Ligue 1

A Ligue 1, anteriormente chamada Division 1, é a máxima categoría da liga de fútbol profesional en Francia. Dispútase desde 1932 e está organizada pola Ligue de Football Professionnel.

Ligue 1
Fundación1932
RexiónFrancia Francia
Mónaco
Equipos20
CopaCoupe de France
Trophée des Champions
DescensoLigue 2
Actual campiónParis Saint-Germain
(9º título)
Máis laureadoAS Saint-Étienne
(10 títulos)
OrganizadorLigue de Football Professionnel
Sitio webwww.ligue1.fr

O Championnat francés é a sexta mellor liga do mundo segundo o ránking oficial da Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).[1]

Historia

Partido da Ligue 1 entre o PSG e o SM Caen en 2004.

En 1932 e tras un longo debate, o fútbol profesional instalouse en Francia. Iso impulsou a creación dun campionato nacional de liga, xa que ata entón só se disputaban varios torneos rexionais, ademais da Copa de Francia.

O 11 de setembro de 1932 disputouse a primeira xornada do que inicialmente se chamou Championnat National. Organizáronse dous grupos, de dez equipos cada un, cuxos respectivos campións, AS Cannes e Olympique Lillois enfrontáronse entre si nunha final polo título, na que se impuxeron os segundos.

A seguinte tempada xa se adoptou o formato de grupo único, con 14 equipos, e o campionato pasou a denominarse Division 1.

Sistema de competición

Actualmente participan na liga vinte clubs, que se enfrontan todos contra todos en dúas ocasións, unha en campo propio e outra en campo contrario. Son un total de 38 xornadas, que se desenvolven entre os meses de agosto e maio do seguinte ano. O calendario dos partidos establécese por sorteo antes do inicio do campionato.

O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma puntos, e en caso dun empate hai un punto para cada equipo. Ao termo do campionato, o equipo que acumula máis puntos proclámase campión da liga francesa e clasifícase para a Liga de Campións da UEFA, xunto co segundo clasificado. O terceiro clasificado obtén o dereito a disputar unha eliminatoria previa para acceder á Liga de Campións. O cuarto clasificado obtén unha praza para a UEFA Europa League. Os tres últimos equipos descenden á Ligue 2, sendo substituídos a seguinte tempada polos tres primeiros clasificados desta categoría.

Equipos 2020/21

ClubCidadeEstadio
Capacidade
AngersAngersStade Raymond Kopa18.752
BrestBrestStade Francis-Le Blé15.931
DijonDijonStade Gaston Gérard15.995
Girondins de BordeauxBordeosMatmut Atlantique42.115
LensLensStade Bollaert-Delelis37.705
LilleVilleneuve-d'AscqStade Pierre-Mauroy50.186
LorientLorientStade du Moustoir18.890
MetzMetzStade Saint-Symphorien25.636
MonacoMónacoStade Louis II18.523
MontpellierMontpellierStade de la Mosson32.900
NantesNantesStade de la Beaujoire35.322
NiceNizaAllianz Riviera35.624
NîmesNîmesStade des Costières18.482
Olympique de LiónLiónGroupama Stadium59.186
Olympique de MarsellaMarsellaOrange Vélodrome67.394
Paris Saint-GermainParísParc des Princes48.583
ReimsReimsStade Auguste Delaune21.684
RennesRennesRoazhon Park29.778
Saint-ÉtienneSaint-ÉtienneStade Geoffroy-Guichard41.965
StrasbourgEstrasburgoStade de la Meinau29.230

Palmarés

En negra os equipos xogando na Ligue 1 na tempada 2020/21.

EquipoCampiónAnos
Saint-Étienne101957, 1964, 1967, 1968, 1969, 1970, 1974, 1975, 1976, 1981
Olympique de Marsella91937, 1948, 1971, 1972, 1989, 1990, 1991, 1992, 2010
Paris Saint-Germain91986, 1994, 2013, 2014, 2015, 2016, 2018, 2019, 2020
Nantes81965, 1966, 1973, 1977, 1980, 1983, 1995, 2001
Monaco81961, 1963, 1978, 1982, 1988, 1997, 2000, 2017
Olympique de Lión72002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008
Girondins de Bordeos61950, 1984, 1985, 1987, 1999, 2009
Stade de Reims61949, 1953, 1955, 1958, 1960, 1962
Nice41951, 1952, 1956, 1959
Lille31946, 1954, 2011
Sochaux21935, 1938
Sète21934, 1939
Lens11998
RCF Paris11936
Strasbourg11979
Olympique Lillois11933
Roubaix-Tourcoing11947
Auxerre11996
Montpellier12012

Notas

Véxase tamén

🔥 Top keywords: