Transcortina

(Redirección desde «SERPINA6»)

A transcortina, tamén chamada globulina que se liga a corticosteroides (CBG, do inglés corticosteroid-binding globulin) ou serpina A6, é unha proteína producida no fígado en animais. En humanos está codificada no xene SERPINA6 do cromosoma 14. É unha alfa-globulina.[1][2][3]

SERPINA6
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
Identificadores
externos
LocusCr. 14 q32.13
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
866 12401
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P08185 Q06770
RefSeq
(ARNm)
NM_001756 NM_007618
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_001747 NP_031644
Localización (UCSC)
Cr. 14:
94.3 – 94.32 Mb
Cr. 12:
103.61 – 103.62 Mb
PubMed (Busca)
866


12401

Función

O xene SERPINA6 codifica unha proteína alfa-globulina con propiedades de unirse a corticosteroides. Esta é a principal proteína de transporte para os glicocorticoides e proxestinas do sangue da maioría dos vertebrados. O xene localízase nunha rexión cromosómica que contén varios inhibidores de serina proteases (serpinas) estreitamente relacionados.[3]

Unión a moléculas

A transcortina únese a varias hormonas esteroides en altas proporcións:

  • Cortisol.- Aproximadamente o 90 % do cortisol en circulación está unido á transcortina. O resto está unido á albumina sérica. O cortisol pénsase que só está activo bioloxicamente cando non está unido á transcortina.[4]
  • Cortisona.[5]
  • Desoxicorticosterona (DOC).[5]
  • Corticosterona.- Un 78 % da corticosterona sérica está unida á transcortina.
  • Aldosterona.- Aproximadamente o 17 % da aldosterona sérica está unida á transcortina, mentres que outro 47 % está unido á albumina sérica. O restante 36 % está libre.[6]
  • Proxesterona.- Aproximadamente o 18 % da proxesterona do soro sanguíneo está unida á transcortina, mentres que outro 80 % está unida á albumina sérica e o restante 2 % está libre.[7]
  • 17α-Hidroxiproxesterona.[5]

Ademais, aproximadamente o 4 % da testosterona sérica está unida á transcortina.[8] Unha fracción igualmente pequena do estradiol sérico está tamén unido á transcortina.[9]

Síntese

A transcortina prodúcese no fígado e o seu nivel é incrementado polos estróxenos.[10]

Importancia clínica

As mutacións neste xene son raras. Só se describiron catro mutacións, xeralmente en asociación con fatiga e dor crónicas.[11] O mecanismo que causa estes síntomas non se coñece. Esta condición debe distinguirse do hipocortisolismo secundario. [12][13]

A síntese hepática da globulina que se liga a corticosteroides aumenta a máis do dobre no embarazo; é dicir, o cortisol unido no plasma ao final do embarazo é aproximadamente dúas ou tres veces maior que en mulleres non preñadas.[14][15]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas