Fundación Paideia Galiza

fundación galega

A Fundación Paideia Galiza foi constituída en 1986 como un espazo aberto, con vocación interdisciplinar e pluridimensional que abarca formación, intervención e investigación, especialmente en Ciencias Humanas e Sociais.

Fundación Paideia Galiza
Logo
Sede da fundación na Coruña
TipoCultural, Educativa, Iniciativa Social
Data de fundación1986
Fundador(es)Rosalía Mera
Presidente/aSandra Ortega Mera (-) Editar o valor em Wikidata
Localización
Sedepraza de María Pita
EnderezoPraza de María Pita, 17. 15001
EnA Coruña
PaísGalicia
Na rede
Fundación Paideia Galiza
editar datos en Wikidata ]

Historia

A súa creación foi promovida pola empresaria Rosalía Mera en 1986, cos primeiros programas de Formación, Investigación e Divulgación.

En 1990 a fundación crea os Premios Marcos Ortega Mera, na honra do fillo da propia fundadora e Amancio Ortega, e publica a "Educación Crítica" dentro da Colección Paideia-Morata. Durante o curso 1991-1992 impártese o primeiro mestrado en Xerencia de Servizos Sociais.

En 1995 foi inaugurada a súa sede central na coruñesa praza de María Pita.

En 1998 crea o Grupo Trébore SL de empresas de economía social e o Servizo de Asesoramento Xurídico e Social para ofrecer solucións a problemas de tipo xurídico no ámbito da discapacidade e a exclusión social.

En 2001 constitúe a Agrupación Deloa, un proxecto integral para a investigación e actuación para o desenvolvemento local nas comarcas da Barbanza, Sar, Muros e Noia e así, en 2002, terá lugar a inauguración dunha sede comarcal en Padrón.

En 2003 crea o Laboratorio de Biotecnoloxía Vexetal Cultigar, dedicado á investigación, saneamento e multiplicación por cultivo in vitro. Ao ano seguinte, en 2004, crea os estudios de gravación Mans.

En 2005 créase Punto Nós, un servizo de información, orientación e asesoramento en saúde afectiva, sexual e reprodutiva.

En 2006 créase Ruralover, unha rede de turismo rural para as comarcas do Sar e Barbanza.

En 2008 lanzaron varios programas de promoción musical para novos grupos e/ou artistas.

Desde o pasamento da presidenta fundadora en 2013, a súa filla Sandra Ortega tomou o relevo[1].

En 2015 estableceuse un convenio de colaboración coa Universidade da Coruña coñecido como "Aula Fundación Paideia".

Proxectos

  • 1995: Antear, proxecto psico-social para persoas con discapacidade.
  • 1998-2002: Redevol, proxecto piloto de investigación aplicada, consistente na implantación dunha rede de voluntariado local en concellos semiurbanos e rurais.
  • 1999: Servizo de Voluntariado Europeo, para facilitar unha experiencia de educación no formal mediante actividades de voluntariado na Unión Europea.
  • 2002: Equal I e Proder II.
  • 2004-2006: Equal II e Sócrates-Grundtvig I.
  • 2009-2012: La Ida: proxecto de mobilidade transnacional de mozos alemáns e galegos para a realización de prácticas formativas en empresas.

Premios e distincións

  • 1998: Premio Voces del Año para o proxecto Antear e Premio AGAPI á mellor documental galega por "Contrabajo".
  • 2003: Premio La Rebotica 2003 ao Proxecto Antear, outorgado pola COPE.
  • 2007: Premio Empresa Solidaria, outorgado pola Fundación Érguete.
  • 2010: Premio Vía de Oro á traxectoria empresarial e filantrópica, outorgado polo Grupo Vía.
  • 2012: Premio Novia Salcedo.
  • 2013: Premio Dales la Palabra.
  • 2014: Premio Asociación Cultural Conxeito.

Notas

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: