Sachin Tendulkar

Sachin Ramesh Tendulkar (|ˌsʌtʃɪn tɛnˈduːlkər|), nado en Mumbai o 24 de abril de 1973, é un xogador de crícket indio, antigo capitán da selección nacional india. Está amplamente recoñecido como o mellor bateador da historia do crícket.[1] Realizou tamén o maior número de carreiras na historia deste deporte. É coñecido coloquialmente como Little Master ou Master Blaster.[2][3][4][5]

Infotaula de personaSachin Tendulkar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de abril de 1973 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Bombai, India Editar o valor em Wikidata
Membro do Rajya Sabha
2 de maio de 2012 – 26 de abril de 2018 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia Editar o valor em Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónKirti M.Doongursee College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura166 cm Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCrícket Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxogador de criquet , político Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua marathi, lingua inglesa e lingua hindi Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaIndia Editar o valor em Wikidata
DeporteCrícket Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoRebatedor (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Man de xogodestro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
 Equipoenllaç=enllaç=
1988-1988 Cricket Club of India (pt) Traducir
1988-2013 Mumbai cricket team (en) Traducir
1989-2014 Marylebone Cricket Club (en) Traducir
1992-1992 Yorkshire County Cricket Club (en) Traducir
2008-2013 Mumbai Indians (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
 Selección nacionalenllaç=
1989-2013 Selección de crícket da India Editar o valor em Wikidata
Participou en
1998Jogos da Commonwealth de 1998 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnjali Tendulkar
FillosSara Tendulkar (en) Traducir, Arjun Tendulkar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiRamesh Tendulkar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1340094 Facebook: SachinTendulkar Twitter: sachin_rt Instagram: sachintendulkar Youtube: UCCmuOqG7RtGc_F_n7GimyVQ Editar o valor em Wikidata

Tendulkar é o único xogador que marcou cen centuries internacionalmente e o primeiro bateador en marcar un double century nunha competición One Day International (ODI), conserva a marca de máis carreiras tanto en Test como en ODI, e é o único xogador que completou máis de 30 000 carreiras no crícket internacional.[6]

Traxectoria

Tendulkar iniciouse no crícket aos once anos, debutando o 15 de novembro de 1989 contra a selección de Paquistán en Karachi con dezaseis anos. Estivo representando o equipo de Mumbai nas competicións nacionais e a India nas internacionais durante case vinte e catro anos.

En 2001, Sachin Tendulkar converteuse no primeiro bateador que completou 10 000 carreiras ODI runs nas súas 259 entradas.[7] En 2002, na medio da súa carreira, Wisden Cricketers' Almanack nomeouno o segundo mellor bateador en Test de todos os tempos, tras Don Bradman, e o segundo mellor en ODI, tras Viv Richards.[8] Posteriormente na súa carreira, Tendulkar foi parte do equipo indio que gañou a Copa Mundial de 2011, primeira vitoria nas seis participacións da India na Copa do Mundo.[9] Anteriormente fora nomeado "Xogador do Torneo" na edición de 2003 celebrada en Suráfrica. En 2013, foi o único xogador indio incluído no Test World XI formado para celebrar o 150 aniversario de Wisden Cricketers' Almanack.[10][11][12]

Tendulkar recibiu en 1994 o Arjuna Award polos seus méritos deportivos, o premio Rajiv Gandhi Khel Ratna, máxima condecoración deportiva da India, en 1997, e os premios Padma Shri e Padma Vibhushan en 1999 e en 2008, respectivamente, que son o cuarto e o segundo premios civís máis altos do seu país.[13] Unhas poucas horas despois do seu último partido o 16 de novembro de 2013, a oficina do Primeiro Ministro da India anunciou a decisión de outorgarlle o Bharat Ratna, máxima distinción civil da India.[14][15] Foi o receptor máis novo e o primeiro deportista en obtelo.[16][17] Gañou tamén o Sir Garfield Sobers Trophy de 2010 como xogador de crícket do ano nos premios da ICC.[18] En 2012, Tendulkar foi candidato á Rajya Sabha, cámara alta do Parlamento da India.[19] Foi tamén o primeiro deportista e a primeira persoa sen pasado na aviación en recibir o rango honorario de group captain da Forza Aérea India.[20] En 2012, foi nomeado membro de honra da Orde de Australia.[21] En 2010, a revista Time incluíu a Tendulkar na súa listaxe anual das cen persoas máis influentes do mundo.[22]

En decembro de 2012, Tendulkar anunciou a súa retirada das ODI.[23] Retirouse do Twenty20 en outubro de 2013[24] e posteriormente retirouse de todas as formas de crícket o 16 de novembro de 2013 despois de xogar o seu 200º partido Test contra o equipo das Indias Occidentais no Wankhede Stadium de Mumbai.[25] Tendulkar xogou 664 partidos de crícket en total, realizando 34 357 carreiras.[6]

En 2019, Tendulkar foi incluído no ICC Cricket Hall of Fame.[26]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: