Shenzhou 13

Shenzhou 13 foi un voo tripulado cara á Estación Espacial Chinesa. Foi lanzada o 15 de outubro de 2021 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.[2][3][4]

Shenzhou 13
A tripulación de Shenzhou 13.
TipoVoo tripulado
Data de lanzamento15 de outubro de 2021[1][2][3]
Foguete portadorCZ-2F[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan[2][5]
Duración da misión182 días[2][5]
Obxectivo da misiónVoo tripulado cara á Estación Espacial Chinesa.[2][5]
Regreso16 de abril de 2022[1][5]
NSSDC ID2021-092A
Masa8080 kg[2][4][5]

Características

Shenzhou 13 foi unha misión tripulada polo comandante Zhai Zhigang, o operador Wang Yaping e o operador de sistemas Ye Guangfu. Foi a segunda nave tripulada en acoplarse á Estación Espacial Chinesa e a primeira en facelo ao porto nadir (o que mira á Terra). A misión da tripulación foi realizar mantemento da estación e probar tecnoloxías para futuros acoplamentos e a expansión da estación espacial. Shenzhou 13 regresou a terra o 16 de abril de 2022.[2][4]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos