Copa Confederacións da FIFA

A Copa Confederacións da FIFA (en inglés: FIFA Confederations Cup) foi un torneo de fútbol organizado pola FIFA que enfrontaba a seleccións nacionais representantes de cada unha das confederacións da FIFA. Comezou celebrándose cada dous anos, pasando a celebrarse a partir de 2005 cada catro anos, xusto no ano anterior á celebración do Mundial no mesmo país organizador do evento.

Copa Confederacións da FIFA
Fundación1992
Desaparición2017
RexiónFIFA
Equipos8
Máis laureado Brasil (4 títulos)
Sitio webwww.fifa.com/confederationscup/

Competían no torneo oito seleccións: os campións de cada un dos torneos que organiza cada confederación (a Copa Asiática da AFC, a Copa de África de Nacións da CAF, a Copa Ouro da CONCACAF, a Copa América da CONMEBOL, a Copa das Nacións da Oceanía da OFC, a Eurocopa da UEFA) e mais a selección campioa do último Mundial e o país anfitrión.

Historia

O torneo foi orixinalmente organizado e realizado en Arabia Saudita co nome de Copa do Rei Fahd (ou Campionato Intercontinental) disputándose en 1992 e 1995 pola selección de Arabia e mais algúns campións continentais. En 1997 a FIFA fíxose cargo da organización do torneo, renomeándoo Copa Confederacións da FIFA e fixando a súa celebración cada dous anos.

A partir de 2005 a Copa pasou a disputarse cada catro anos, no ano anterior á celebración do Mundial e no país que acollese esa edición do máximo torneo intercontinental de nacións. Na actualidade está considerado como un test ou ensaio xeral para os países encargados da organización do mundial ademais de lles permitir competir á súa selección nacional ao máis alto nivel durante os dous anos anteriores ao evento (débese recordar que o país anfitrión se califica automaticamente para o Mundial).

Cando o vixente campión mundial tamén acapara algún dos títulos continentais, o subcampión tamén disputa o torneo para completar o número de oito participantes. Na edición de 2005 produciuse unha complicada situación: o campión do mundo tamén era campión de América e o subcampión, Alemaña, estaba clasificado coma anfitrión, a solución á que se chegou foi a de convidar ao subcampión da Copa América, Arxentina [1].

Até en tres ocasións houvo seleccións que decidiron non participar no torneo. O campión europeo de 1996, Alemaña, decidiu non facelo na edición de 1997 sendo substituída pola subcampioa, a República Checa. Francia, como campioa mundial de 1998 non participou na edición de 1999 sendo substituída pola finalista Brasil. Por último, a Alemaña subcampioa de 2002, foi substituída por Turquía (terceira nese mesmo Mundial) na edición de 2003.

O primeiro antecedente da Copa das Confederacións foi o Mundialito (ou Copa D'Oro). Tamén está considerado coma precursor deste torneo o Trofeo Artemio Franchi disputado en 1985 e 1993 entre os campións da Copa América e da Eurocopa [2].

Resultados

Copa do Rei Fahd

AnoAnfitriónFinalPartido 3º e 4º posto
CampiónResultadoFinalista3º postoResultado4º posto
1992 [3]
Detalles
Arabia Saudita Arxentina3–1 Arabia Saudita Estados Unidos5–2 Costa do Marfil
1995 [3]
Detalles
Arabia Saudita Dinamarca2–0 Arxentina México1–1
(5–4 q.p.)
Nixeria

Copa das Confederacións

AnoAnfitriónFinalPartido 3º e 4º posto
CampiónResultadoFinalista3º postoResultado4º posto
1997
Detalles
Arabia Saudita  Brasil6–0 Australia República Checa1–0 Uruguai
1999
Detalles
México México4–3  Brasil Estados Unidos2–0 Arabia Saudita
2001
Detalles
Corea do Sur
Xapón
Francia1–0 Xapón Australia1–0  Brasil
2003
Detalles
Francia Francia1–0
(gol de ouro)
Camerún Turquía2–1 Colombia
2005
Detalles
Alemaña  Brasil4–1 Arxentina Alemaña4–3
(prórroga)
México
2009
Detalles
Suráfrica  Brasil3–2 Estados Unidos España3–2
(prórroga)
Suráfrica
2013
Detalles
Brasil  Brasil3–0 España Italia2–2 (7–6)
(penaltis)
Uruguai
2017
Detalles
Rusia  Alemaña1–0  Chile  Portugal2–1
(prórroga)
 México

Palmarés

EquipoTítulosFinalista3º posto
 Brasil4 (1997, 2005, 2009, 2013)1 (1999)-
Francia2 (2001, 2003)--
Arxentina1 (1992)2 (1995, 2005)-
México1 (1999)-1 (1995)
 Alemaña1 (2017)-1 (2005)
Dinamarca1 (1995)--
Estados Unidos-1 (2009)2 (1992, 1999)
Australia-1 (1997)1 (2001)
España-1 (2013)1 (2009)
Arabia Saudita-1 (1992)-
Xapón-1 (2001)-
Camerún-1 (2003)-
República Checa--1 (1997)
Turquía--1 (2003)
Italia--1 (2013)

Goleadores

Máximos goleadores por edición

AnoXogadorGoles
1992 Gabriel Batistuta
Bruce Murray
2
1995 Luis García3
1997 Romário7
1999 Ronaldinho
Cuauhtémoc Blanco
Marzouq Al-Otaibi
6
2001 Eric Carrière
Robert Pirès
Patrick Vieira
Sylvain Wiltord
Shaun Murphy
Takayuki Suzuki
Hwang Sun-Hong
2
2003 Thierry Henry4
2005 Adriano5
2009 Luis Fabiano5
2013 Fernando Torres
Fred
5
2017 Leon Goretzka
Lars Stindl

Timo Werner

3

Máximos goleadores da historia do torneo

XogadorPaísGoles
Cuauhtémoc Blanco México9
Ronaldinho  Brasil
Fernando Torres España8
Adriano  Brasil7
Romário  Brasil
Marzouq Al-Otaibi Arabia Saudita6
David Villa España
Alex  Brasil5
John Aloisi Australia
Luis Fabiano  Brasil
Fred  Brasil
Robert Pirès Francia
Vladimír Šmicer República Checa

Resumo

Participación detallada por ano

Equipo Arabia Saudita
1992
Arabia Saudita
1995
Arabia Saudita
1997
México
1999
Corea do Sur
Xapón
2001
Arabia Saudita
2003
Alemaña
2005
Suráfrica
2009
Brasil 2013 Rusia 2017Total
Brasil--CampiónF1RCampiónCampiónCampión-7
México-1RCampión1R--1R7
Xapón-1R--F1R1R-1R-5
Arabia SauditaF1R1R------4
Australia--F--1R--1R4
ArxentinaCampiónF----F---3
Alemaña---1R----Campión3
Estados Unidos---1R-F--3
Camerún----1RF---1R3
Nova Zelandia---1R-1R-1R-1R3
Francia----CampiónCampión----2
España-------F-2
Italia-------1R-2
Uruguai--------2
Nixeria-------1R-2
 Chile---------F1
Bolivia---1R------1
Canadá----1R-----1
Colombia---------1
Costa do Marfil---------1
República Checa---------1
Dinamarca-Campión--------1
Exipto---1R---1R--1
Grecia------1R---1
Corea do Sur----1R-----1
Suráfrica--1R------1
Tunisia------1R---1
Turquía---------1
 Portugal---------1
Emiratos Árabes Unidos--1R-------1
 Rusia---------1R1
 Tahití--------1R-1
  • 1R: Eliminado na primeira rolda
  • F: Finalista
  • C: Campión

Estatísticas xerais

EquipoPGEPGFGCDif
Alemaña138232922+7
Arabia Saudita123181331-18
Arxentina105322214+8
Australia165381725-8
Bolivia302123-1
 Brasil3323557628+48
Camerún11425711-4
Canadá301205-5
 Chile513143+1
Colombia5203550
Corea do Sur320136-3
Costa do Marfil200229-7
Dinamarca321051+4
Emiratos Árabes Unidos310228-6
España10712268+18
Estados Unidos1561820200
Exipto6123817-9
Francia10901245+19
Grecia301204-4
Iraq302101-1
Italia83231315-2
México27116104443+1
Nixeria6222117+4
Nova Zelandia120111332-29
 Portugal532093+6
República Checa5212107+3
 Rusia3102330
Suráfrica7124912-3
Tahití3003124-23
Tunisia310235-2
Turquía5212880
Uruguai105142213+9
Xapón165291925-6

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: