Sandra Ortega Mera

filántropa galega

Sandra Ortega Mera, nada na Coruña o 19 de xullo de 1968[1], é unha empresaria galega, unha das principais accionistas de Inditex.

Infotaula de personaSandra Ortega Mera
Biografía
Nacemento19 de xullo de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaA Coruña Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilántropa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePablo Gómez
PaisAmancio Ortega Editar o valor em Wikidata  e Rosalía Mera Editar o valor em Wikidata
IrmánsMarta Ortega e Marcos Ortega Mera Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

É a filla máis vella de Amancio Ortega e a súa primeira muller, Rosalía Mera.[2] Ten o grao en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.[1] Após a morte da súa nai, Rosalía Mera, en 2013, herdou a participación do 7% que esta tiña en Inditex, a empresa fundada polo seu pai Amancio Ortega, co que se converteu na muller máis rica de España cun valor neto de 7300 millóns de dólares.[3]

O seu grupo empresarial, Rosp Corunna, acadou en 2015 e 2016 uns beneficios de 105 e 89,6 millóns de euros respectivamente.[4]

Ortega traballa coa fundación creada pola súa nai para persoas con discapacidade mental e física, a Fundación Paideia Galiza.[5]

Notas

🔥 Top keywords: