Rosalía Mera

empresaria galega

Rosalía Mera Goyenechea, nada na Coruña o 28 de xaneiro de 1944 e finada na mesma cidade o 15 de agosto de 2013, foi unha empresaria galega. Foi co fundadora de Inditex xunto con Amancio Ortega.

Infotaula de personaRosalía Mera Goyenechea
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1944 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de agosto de 2013 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Hemorraxia cerebral Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedora , empresaria , filántropa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAmancio Ortega (1966–1986; divorciada)[1]
FillosSandra Ortega Mera, Marcos Ortega Mera Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webpaideia.es Editar o valor em Wikidata
BUSC: mera-goyenechea-rosalia

Traxectoria

Fundación Paideia na praza de María Pita, A Coruña.
IES Rosalía Mera, na Coruña

Tivo que deixar a escola con 11 anos para traballar nunha pequena empresa téxtil La Maja de costureira onde coñeceu a Amancio Ortega co que casaría e tería dous fillos, Sandra e Marcos[2]. Fundaron GOA, esta empresa coruñesa foi medrando ata converterse en Zara e finalmente en Inditex. Logo do seu divorcio en 1986, Rosalía Mera conservou o 7% das participacións no grupo. En 1986 comezou os estudos de Maxisterio onde se Diplomou. En 2004 abandonou o consello de administración de Inditex, mantendo a súa participación logo da cotización en bolsa.

Despois da separación comezou unha carreira de investimentos en diferentes proxectos e corporacións de ámbitos tan diversos como a construción, inmobiliarias, unha compañía de recoñecemento de neonatos polas pegadas dactilares, o audiovisual ou a biotecnoloxía. Neste último campo foi membro do consello de administración de Pharma Mar, do grupo galego Zeltia. No audiovisual posuíu parte do capital de Continental Producciones, Milou Films ou Tornasol Films, e desenvolveu un centro de iniciativas empresariais denominado Mans, e centrado no sector audiovisual. Ademais, en 2007 entrou no sector da enerxía solar creando quince firmas de explotación de parques fotovoltaicos[3]

A súa xestión económica realizábaa a través de sociedades de investimento como Rosp Corunna, Breixo Inversiones, Soandres de Activos ou Ferrado Inmuebles[4]. A revista estadounidense Forbes situouna como a 76ª muller máis influente do mundo en 2007[5], así como a 264ª persoa máis rica do mundo, cun capital estimado de 2.490 millóns de euros[6] Segundo esa mesma fonte, en 2007 sería a terceira persoa máis rica de Galicia, despois de Amancio Ortega e de Manuel Jove. A revista calculoulle en 2008 unha riqueza persoal de 1.964 millóns de euros (368ª do mundo)[7].

Ademais, foi a fundadora (1986) e presidenta da Fundación Paideia Galiza, unha ONG que traballa a prol da incorporación das persoas discapacitadas ao mercado laboral.

O 14 de agosto de 2013, estando de vacacións en Menorca, sufriu un accidente cerebrovascular. Faleceu o día seguinte no Hopital San Rafael da Coruña a onde fora trasladada en avión dende Menorca[8]. Foi enterrada no cemiterio da igrexa de Santaia de Liáns, en Oleiros (A Coruña).[9]

Trala morte, a participación do 7% en Inditex foi herdada pola súa filla Sandra Ortega.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

🔥 Top keywords: