Sendeiro das bágoas

O Sendeiro das bágoas (en inglés: Trail of Tears, e en cherokee: ᎨᏥᎧᎲᏓ ᎠᏁᎬᎢ) é o nome co que se coñece a unha serie de traslados masivos forzados das nacións nativas americanas nos Estados Unidos de América segundo a Lei de Traslado Forzoso dos Indios de 1830 (Indian Removal Act). Entre os trasladados cóntanse ás nacións de cherokee, muskogee, seminole, chickasaw e choctaw, os cales escolleron non ser asimilados pola sociedade estadounidense. Por mor disto, foron trasladados dende as súas terras ancestrais do sueste do país a unha área ó oeste do río Mississippi que foi designada como territorio indio. Os nativos americanos que elixiron ficar e seren asimilados recibiron a cidadanía estadounidense.[1] A expresión "Sendeiro das bágoas" orixinouse a partir dunha representación da desaparición da nación choctaw en 1831.[2]

Sinal do sendeiro das bágoas.
Mapa e ruta dos traslados.

Moitos nativos americanos sufriron enfermidades e fame mentres viaxaban pola ruta cara aos seus destinos, e cálculase a morte de entre 2.000 e 6.000 cherokees dos 16.543 que foron desprazados.[3][4][5]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: