalón de Barcelona
SEAT 600 MultipleSalón de Barcelona
1987SEAT Ibiza Mk1 cabrioSalón de Barcelona
1988SEAT Proto TLDTurí
1989SEAT Proto TSalón de Frankfurt
1990SEAT Proto CSalón de París
SEAT Proto TLSalón de Gènova
1991SEAT Marbella Playa conceptSalón de Frankfurt
1992SEAT Toledo Mk1 exclusiveSalón de Gènova
SEAT Toledo Mk1 electricBarcelona Xogos Olímpicos de 1992
SEAT Concepto T CoupéSalón de París
1993SEAT Concepto T CabrioSalón de Barcelona
SEAT Ibiza Mk2 electric
1994SEAT RoséActualmente buque A122
1995SEAT Inca electricSalón de Hannover
SEAT Alhambra prototypeSalón de Gènova
1996SEAT Córdoba Mk1 cabrio
1998SEAT Bolero 330 BTSalón de Gènova
SEAT Inca electric 2Saló de Hanover
1999SEAT Toledo Cupra conceptSalón de Gènova
SEAT FórmulaSalon de Gènova
2000SEAT SalsaSalón de Gènova
SEAT Salsa EmociónSalón de París
2001SEAT León Cupra R conceptSalón de Barcelona
SEAT Tango roadster/Tango spyder/Tango coupé/Tango RacerSalón de Frankfurt
SEAT Arosa City cruiserSalón de Frankfurt
SEAT Arosa RacerSalón de Frankfurt
2003SEAT Altea PrototipeSalón de Frankfurt
SEAT Cupra GT Sport ConceptSalón de Barcelona
2004SEAT Toledo PrototipeSaló de Madrid
2005SEAT León PrototipeSalón de Gènova
SEAT Altea FR PrototipoSalón de Frankfurt
SEATAltea 2 litre 170 hp TDI prototype
2006SEAT Ibiza Vaillante conceptSalón de Gènova
2007SEAT León Pies DescalzosSalón de Berlin
SEAT Altea Freetrack PrototipoSalón de Gènova
SEAT Tribu conceptSalón de Frankfurt
2008SEAT Bocanegra conceptSalón de Gènova
2009SEAT León Ecomotive conceptSalón de Gènova
SEAT León Twin drivePresentación en Martorell
SEAT IBZ conceptSalón de Frankfurt
2010SEAT IBE concept ISalón de Gènova
SEAT IBE concept IISalón de París
2011SEAT IBX conceptSalón de Gènova
SEAT IBL conceptSalón de Frankfurt
SEAT Altea Electric XL Ecomotive
2012SEAT Toledo conceptSalón de Gènova
2015SEAT 20V20 conceptSalón de Gènova
2015SEAT León Cross SportSalón de Fráncfort
2016SEAT Ateca Xperience ConceptSalón de París

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • SEAT: Auto emoción. Joan Rossinyol Vilardell. Editorial Lunwerg. 2006.
  • Nuestro SEAT. Ramón Roca. Ediciones Benzica. 2006.
  • Ambición de superarse. Juan José Díaz Ruiz. Editado por Bresca. 2010.
  • El SEAT 600. Símbolo de una época. Lluís Cassany, Isabel López, Cristina Brugué e outros. Edificiones Susaeta 1996.
  • Coches de ensueño. Volumen 10. Siglo XXI. Trama equipo Editorial. Editorial Planeta para Ediciones Ceac. 2005.
  • Historia del automóvil. Miguel de Castro Vicente. Ediciones Ceac. 3ª edición. Setembro de 1992

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: