Selección de fútbol dos Estados Unidos de América

A selección de fútbol dos Estados Unidos (en inglés: United States national soccer team) representa aos Estados Unidos de América en competicións internacionais de fútbol. Está controlada pola Federación de Fútbol dos Estados Unidos (United States Soccer Federation, U.S. Soccer), afiliada á CONCACAF, organización de agrupa ás federacións de Norte, Centroamérica e o Caribe, e á FIFA.

Estados Unidos
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
AsociaciónU.S. Soccer
ConfederaciónCONCACAF (Norteamérica)
Código FIFAUSA
AlcumeThe Yanks
Clasificación FIFA22 (11 de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA{{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Gregg Berhalter
Máis encontrosCobi Jones (164)
Máximo goleadorClint Dempsey
Landon Donovan (57)
Estrea internacional
Suecia 2 − 3 Estados Unidos Estados Unidos
Estocolmo, Suecia; 20 de agosto de 1916
Maior vitoria
Estados Unidos 8 − 0 Barbados Barbados
Carson, Estados Unidos; 15 de xuño de 2008
Maior derrota
Noruega 11 − 0 Estados Unidos Estados Unidos
Oslo, Noruega; 11 de agosto de 1948
Copa do Mundo
Participacións10 (primeira en 1930)
Mellor resultadoTerceiro lugar (1930)
Copa Ouro
Participacións17 (primeira en 1985)
Mellor resultadoCampións (1991, 2002, 2005, 2007, 2013, 2017)
Copa América
Participacións4 (primeira en 1992)
Mellor resultadoCuarto lugar (1995, 2016)

Estados Unidos participou en dez edicións da Copa do Mundo de Fútbol, incluíndo a edición de 1994 na que foron o país anfitrión. A mellor clasificación da selección nesta competición foi o seu terceiro posto obtido no torneo inaugural de Uruguai 1930, cando acadou a terceira praza. Máis recentemente rematou cuarto na Copa América, chegou aos cuartos de final do mundial de 2002 e foi finalista da Copa Confederacións en 2009. Ademais ten no seu palmarés seis Copas de Ouro da CONCACAF.

Historia

O primeiro partido xogado por unha selección baixo a bandeira estadounidense realizouse contra a selección do Canadá, o 28 de novembro de 1895, en Newark. Con todo, este partido non é recoñecido internacionalmente, e considérase que o primeiro partido oficial foi o que xogou en Estocolmo, ante o combinado Suecia, o 20 de agosto de 1916.

O equipo xogou a semifinal da Copa Mundial de Fútbol de 1930, perdendo 6-1 contra Arxentina e obtendo o terceiro posto. Unha das anécdotas que quedan do devandito equipo estadounidense é que era conformado por cidadáns de múltiples nacionalidades, pertencentes ao exército do país, que estaban a se preparar para a posible guerra que ocorrería anos despois.

Desde a realización do mundial de 1994 no país, a selección de fútbol, logrou que o deporte gañe espazo no país do Béisbol, Fútbol Americano, Baloncesto e Hockey, aínda que cabe destacar que a maioría de xogadores da selección, non militan na MLS (liga estadounidense de fútbol), senón en clubs de Europa, o cal axudou ao desenvolvemento da técnica e táctica do equipo. Como curiosidade, no mesmo mundial 1994, a maioría dos convocados á cita mundial non tiña club onde xogar, xa que só algúns xogaban en Europa até a súa expansión a nivel individual.

O día 24 de xuño de 2009, Estados Unidos logra unha vitoria histórica no marco da Copa FIFA Confederacións 2009, tras vencer nas semifinais 0-2 á selección de España, selección que viña 35 partidos sen coñecer a derrota e 15 partidos gañados consecutivamente. Na final, enfrontáronse á selección do Brasil, no primeiro tempo dese partido, Estados Unidos estaba a dar a sorpresa ao gañar por 2 goles por 0, con todo, no segundo tempo Brasil deulle a volta e acabou gañando por 2-3, con todo, o equipo "das barras e as estrelas" daba a sorpresa ao chegar á final logo de quedar a piques da eliminación na fase de grupos.

Uniforme

Dendo o seu primeiro encontro non oficial ante Canadá, os uniformes consistiron en camisolas brancas con pantalón azul. En 1950, Estados Unidos adoptou un estilo "Perú" poñendo unha franxa diagonal que cruzaba a camisola. Esta barra tense utilizado nos uniformes de 2003, 2004, 2006 así como no uniforme de 2010. Adidas foi o provedor dos uniformes dos Estados Unidos dende 1984 até 1994. Dende 1995, a compañía estadounidense Nike é a que viste á selección.

Resultados

Copa Mundial de Fútbol

AnoFasePosiciónPXPGPEPPGFGC
Uruguai 1930Semifinais320176
Italia 1934Primeira fase16°100117
Francia 1938Non clasificado
Brasil 1950Primeira fase10°310248
Suíza 1954Non clasificado
Suecia 1958
Chile 1962
Inglaterra 1966
México 1970
Alemaña 1974
Arxentina 1978
España 1982
México 1986
Italia 1990Primeira fase23°300328
Estados Unidos 1994Oitavos de final14°411234
Francia 1998Primeira fase32°300315
Corea/Xapón 2002Cuartos de final521277
Alemaña 2006Primeira fase25°301226
Suráfrica 2010Oitavos de final12°412155
Brasil 2014Oitavos de final15411256
Rusia 2018Non clasificado
Total-25°2975173256

Copa de Ouro

AnoFasePosiciónPXPGPEPPGFGC
Estados Unidos 1991Campión5410103
Estados Unidos/México 1993Subcampión440155
Estados Unidos 1996Semifinais220153
Estados Unidos 1998Subcampión430162
Estados Unidos 2000Cuartos de final221062
Estados Unidos 2002Campión541091
Estados Unidos/México 2003Semifinais4301102
Estados Unidos 2005Campión5420113
Estados Unidos 2007Campión6600133
Estados Unidos 2009Subcampión6411128
Estados Unidos 2011Subcampión640296
Estados Unidos 2013Campión6600204
Estados Unidos 2015Semifinais6321125
Estados Unidos 2017Campión6510134
Total-4732658031

Xogadores

Máximos goleadores da selección

Landon Donovan.

Actualizado a 22 de xullo de 2010.[1]

#XogadorPeríodoGolesPartidos
1Landon Donovan2000–45127
2Eric Wynalda1990–200034106
3Brian McBride1993–20063095
4Joe-Max Moore1992–200224100
5Bruce Murray1985–19932186
6Clint Dempsey2004–1966
7DaMarcus Beasley2001–1793
Earnie Stewart1990–200417101
9Cobi Jones1992–200415164
10.Hugo Pérez1984–19941373
Marcelo Balboa1988–200013128

Adestradores

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: