Seydou Keita

futbolista maliano

Seydou Keïta, nado o 16 de xaneiro de 1980 en Bamaco, é un futbolista maliano, e tamén ten nacionalidade francesa. É primo de Mohamed Sissoko, xogador da Juventus FC. Xoga de mediocentro e dende 2016 é xogador do El Jaish SC da Liga qatarí e da Selección de Malí.

Seydou Keita
Keita xogando para o Barcelona.
Información persoal
NomeSeydou Keita
Nacemento16 de xaneiro de 1980 (44 anos)
Lugar de nacementoBamaco
Altura1,83 m.
PosiciónCentrocampista
Información de club
Club actualValencia
Número-
Carreira xuvenil
1995–1997Centre Salif Keita
1997–1999Marsella
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1999–2000Marsella6(0)
2000–2002Lorient58(1)
2002–2007Lens157(19)
2007–2008Sevilla31(4)
2008–2012Barcelona119(16)
2012–2013Dalian Aerbin37(10)
2014–Valencia0(0)
Selección nacional
2000–Malí88(24)
Na rede
FIFA: 179914 UEFA: 51580 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 7 de novembro de 2013.
Selección: actualizado a 15 de outubro de 2013.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Keita estivo 4 tempadas no Racing Club de Lens, da Liga Francesa, na súa última tempada xogou 37 partidos e marcou 11 goles, causando o interese de grandes equipos europeos.

Tras o seu paso polo Racing Club de Lens, na tempada 2007/08 foi fichado polo Sevilla FC onde xogou 31 partidos de Liga anotando 4 goles, tamén xogou 9 partidos de Champions nos que anotou 3 goles, e proclamouse campión da Supercopa de España 2007.

O 26 de maio de 2008, o FC Barcelona fixo efectiva súa cláusula de 14 millóns de euros e foi fichado polo conxunto catalán, converténdose así na primeira fichaxe de era Guardiola. No club azulgrana portou o dorsal número 15, anteriormente usado polo brasileiro Edmílson. Foi o primeiro xogador de Malí en militar no equipo azulgrana.

O 25 de outubro de 2009 conseguiu o seu primeiro hat-trick na vitoria do FC Barcelona por 6-1 ante o Real Zaragoza, no que foi a súa mellor actuación coa elástica blaugrana.

Keita é o unico xogador de Malí que conseguiu tres títulos nunha soa tempada (copa, liga e Liga de Campións).

Selección nacional

Seydou Keita é internacional absoluto con Malí desde o ano 2003. Con "As Aguias" participou, entre outros, na Copa África de 2008, quedando eliminados na primeira rolda.

Pero a súa traxectoria na selección comezou de moi nova e con bos resultados. De feito, Keita gañou o Balón de Ouro como mellor xogador do Mundial sub-20 que se xogou o ano 1999 en Nixeria por diante de xogadores como Xavi ou Ronaldinho. Malí acabou na terceira posición nunha competición que gañou a selección española, na que xogaba Xavi Hernández.

Foi internacional en 88 ocasións coa Selección de fútbol de Malí e marcou 24 goles.

Clubs

ClubPaísAnoPXGoles
Olympique de Marsella Francia1997-200060
FC Lorient Francia2000-2002581
RC Lens Francia2002-200715719
Sevilla FC España2007-2008314
FC Barcelona España2008-201211916
Dalian Aerbin China2012-20133710
Valencia CF España2014-00

Palmarés

Campionatos nacionais

TítuloClubPaísAno
Copa de FranciaFC LorientFrancia2002
Supercopa de EspañaSevilla FCEspaña2007
Copa do ReiFC BarcelonaEspaña2009
Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2009
Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2009
Supercopa de EuropaFC BarcelonaEspaña2009
Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2010
Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2010

Copas internacionais

TítuloClubPaísAno
Copa Intertoto da UEFARC LensFrancia2005
Liga de Campións da UEFAFC BarcelonaEspaña2009
Copa Mundial de Clubs da FIFAFC BarcelonaEspaña2009

Distincións individuais

DistinciónAno
Balón de ouro no Mundial sub-201999

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: